Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Comenzaba a administrarse a terceira dose da vacina aos usuarios das residencias, empezando por Nieves Cabo, a mesma muller que estreara en Galicia a primeira dose.. mentres segue o campaña da consellería de Sanidade para contactar cos galegos que quedan inda sen vacinar. Os casos activos baixan hoxe de 2.000. // Unhas 60.000 persoas sofren en Galicia Alzhéimer. No día mundial da enfermidade, os expertos advirten que a maioría viron agravada a sua patoloxía a causa da pandemia, // A vendima do Ribeiro, lastrada pola meteoroloxía adversa dos meses de veran, que freou as espectativas dunha colleita histórica en cantidade, ainda que os productores destacan que a calidade está garantida. No Baixo Miño ensaian con robots que axudan a vendimar e drons de vixilancia. // 21-09-2021

O Comisario europeo de Pesca, en Vigo, escoita as queixas do sector sobre o Regulamento de Control de Capturas, e, como responsable comunitario de Medio Ambiente, destaca o proxecto de Inditex para levantar unha planta de fabricación de textís a partir da madeira.. // O reparto das axudas europeas para a recuperación económica protagonizan o debate político. Os socialistas reclaman un encontro persoal co presidente, mentres os populares piden máis apoio dos demáis grupos para os proxectos das empresas galegas. // A minaría galega estuda en Santiago a crise do sector e a dependencia de materias primas que está afectar a sectores estratéxicos da nosa economía como a automoción, o naval, ou as novas tecnoloxías. // Durante a pandemia medrou a demanda de cans e tamén o roubo destes animais, sobre todo, dos de raza pura. Roubaríanos para revendelos ou para usalos como reprodutores. 20-09-2021

Ceos pouco cubertos ou practicamente despexados na metade sur, en contraste co norte onde predomina a nubosidade, con probabilidade de chuvascos. As temperaturas, en lixeiro descenso, van dende a mínima de 11 graos en Ourense a máxima de 23 en Vigo. 20-09-2021

A incidencia pandemia baixa aos niveis anteriores a quinta vaga, con só 61 contaxios novos no último día. O 83 por cento da poboación galega ten xa a pauta completa de vacinación, o que supón máis do 90 por cento dos maiores de 12 anos. Cerca de 2 millóns de cidadáns teñen xa descargado o pasaporte covid. // O Comisario europeo de Pesca e Medio Ambiente escoitou hoxe, en Vigo, as queixas dos representantes do sector sobre o Regulamento de Control de Pesca, que consideran inasumible. // Coa declaración dos 19 acusados, retomouse en Pontevedra o xuízo polo alixo do TITÁN 3, apreixado hai tres anos en alta mar con 1.700 quilos de cocaína. // 135 películas nos próximos seis días. A Semana de Cine de Lugo arrinca hoxe con produccións de variada temática e procedencia. O público votará as que máis lle gustan nunha cita que volve as súas datas habituais.20-09-2021

Os balnearios poderían funcionar como centros sanitarios para curar as secuelas da covid persistente e os trastornos psicolóxicos da pandemia. E unha proposta analizada na Feira Internacional do Turismo Termal en Ourense.

Dende a comisaría de Madrid onde está detido, será trasladado á Coruña, para declarar polo Asasinato de Mónica Marcos. O presunto autor do crime do Birloque, escapara en avión, pero foi localizado fácilmente polo sinal do seu teléfono móvil e as cámaras do aeroporto. // Os centros de vacinación masiva están hoxe abertos, de novo, para administrar a dose a quen queira, sen citación previa. Igual que ocorrirá o domingo. Tamén durante toda a fin de semana está habilitado o sistema de autocitas // A Vicepresidenta segunda do Goberno e Ministra de Traballo, Yolanda Díaz, dixo hoxe en Santiago que vai prorrogar os ERTES para as empresas que aínda non deran superado a crise. // Esta fin de semana na maioría das denominacións de orixe de Galicia,estarase xa vendimando. A de Rias Baixas espera unha boa colleita en calidade e cantidade, e ademais, con prezos históricos para a uva da variedade albariño. 17-09-2021

Unha nova fronte chegou durante a mañá. Trátase dunha fronte pouco activa, que deixa precipitacións illadas, anque as veces intensas, por toda a comunidade, alternadas con ceos parcialmente cubertos, tamén durante a fin de semana. 17-09-2021

Dende Madrid espera a ser trasladado á Coruña, a declarar polo Asasinato de Mónica Marcos. O presunto autor, que era parella da vítima, viaxara ata a capital en avión, despois do crime. // A incidencia da covid non deixa de baixar, hoxe sitúase en 80 casos por 100.000 habitantes con pouco máis de cen novos contaxios rexistrados no último día, a piques de entrar en vigor o levantamento das restricións para xuntanzas nocturnas. // Produtores de vacún reparten unha tonelada de carne de balde nas rúas de Santiago para denunciar a caída dos prezos. Din que o que lles pagan xa está por debaixo do custo de produción e a crise ameaza as 11.000 explotacións que hai en Galicia. // Arranca a vendima na denominación Rías BAixas coa participación dunhas 15.000 persoas. Os viticultores esperan acadar cifras record de cantidade e prezo da uva, coas adegas en plena recuperación de vendas. 17-09-2021

Primeiras mostras de repulsa, na Coruña, contra o crime coñecido esta mañá no barrio do Birloque. A policía intensifica a busca do home ao que considera presunto autor da morte a puñaladas dunha muller, de 52 anos. Levaban algúns meses de relación e él conta con antecedentes de violencia machista. // O próximo día 4 de outubro pode comezar a aplicación da terceira dose da vacina ás persoas que viven en residencias de anciáns. Acaban de aprobalo os conselleiros e os responsables do Ministerio de Sanidade, na Comisión de Saúde Pública. // Mañá e tamén durante a fin de semana seguirá aberta a posibilidade de pedir autocitas para vacinarse ou mesmo a de presentarse nos centros de vacinación sen cita previa. // Hoxe cúmprense 170 anos do nacemento de Emilia Pardo Bazán, unha das grandes novelistas da literatura española. Muller transgresora e feminista, na Coruña réndenlle homenaxe con distintos actos, entre eles, a estrea da versión teatral de Los Pazos de Ulloa. 16-09-2021

Galicia recupera a influencia anticiclónica, e dominan os ceos parcialmente cubertos que van quedando máis despexados co avance do día. Ainda que é unha melloría transitoria antes da chegada, mañá, dunha nova fronte. 16-09-2021

Morta a puñaladas, na sua vivenda no barrio coruñes do Birloque. Mónica Marcos Piñeiro, de 52 anos. A policía busca o presunto autor do crime, que iniciara hai meses unha relación coa vítima, e fora denunciado por parellas anteriores de agresións violentas. // O SERGAS habilita de novo a posibilidade de solicitar cita presencial cos médicos de atención primaria, logo de 18 meses, a través da web ou por teléfono. // Os casos activos de Covid en Galicia baixan de 3.000, por primeira vez nos últimos dous meses. A a taxa de positividade sitúase no 3 por cento, por debaixo do 5 que indica que a pandemia está controlada. A presión asistencial segue á baixa con 15 hospitalizados menos e con 31 pacientes nas UCI. // A Ribeira Sacra, as Serras do Courel e do Oribio, declaradas Reservas da Biosfera pola UNESCO. Convértense no sétimo espazo natural con esta figura de protección en Galicia, que en conxunto ocupan xa un 35 por cento do terrotorio total da comunidade. 16-09-2021

A ratio de alumnos por aula volve á previa á pandemia, na apertura do curso na Eso Bacharelato e Formación Profesional.

Non haberá actividades extraescolares e a máscara segue a ser obrigatoria para os 209.000 escolares que regresan ás clases.

Ata quince persoas poderán compatir mesa nas terrazas e oito no interior dos locais de hostalaría. É a nova normativa da Xunta que entrará en vigor o sábado. Tamén elimina a limitación de reunións nocturnas só a conviventes. Logo de recibir o aval do Tribunal Supremo para a esixencia Certificado Covid, Feijóo di que estuda agora cómo aplicalo. // O Sergas permitirá, a partir de mañá, que se podan solicitar citas presenciais para os servizos de Atención primaria. O obxetivo é que os centros de saúde recuperen ata un 60 por cento de atención en persoa. // O grupo Inditex logra entre maio e xullo cifras históricas de vendas e beneficios. A facturación ronda os 7.000 millóns de euros, case o dobre có ano pasado nese mesmo periodo. // De novo con máscara e gardando distancia, así foi a volta a clase para o ensino secundario, que se produce cando gran parte dos alumnos teñen xa a pauta da vacinación completa. 15-09-2021

Segue o tempo inestable, ainda que con menos actividade tormentosa, con ceos parcialmente cubertos e probabilidade de chuvascos illados. As temperaturas, sen grandes cambios, con máximas que van dende os 23 graos en Ferrol e A Coruña aos 28 en Pontevedra. 15-09-2021

Os locais de hostalaría estudan os requisitos para volver utilizar a barra e ampliar a cabida. O novo protocolo para o sector, que entra en vigor hoxe, divide aos establecementos en dous tipos de restricións, sen depender da situación sanitaria dos concellos. // O Tribunal Supremo declara válida a esixencia do pasaporte Covid para acceder a bares, restaurantes e cafeterías. Unha norma que a Xunta quixo implantar para os concellos con maior incidencia e que fora rexeitada polo tribunar Superior de Xustiza de Galicia. // A ratio de alumnos por aula volve a previa antes da pandemia, na apertura do curso en Eso Bacharelato e Formación Profesional. Non haberá extraescolares e máscara segue a ser obrigatoria. // A Partir de mañá volverá ser posible concertar citas presenciais na Atención Primaria. O Sergas fixa como obxetivo chegar a un 60 por cento de atención en persoa para os centros de saúde. 15-09-2021