Lembrando a solidariedade que recibiron cando o afundimentos do Prestige, reciños de Corme recollen produtos para os afectados polo volcán da illa de La Palma. Tras un primeiro envío de tonelada e media, seguen coa iniciativa coa colaboración de entidades e comercios da comarca.
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, falece repentinamente, a causa dunha parada cardiorrespiratoria. Fontes da Xunta confirman que a morte producíuse no seu despacho de San Caetano, en Santiago, onde se atopaba traballando. // A eólica Vestas non retira o plan de despedimentos, pero propón transformar a fábrica de Chavín en Viveiro. Representantes da empresa e dos traballadores continúan as consultas sobre o ERE. // Inaugurado hoxe na Cidade da Cultura o Edificio Fontán, que acolle o Instituto de Ciencias do Patrimonio, e será sede dos servizos trasversais das tres universidades galegas. Con este edificio vese culminado o complexo deseñado por Peter Eisenman no Monte Gaiás, e realizouse aproveitando a estructura que inicialmente ia estar destinada ao Teatro da Ópera..//. Astarot, a veterana banda fundada en Cangas por Carlos Gandón, presenta novo traballo. Con cerca de 40 anos de traxectoria no mundo do Rock, ofrecen un tema baseado no poema de Rosalía de Castro "Negro Caravel". 06-10-2021
Tras apenas algún intervalo de nubes baixas e néboas matinais, os ceos locen practicamente despexados en toda Galicia, para quedar así nos próximos días, con temperaturas en ascenso, dende a mínima de 13 graos na Coruña ata acadar os 25 en Ourense ou Vigo. 06-10-2021
Todos os maiores de 70 anos recibirán unha terceira dose, de pfizer, a partir do próximo dia 25. É o acordo da Comisión de Saúde Pública, ainda que a Xunta pedía máis tempo para facelo coincidir co inicio da campaña de vacinación da gripe. // As residencias da rede pública van ser transformadas en centros dixitais intelixentes, a partir dun proxecto presentado hoxe na Estrada. Con habitacións con sensores que recopilan datos sanitarios que poden ser revisados por médicos en tempo real. // Ovos fritidos conxelados que ofrecen seguridade alimentaria, ou o polbo cultivado en catividade. Son novidades presentadas en Vigo na feira Conxemar. // Veciños de Corme lembran a solidaridade recibida no seu día polo Prestige, e recollen productos para axudar aos afectados polo volcán da illa da Palma. 06-10-2021

Feitos con miga de pan que, segundo a tradición, dan sorte a quen os leva. Pero na pequena aldea do Ortegal apenas quedan artesáns que os fagan e, a curto prazo, non se albisca continuídade para este oficio singular que pasou de xeración en xeración durante séculos.
A ocupación permitida na maioría das actividades coma o comercio, a cultura e boa parte do ocio pasará a ser, a partir da próxima fin de semana, do 90 por cento. // O Conselleiro dixo que a sanidade galega está preparada para o caso de toda a poboación de máis de 18 anos teña recibir unha terceira dose de reforzo da vacina contra a covid. // A maioría das entidades bancarias cobran as chamadas comisións de testamentaría para acceder ás contas herdadas dun familiar falecido. A práctica non está permitida polo banco de España, por iso un avogado de Lugo ven de iniciar unha batalla xudicial contra ela.// Os sanandresiños son amuletos feitos con miga de pan, típicos de San Andrés de Teixido, que, segundo a tradición, dan sorte a quen os leva. Pero na pequena aldea do Ortegal apenas quedan artesáns que os fagan e, a curto prazo, non se albisca continuidade para este oficio singular que pasou de xeración en xeración durante séculos. 05-10-2021
A influencia das altas presións déixase notar, logo dunha mañá con algúns chuvascos ocasionais. Xa sen precipitacións á vista, ábrense grandes claros nos ceos, que marcarán tamén o panorama nos próximos días. 05-10-2021
Aumenta ao 90 por cento a cabida permitida nos locais de hostalaría, comercios, lugares de culto e outras actividades. A norma entrará en vigor o sábado, e a Xunta espera que sexa do cen por cen dentro de 15 días. Tamén se poderá compartir mesa ata 20 persoas nas terrazas e 10 no interior, e quedan eliminados outros límites de grupos. // En Vigo abre hoxe as suas portas a Feira mundial de produtos conxelados Conxemar, o primeiro evento a gran escala que o sector pesqueiro celebra este ano en todo o mundo. Cerca de 500 expositores de 28 países, amosan as últimas novidades nun certame que pretende servir de revulsivo e relanzar o sector. // A Formación Profesional aumenta un 75 por cento de matriculacións nos últimos dez anos, estimulada polas elevadas taxas de empregabilidade. Os alumnos exhiben as suas destrezas na competición Galicia skills, que por primeira vez se celebra en 11 sedes diferentes. 05-10-2021

Un equipo de arqueólogos trata de localizar unha das pezas emblemáticas da tradición xacobea, a pedra na que se supón que se pousou o corpo do Apóstolo, no desembarco en Galicia. Venerada nos primeiros séculos das peregrinacións, cren que debeu quedar logo sepultada no recheo do río Sar.
