Intento de rescate de vacas atrapadas en Taboada | ”Día espello” para elexir donde ver o eclipse | Ponte festiva con reservas de última hora
30/04/2026 00:09:58Intento de rescate dunha ducia de vacas, atrapadas nun barranco de moi difícil acceso en Taboada. Os veciños cren que se precipitaron ata ese lugar, asustadas polo lobo | Bombeiros dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais dependentes dos concellos, Concentrados, hoxe, ás portas da Deputación de Ourense Reclaman que os grupos estean compostos de doce membros e un novo modelo organizativo | Ainda que as condicións meteorolóxicas non parecen as mellores, hoxe é o día para comprobar onde se podería ver mellor a eclipse do próximo 12 de agosto, por tratarse dun "día espello", no que o sol se situará nunha posición semellante á desa data | Estamos ás portas da ponte de maio. Por diante, tres días festivos nos que o tempo estará cambiante, con ceos nubrados e chubascos, o que pode condicionar as reservas de última hora nos establecementos turísticos. 30-04-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado