A salvo as vacas rescatadas en helicóptero en Taboada | Polémica aposta da Xunta pola reapertura de minas | O Festival de Cans presenta nova edición
06/05/2026 00:10:02Recupéranse na súa granxa de Taboada as vacas que tiveron que ser rescatadas unha a unha por un helicóptero despois de caer por un precipicio da Ribeira Sacra hai uns días. O dono dos animais agradece a colaboración nun rescate inédito en Galicia | O goberno central autoriza que o cruceiro afectado polo hantavirus faga escala en Canarias. A bordo hai un galego, un veciño de Cariño, que de momento se atopa ben | A Xunta anuncia un novo concurso mineiro para pór en valor recursos valorados en 7 mil millóns de euros. Inclúe a reapertura de explotacións polémicas como as de Corcoesco ou San Finx o que provoca críticas dos colectivos ecoloxistas | Acaba de presentarse o festival de Cans, que entre o 19 e o 23 deste mes voilverá a encher de "agroglamour" a parroquia do Porriño. Mais dun cento de obras vanse proxectar no certame, coa presenza do director Julio Medem. Será homenaxeado o actor Celso Bugallo, falecido en decembro.
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado