Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Arranca unha nova semana de folga de médicos contra o estatuto Marco do Ministerio de Sanidade, cun seguimento que supera o 80 por cento nos hospitais galegos, segundo os convocantes, ainda que a Xunta rebaixao a pouco máis do 21 por cento | Xuízo en Vigo a 11 persoas acusadas de formar unha banda dedicada a construción de narcolanchas. Algunhas das embarcacións foron empregadas en alixos no sur de España. A fiscalía pide para eles entre 2 e 9 aos de prisión e multas de 80 millóns de euros | O Concello de Santiago prohibirá subidas nos prezos do alugueiro por riba da actualización do IPC nos próximos tres anos. É unha das medidas previstas no plan para aplicar a declaración da cidade como zona tensionada do mercado da vivenda | Cinco mozos descenderon en canoa os 317 quilómetros do Miño dende o nacemento a desembocadura. Corenta anos despois desa aventura, unha exposición anima a reflexionar sobre a necesidade de coidar a gran vea fluvial de Galicia e as grandes posibilidades de desfrute. 27-04-2026

As horas lectivas do profesorado de secundaria pasarán de 20 a 18 á semana no próximo curso. Así o acordaron a consellería de Educación e catro organizacións sindicais | O presidente da Xunta, en Pekín, na segunda xornada da súa viaxe, co obxectivo de atraer a un turista de calidade que valore a cultura e a gastronomía | A cidade de Santiago será declarada zona de mercado residencial tensionado, o que lle permitirá poñer topes ao prezo dos alugueiros durante os próximos tres anos | Cun aumento de algo máis do un por cento durante o ano 2025, Galicia ocupa o quinto posto entre as comunidades con máis accidentes no traballo que resultan en baixa laboral | Nova xornada radiovisual da asociación cultural Ponte nas Ondas para tecer pontes entre Galicia e Portugal. Alumnos de 86 colexios e de 50 concellos distintos participaron na programación. 24-04-2026

Poucos cambios no tempo de cara a fin de semana, con certa inestabilidade atmosférica. Nebulosidade media e alta con momentos de ceo aberto e posibles tormentas en zonas de montaña de Lugo e Ourense. As temperaturas hoxe baixan, pero o sábado e o domingo as máximas volven subir, sobre todo no sur, quedando en valores altos para esta época do ano. 24-04-2026

As horas lectivas do profesorado de secundaria pasarán de 20 a 18 á semana no próximo curso | Rueda promociona en China Galicia como destino turístico, co Camiño de Santiago como principal atractivo | A Xunta da luz verde á solicitude do concello de Santiago para declarar a cidade zona tensionada do mercado da vivenda | Galicia ocupa o quinto posto entre as comunidades con máis accidentes no traballo que resultan en baixa laboral | Nova xornada radiovisual da asociación cultural Ponte nas Ondas para tecer pontes entre Galicia e Portugal. 24-04-2026

Acordo entre a consellería de educación e os sindicatos, agás a CIG, para recurtar de 20 a 18 as horas lectivas semanais no Ensino Secundario, para o próximo curso. Tamén se reforzará o profesorado de apoio e se abordará a reducción do rateo de alumnos por aula a partir de 2028 | O presidente da Xunta , en China, nun encontro con turoperadores, promociona Galicia como destino preferente de visitantes dende o xigante asiático, co Camiño de Santiago como principal atractivo | A Xunta da luz verde á solicitude do concello de Santiago para declarar a cidade zona tensionada do mercado da vivenda, que permite establecer prezos máximos para o alugueiro | Alumnos de máis de 80 centros participan nunha nova edición de Ponte nas Ondas, a iniciativa de radio transfronteiriza con retransmisións dende 10 lugares distintos, actuacións musicais, danza, teatro, ou entrevistas. 24-04-2026

Primeiro día co aeroporto Rosalía de Castro de Santiago pechado. Hoxe comezan as obras para mellorar o pavimento, que durarán 35 días | Preto do 80 por cento do tráfico habitual da terminal compostelá será asumido por Alvedro, o que porá a proba a capacidade do aeroporto coruñés | Os centros de atención a inmigrantes, desbordados polas peticións de axuda para realizar os trámites da regularización extraordinaria | A Feira do Libro de Ferrol, abre na Praza da Constitución, e inaugura o calendario literario de Galicia. Un certame en busca sobre todo do público máis novo. 23-04-2026

Galicia segue nunha situación intermedia entre o anticiclón das illas británicas e unha baixa nos Azores. Ceos con nubes altas que non impiden o paso do sol. De cara as últimas horas do día agárdanse brétemas na costa e nubes de evolución con algún chuvasco na montaña de Lugo e Ourense. Temperaturas en lixeiro ascenso, con máximas entre os 19 graos da Coruña e os 29 de Ourense. Vento frouxo do nordés. 23-04-2026 

Primeiro día co aeroporto Rosalía de Castro de Santiago pechado. As obras para mellorar o pavimento durarán 35 días | A moción de censura no concello de Lugo será debatida o 7 de maio. O socialista Miguel Fernández abandonará a alcaldía en favor de Elena Candia, do PP | Os centros de atención a migrantes, desbordados polas peticións de axuda para regularización extraordinaria | A Feira do Libro de Ferrol, abre na Praza da Constitución, e inaugura o calendario literario de Galicia. Un certame en busca sobre todo do público máis novo. 23-04-2026

Primeiro día co aeroporto Rosalía de Castro de Santiago pechado. Hoxe comezan as obras para mellorar o pavimento, que durarán 35 días | A moción de censura no concello de Lugo será debatida o 7 de maio. Suporá que o socialista Miguel Fernández, á fronte do bipartito co BNG, abandone a alcaldía, en favor de Elena Candia, do PP | Os centros de atención a inmigrantes, desbordados polas peticións de axuda para realizar os trámites da regularización extraordinaria | A Feira do Libro de Ferrol, abre na Praza da Constitución, e inaugura o calendario literario de Galicia. Un certame en busca sobre todo do público máis novo. Preto de 30 autores, moitos deles locais, presentarán as súas obras. 23-04-2026

Atopelo mortal en Pontevedra. Un home de 48 anos que realizaba traballos no polígono do Vao, foi impactado por un camión, que continuou a marcha. A Garda Civil investiga os feitos | O aeroporto de Lavacolla, en Santiago, listo para suspender a súa actividade, esta madrugada. Permanecerá pechado durante 35 días para acometer as obras de renovación integral da pista. A maior parte da actividade será absorbida pola terminal de Alvedro | Tensión en Lugo ante a presentación da moción de censura por parte dos edís do Partido Popular máis a ex socialista María Reigosa. Socialistas e BNG, que comparten goberno municipal, acusan á Xunta de ofrecerlle á concelleira un posto de traballo a cambio do voto | Os polémicos tubos que atravesan as gárgolas do Hostal dos Reis Católicos poderían ter os días contados. Os técnicos de patrimonio da Xunta pediranlle ó arquitecto responsable que busque alternativas para protexer a fachada da chuvia

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, e a concelleira ex socialista María Reigosa presentan a moción de censura para facerse coa alcaldía da cidade | Identificado en Pontevedra o camioneiro que presuntamente atropelou e matou a un home | Último día operativo do aeroporto de Santiago antes de que comecen as obras de renovación da pista, que obrigarán a parar toda a actividade na terminal por algo máis dun mes | Os polémicos tubos nas gárgolas do Hostal dos Reis Católicos poderían ter os días contados. Os técnicos de patrimonio da Xunta pediranlle ó arquitecto responsable que busque alternativas

Galicia queda hoxe entre unha borrasca nos Azores e un anticiclón ao norte de Escocia. Xornada de tempo seco e ceos con nubes altas, con abundantes claros pola tarde. Temperaturas en descenso, de sete graos ou máis, na metade oeste. As máximas de 23 graos

Continúa a polémica pola intervención das gárgolas do Hostal dos Reis Católicos. Os técnicos de patrimonio da Xunta vanse reunir esta semana co arquitecto responsable para buscar alternativas porque recoñecen que a solución escollida para protexer a fachada da chuvia non é a máis axeitada. Vanlle pedir que retire os tubos metálicos e faga unha intervención con menor impacto visual.