Continúa o descenso de incidencia da Pandemia, hoxe os casos activos son 741, con apenas 28 contaxios novos detectados. Nos hospitais son 56 os pacientes ingresados, dos que 13 están nas UCI, un máis que o día anterior. O falecemento dunha persoa nas últimas horas eleva a 2.639 o total de vítimas mortais. // A mellora da situación epidemiolóxica aconsella xa revisar protocolos como os da Hostalaría. Así o indicou o conselleiro de Sanidade, que hoxe asinou un convenio coa alcaldesa da Coruña, para construir un novo centro de saúde no vello mercado de Santa Lucía. // Gonzalo Caballero pedíu hoxe a Valentin González Formoso, o seu rival nas primarias a secretaría xeral do PSdeG-PSOE, que dea explicacións de por qué na provincia da Coruña o partido ten peores resultados que no resto de Galicia e acusouno de proximidade pública con Alberto Núñez Feijóo. // O Celta volveu de Elche coa quinta derrota no que vai de temporada, logo de perder por un gol a cero ante o equipo levantino. 04-10-2021
Axentes xudiciais Investigan cómo puido ocorrer a caída repentina dunha árbore, que causou a morte da muller que asistía entre o público a un concerto fronte ao Balneario de Mondaríz. O marido tivo que ser hospitalizado e hai outros tres feridos leves. // Os datos do paro do mes de setembro recollen un en Galicia un aumento dos desempregados en 1.790, o 1´18 por cento, fronte a un descenso histórico de 76.000 no conxunto de España. // A importancia do peixe para a saúde centra o Congreso FAO- Conxemar que inaugurou esta mañá en Vigo a raiña Leticia, embaixadora do organismo de Nacions Unidas para a nutrición. // Un equipo de arqueólogos trata de localizar en Padrón unha das pezas emblemáticas da tradición xacobea. A pedra na que se supón que se pousou o corpo do Apóstolo, no desembarco en Galicia. Venerada polos primeiros peregrinos, cren que debeu quedar logo sepultada no recheo do río Sar. 04-10-2021
A influencia das borrascas atlánticas déixase sentir hoxe, con intervalos de vento forte. Ceos parcialmente cubertos e chuvias intermitentes máis frecuentes na metade oeste. Pola noite chegará outra fronte que deixará precipitacións en toda a comunidade. 04-10-2021
Axentes xudiciais Investigan cómo puido ocorrer a caída repentina dunha árbore, que causou a morte da muller que asistía entre o público a un concerto fronte ao Balneario de Mondaríz. O marido tivo que ser hospitalizado e hai outros tres feridos leves. // Os datos do paro do mes de setembro recollen un en Galicia un aumento dos desempregados en 1.790, o 1´18 por cento, fronte a un descenso histórico de 76.000 no conxunto de España. // A importancia do peixe para a saúde centra o Congreso FAO- Conxemar que inaugurou esta mañá en Vigo a raiña Leticia, embaixadora do organismo de Nacions Unidas para a nutrición. // Un equipo de arqueólogos trata de localizar en Padrón unha das pezas emblemáticas da tradición xacobea. A pedra na que se supón que se pousou o corpo do Apóstolo, no desembarco en Galicia. Venerada polos primeiros peregrinos, cren que debeu quedar logo sepultada no recheo do río Sar. 04-10-2021
Aparecen pezas medievais ao restaurar a basílica compostelá
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de dar a sua aprobación a que os establecementos de lecer nocturno que opten por ampliar cabida ao 75 por cento e abrir ata as catro da mañá pidan o certificado covid aos clientes. // os casos activos baixan de mil, hoxe son 930, con 40 novos contaxios rexistrados. As hospitalizacións descenden a 48, seis menos que onte, e quedan 12 pacientes nas UCI. Os falecidos elévanse a 2.638, coa morte dun paciente nas últimas horas // Outubro estréase cunha ampla oferta cultural. Esta fin de semana aranca o festival internacional de cine Curtocircuito, que trae a Santiago máis dun cento de proxecións de películas á vangarda. // A noite deste xoves en Santiago foi máis tranquila que a da semana pasada. Os reforzos policiais patrullaron a zona onde hai oito días se produciron cargas policiais para disolver a concentración de xente nova. 01-10-2021
A predición do tempo avanza a chegada dunha fronte polo norte. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvias esporádicas, que pola tarde se desprazarán ao norte de xeito feble e intermitente, e descargarán con máis intensidade mañá. As temperaturas as máximas sufrirán un lixeiro descenso. 01-10-2021
O presidente do Goberno anuncia para decembro a chegada do AVE a Galicia, na clausura do congreso que reuníu na illa da toxa a representantes políticos e economicos para abordar os retos da recuperación. // No día internacional das persoas maiores, deixan sentir as suas protestas nas rúas colectivos como os pensionistas. Pero poñen tamén sobre a dixitalización dos servizos bancarios, o modelo de residencias e melloras na atención sanitaria. // Máis de trinta esculturas descubertas durante os traballos de rehabilitación da Catedral de Santiago nos últimos anos. As obras, de orixe medieval, Foran utilizadas como recheo do pavimento nas reformas do séculos XVII. // O Festival Portamérica, trasladado a Azucreira de Portas, marca dende hoxe o regreso das grandes citas musicais con público de pé, ainda que con con máscara e medidas para garantir a distancia. No cartel, grupos como Vetusta Morla, e a reunión 13 anos despois de Delux, a antiga banda de Xoel López. 01-10-2021