Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Recupéranse na súa granxa de Taboada as vacas que tiveron que ser rescatadas unha a unha por un helicóptero despois de caer por un precipicio da Ribeira Sacra hai uns días. O dono dos animais agradece a colaboración nun rescate inédito en Galicia | O goberno central autoriza que o cruceiro afectado polo hantavirus faga escala en Canarias. A bordo hai un galego, un veciño de Cariño, que de momento se atopa ben | A Xunta anuncia un novo concurso mineiro para pór en valor recursos valorados en 7 mil millóns de euros. Inclúe a reapertura de explotacións polémicas como as de Corcoesco ou San Finx o que provoca críticas dos colectivos ecoloxistas | Acaba de presentarse o festival de Cans, que entre o 19 e o 23 deste mes voilverá a encher de "agroglamour" a parroquia do Porriño. Mais dun cento de obras vanse proxectar no certame, coa presenza do director Julio Medem. Será homenaxeado o actor Celso Bugallo, falecido en decembro.

Recupéranse na súa granxa de Taboada as vacas que tiveron que ser rescatadas por un helicóptero despois de caer por un precipicio | A Xunta anuncia un concurso para explotar as minas de Corcoesto, San Finx e Santa Comba, con recursos valorados en 7 mil millóns de euros | Un pasaxeiro procedente de Cariño, continúa a bordo do cruceiro afectado polo hantavirus | Cunha etapa entre Monforte e Antas de Ulla, a volta ciclista a España feminina despídese de Galicia | O festival de Cans presenta unha nova edicion, que volverá encher de "agroglamour" a parroquia do Porriño

Quedamos, un día máis, nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, e presenza de aire frío en capas altas. Néboas e nubes baixas en zonas do interior e intervalos nubrados no resto, con chuvascos máis probables na metade norte e interior. As temperaturas, con lixeiros ascensos das máximas

A praia de Pampaído, en Sanxenxo, e unha das que se incorporan,este ano por primeira vez, á lista de areais distinguidos coa bandeira azul. O concello pontevedrés, cun total de 21, segue a ser o que acumula máis en toda España. No conxunto de Galicia son 118 os galardóns que recoñecen a calidade da auga, a accesibilidade e a seguridade | O paro baixa un dous por cento en abril, en Galicia. O número de afiliados á Seguridade Social aumenta en cerca de 8.000 respecto ao mes anterior. O sector con maior diminución do paro é o dos servizos, seguido da construción e a agricultura | Xornada de sensibilidade sobre seguridade Vial, na Coruña, a cargo do Director Xeral de Tráfico, que destaca que un de cada tres peóns cruza usando o teléfono mobil. As distraccións contribúen ao aumento da sinistralidade dos que circulan a pé | Máis de 20.000 nenos e nenas participarán este ano no Correlingua baixo o lema "Co galego no corazón, facemos revolución". A primeira parada tivo lugar hoxe en Santiago. Haberá 11 carreiras máis ao longo do mes de maio.

Galicia obtén este ano 119 bandeiras azuis nas súas praias, dez mais que o ano pasado. Sitúase así como a terceira comunidade con máis distintivos por detrás da Comunidade Valenciá e Cataluña | O presidente da Xunta anuncia a creación dunha unidade especial nos centros de saúde para reducir a carga administrativa dos médicos. Foi na sesión de control do Parlamento, na que o psdeg acusouno de mercar o poder ca moción de Censura en Lugo | O paro baixa en Galicia un dous por cento e o número de afiliados aumenta en cerca de 8.000. Son os mellores datos de toda a serie histórica nun mes de abril | Un de cada tres peóns cruza usando o teléfono mobil e 1 de cada 10 falecidos nas estradas é un peón. Por mor destas cifras, a DGT celebra unha xornada sobre seguridade vial na Coruña |Santiago acolle a primeira carreira do Correlingua 2026. Alumnos de 16 colexios participaron nesta actividade de normalización lingüística que se repetirá noutras 11 localidades ó longo do mes de maio

Galicia obtén este ano 119 bandeiras azuis nas súas praias, dez mais que o ano pasado | O paro baixa en Galicia un dous por cento e o número de afiliados aumenta en cerca de 8.000. Son os mellores datos de toda a serie histórica nun mes de abril | O presidente da Xunta anuncia a creación dunha unidade especial nos centros de saúde para reducir a carga administrativa dos médicos | Un de cada tres peóns cruza usando o teléfono mobil e 1 de cada 10 falecidos nas estradas é un peón | Máis de 20.000 nenos e nenas participarán este ano no Correlingua, que empeza en Santiago

Seguimos con inestabilidade atmosférica con intervalos de nubes e claros e chuvascos intermitentes. As temperaturas continuan sen cambios significativos con máximas que oscilarán entre os 14 graos previstos en Lugo e os 19 de Pontevedra e con mínimas en negativo no interior de Ourense

Mariscadores de a flote volven á faena, na Illa de Arousa, logo de catro meses de paro biolóxico. Comproban o deterioro causado pola baixa salinidade tralas intensas choivas do inverno | O absentismo laboral ten un custo de máis de 4.000 millóns de euros ao ano para a economía galega. Así o indica un informe elaborado polas universidades de Santiago e Vigo. Galicia é a segunda comunidade con máis xornadas laborais perdidas | O Sergas amplía o calendario de vacinación para protexer aos menores ante a menixite. A partir de hoxe, os menores de doce anos recibirán unha dose de reforzo. A medida coincide coa posible morte de meninxite dunha nena de Ourense de once anos, que levou a activar o protocolo de epidemias | O Celta reencóntrase co triunfo ante o Elche, en Balaídos, tras tres xornadas sen gañar. Iago Aspas, titular ao cumprir 400 partidos en primeira, anota un segundo espectacular. Na segunda división, Vitoria tamén para o Deportivo

Mariscadores de a flote volven hoxe lanzar os raños ao mar, nos bancos da Illa de Arousa. é a volta á actividade logo de catro meses de paro biolóxico. Un regreso que lles serve para tantear o estado do bivalbo, moi afectado pola baixada de salinidade tras as intensas choivas deste inverno | Na Coruña, comenza o operativo para a retirada da duna de Riazor, a estrutura duns 360 metros de lonxitude que durante os últimos meses protexeu o paseo marítimo dos temporais | O absentismo laboral ten un custo de máis de 4.000 millóns de euros ao ano para a economía galega. Así o indica un informe elaborado polas universidades de Santiago e Vigo | Xa está aberta a Feira do Libro de Santiago. Este ano con máis casetas e cun programa que vai más aló do literario. Ata o vindeiro domingo o paseo central da Alameda convértese en espazo de encontro entre lectores, autores e librarías

Mariscadores de a flote volven á faena, na Illa de Arousa, logo de catro meses de paro biolóxico | O absentismo laboral ten un custo de máis de 4.000 millóns de euros ao ano para a economía galega | Na Coruña, comenza o operativo para a retirada da duna de Riazor | O Sergas amplía o calendario de vacinación para protexer aos menores ante a menixite | O Celta reencóntrase co triunfo ante o Elche, en Balaídos, tras tres xornadas sen gañar | Xa está aberta a Feira do Libro de Santiago. Este ano con máis casetas e cun programa que vai más aló do literario

Comeza unha semana marcada pola inestabilidade, con sucesivas entradas de aire frío en altura. Ceos nubrados, con máis claros canto máis ó oeste, e chuvascos máis probables, frecuentes e intensos durante a tarde. Temperaturas en descenso, con valores baixos para esta época. As máximas oscilarán entre os 15 graos de Santiago e Lugo e os 19 de Ourense.

Intento de rescate dunha ducia de vacas, atrapadas nun barranco de moi difícil acceso en Taboada. Os veciños cren que se precipitaron ata ese lugar, asustadas polo lobo | Bombeiros dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais dependentes dos concellos, Concentrados, hoxe, ás portas da Deputación de Ourense Reclaman que os grupos estean compostos de doce membros e un novo modelo organizativo  | Ainda que as condicións meteorolóxicas non parecen as mellores, hoxe é o día para comprobar onde se podería ver mellor a eclipse do próximo 12 de agosto, por tratarse dun "día espello", no que o sol se situará nunha posición semellante á desa data | Estamos ás portas da ponte de maio. Por diante, tres días festivos nos que o tempo estará cambiante, con ceos nubrados e chubascos, o que pode condicionar as reservas de última hora nos establecementos turísticos. 30-04-2026

Situación intermedia entre altas e baixas presións e con aire frío en altura. Ceos máis anubrados na metade sur con precipitacións febles no interior e coa tendencia a apertura de claros. As temperaturas con lixeiros descensos. Unha situación moi semellante á que agardamos nesta longa fin de semana festiva. 30-04-2026