Telexornal Galicia    05-05-2026 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 05-05-2026

Sanxenxo mantense á cabeza en praias con bandeira azul | O paro baixa un 2% en abril | Xornada de seguridade vial para peóns | Correlingua en Santiago

05/05/2026 00:24:31
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia    05-05-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia    05-05-2026
Telexornal Galicia 05-05-2026 00:24:31 05/05/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

A praia de Pampaído, en Sanxenxo, e unha das que se incorporan,este ano por primeira vez, á lista de areais distinguidos coa bandeira azul. O concello pontevedrés, cun total de 21, segue a ser o que acumula máis en toda España. No conxunto de Galicia son 118 os galardóns que recoñecen a calidade da auga, a accesibilidade e a seguridade | O paro baixa un dous por cento en abril, en Galicia. O número de afiliados á Seguridade Social aumenta en cerca de 8.000 respecto ao mes anterior. O sector con maior diminución do paro é o dos servizos, seguido da construción e a agricultura | Xornada de sensibilidade sobre seguridade Vial, na Coruña, a cargo do Director Xeral de Tráfico, que destaca que un de cada tres peóns cruza usando o teléfono mobil. As distraccións contribúen ao aumento da sinistralidade dos que circulan a pé | Máis de 20.000 nenos e nenas participarán este ano no Correlingua baixo o lema "Co galego no corazón, facemos revolución". A primeira parada tivo lugar hoxe en Santiago. Haberá 11 carreiras máis ao longo do mes de maio.

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado