Sanxenxo mantense á cabeza en praias con bandeira azul | O paro baixa un 2% en abril | Xornada de seguridade vial para peóns | Correlingua en Santiago
05/05/2026 00:10:01Galicia obtén este ano 119 bandeiras azuis nas súas praias, dez mais que o ano pasado. Sitúase así como a terceira comunidade con máis distintivos por detrás da Comunidade Valenciá e Cataluña | O presidente da Xunta anuncia a creación dunha unidade especial nos centros de saúde para reducir a carga administrativa dos médicos. Foi na sesión de control do Parlamento, na que o psdeg acusouno de mercar o poder ca moción de Censura en Lugo | O paro baixa en Galicia un dous por cento e o número de afiliados aumenta en cerca de 8.000. Son os mellores datos de toda a serie histórica nun mes de abril | Un de cada tres peóns cruza usando o teléfono mobil e 1 de cada 10 falecidos nas estradas é un peón. Por mor destas cifras, a DGT celebra unha xornada sobre seguridade vial na Coruña |Santiago acolle a primeira carreira do Correlingua 2026. Alumnos de 16 colexios participaron nesta actividade de normalización lingüística que se repetirá noutras 11 localidades ó longo do mes de maio
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado