A Coruña é a cidade galega con máis traxectoria en centros comerciais. Alí abría hai dez anos Marineda City, un dos máis grandes de España. A competencia e a crise económica fixeron que algúns pecharan e outros atravesen momentos de incerteza.
Está ao pé da estación intermodal, as instalacións inclúen unha gran praza con vistas á ría e un novo acceso por autoestrada.
Ten cen tendas, o trinta por cento son novas en Vigo.
Posto a disposición xudicial na Coruña o novo detido en relación coa malleira que costou a vida a Samuel Luiz. É amigo dos outros acusados do crime, dos que tres permanecen en prisión, unha moza está en libertade con medidas cautelares e dous son menores. A Policía entregou tamén no xulgado nova documentación sobre o envorcado dos teléfonos móviles. // Os casos activos seguen marcando mínimos dende hai un ano, hoxe baixan a 1.096, logo de contabilizarse 40 novos contaxios nas últimas horas. // Mobilización en varios centros educativos da Coruña de pais, nais e alumnos, para demandar que se cubran as prazas docentes e así poder dar unha correcta atención ó alumnado, principalmente aqueles con necesidades especiais. // En Vigo celébrase estes días o Galicia Freeky festival especializado en cinema fantástico, de terror e serie B. Unha cita coa produción máis esperpéntica da industria cinematográfica. 29-09-2021
Familiares con fillos en sete centro escolares coruñeses reclaman profesores para as prazas vacantes. Inflaron globos ás portas dos colexios para denunciaren que están “a piques de estoupar”. Din que hai alumnos aos que non se lles detectou a necesidade especial por non haber medios.
A xuizo do presidente da AMPA do CEIP Ramón de la Sagra de A Coruña, Marcelino Triñanes, “son as principais vítimas. Os alumnos con necesidades especiais teñen que ter mestres específicos para poder apoialos. E hai un problema aínda máis grave: alumnos aos que non se lles detectou esa necesidade especial porque non hai medios para facelo.”
A protesta máis multitudinaria foi a que protagonizaron as familias dese centro educativo, que marcharon en manifestación desde o colexio ata as portas do edificio administrativo da Xunta, para pedir á Consellería de Educación que adopte as medidas precisas para solucionar a situación.
Declara ante o xuiz na Coruña outro mozo, detido en relación coa malleira que costou a vida a Samuel Luiz. É amigo dos demáis acusados do crime. A Policía entrega tamén no xulgado nova documentación sobre o envorcado dos teléfonos móviles. // O Comité Clínico da Xunta da o visto bo ao novo protocolo para o lecer nocturno, ao tempo que o Ministerio de Sanidade chega coas comunidades a un acordo para a volta do público ao cen por cen nos estadios de fútbol. // Reforzos da policía nacional, autonómica e local intentarán frear en Santiago as aglomeracións de mozos durante a madrugada nas inmediacións dunha discoteca. Os veciños quéixanse de molestias polo ruído e a acumulación de desperdicios. // Todo a punto para o Foro que reune durante tres días a Políticos, banqueiros e empresarios de primeira fila na illa da Toxa. Felipe VI encargarase da inaugración esta tarde, e a vicepresidenta Nadia Calviño abrirá o debate sobre os retos da recuperación económica. 29-09-2021
Influencia anticiclónica, logo de que os restos dunha fronte rozaran o norte da Comunidade a primera hora. Tras unha mañá de ceo nubrado e algunha chuvia feble, a tendenza é a apertura de grandes claros. As temperaturas ascenden lixeiramente. 29-09-2021
Declara ante o xuiz na Coruña outro mozo, detido en relación coa malleira que costou a vida a Samuel Luiz. É amigo dos demáis acusados do crime. A Policía entrega tamén no xulgado nova documentación sobre o envorcado dos teléfonos móviles. // O Comité Clínico da Xunta da o visto bo ao novo protocolo para o lecer nocturno, ao tempo que o Ministerio de Sanidade chega coas comunidades a un acordo para a volta do público ao cen por cen nos estadios de fútbol. // Reforzos da policía nacional, autonómica e local intentarán frear en Santiago as aglomeracións de mozos durante a madrugada nas inmediacións dunha discoteca. Os veciños quéixanse de molestias polo ruído e a acumulación de desperdicios. // Todo a punto para o Foro que reune durante tres días a Políticos, banqueiros e empresarios de primeira fila na illa da Toxa. Felipe VI encargarase da inaugración esta tarde, e a vicepresidenta Nadia Calviño abrirá o debate sobre os retos da recuperación económica. 29-09-2021
Os arqueólogos buscan cun xeorradar e un detector magnético restos romanos na parroquia de Brandomil, no concello coruñés de Zas.
Polémica polo arquivo definitivo da causa polas gravacións íntimas a mulleres durante a romaría da Maruxaina. O xuíz de Viveiro entende que ao ser obtidas na vía pública, a publicación das imaxes en webs pornográficas non constitúe delito. // Os casos activos descenden hoxe a 1.160, e o mellor dato do que vai de ano. Os novos contaxios caen a 29. Os pacientes ingresados mantéñense en 58 dos que 16 están nas UCI.A cifra de persoas fallecidas con Covid aumenta a 2.634, ao notificarse hoxe a morte de cinco pacientes nos últimos días. //A Xunta é partidaria de ampliar o prazo desa picada de reforzo para que coincida coa campaña de vacinación da gripe, que comenzará na segunda metade de outubro. Así o indicou en Abegondo o xerente do Sergas, que confirmou o peche dos centros de vacinación masiva o próximo día 2. 28-09-2021
Xornada hoxe de estabilidade e de ceos con nubes e claros, cun aumento das nubes á noite na metade norte, que mesmo poden deixar algún orballo na madrugada. As temperaturas mínimas sufriron un moderado descenso. 28-09-2021
O Certificado covid será obrigatorio para acceder aos locais nocturnos, que poderán abrir ata as catro da mañá. Son as medidas acordadas entre a Xunta e os empresarios do sector, para aplicalas a partir da próxima fin de semana, se así o autoriza o Tribunal Superior de Xustiza.. // Reaccións das forzas políticas e colectivos ante a decisión do xuíz de Viveiro de arquivar definitivamente a causa polas gravacións íntimas a mulleres durante a romaría da Maruxaina. O maxistrado entende que ao ser obtidas na vía pública, a difusión das imaxes en webs pornográficas non constitúe delito. // Un xeorradar e un detector magnético sérvenlles aos arqueólogos para buscar restos romanos na parroquia de Brandomil, no concello coruñés de Zas. Cren que poden quedar soterrados vestixios dun asentamento que ocupou unhas 15 hectáreas. // O Celta prosegue a sua melloría de resultados, cunha primeira vitoria en Balaídos fronte ao Granada. 28-09-2021

Recibe a Calpurnia de Honra no Festival de Cine Internacional de Ourense, que lle recoñece a súa longa traxectoria como cineasta e o éxito das súas tres adaptacións de novelas galegas.
Os traballadores de Alcoa bloquean con barricadas a entrada da factoría de San Cibrao, e impiden a saida da producción, no primeiro día da folga indefinida. Din que queren intensifican así a presión, logo de que o goberno central desbotase comprar a fábrica de Aluminio a través da SEPI. // As orquestras, un sector moi afectado pola crise que empeza a recuperarse. Logo dunha temporada de verán sen apenas actividade, moitas formacións volveron aos escenarios co festival celebrado a pasada fin de semana por toda Galicia. // Os casos activos continúan en descenso, hoxe son 1.207, a cifra máis baixa dende agosto do ano pasado, e contabilízanse 33 novos contaxios. Os pacientes hospitalizados mantéñense en 58. // O cineasta asturiano Gonzalo Súarez recibe hoxe o premio de Honra do Festival de Cine de Ourense, en recoñecemento aos seus máis de 50 anos de actividade. É o director que adaptou máis obras de escritores galegos. 27-09-2021
Logo de algunhas precipitacións na primeiras horas na provincia de Ourense e o sur de Lugo, os ceos van quedando parcialmente cubertos e alternancia de nubes e claros. As temperaturas sen cambios, con máximas de 23 graos en Ourense. 27-09-2021
O lider actual, Pablo Casado e o anterior, Mariano Rajoy, abren en Santiago a convención nacional do PP. Ambos coinciden en pronosticar que o PP resolverá no goberno a crise económica que, din, deixan os socialistas. // Os traballadores de Alcoa retoman hoxe as protestas ante as intalacións de San Cibrao. Queren intensifican a presión, logo de que a empresa reiterase a sua disposición a vender á SEPI. // Os locais de lecer nocturno poderían abrir a partir do próximo venres, ata as catro da madrugada, e os clientes terán que amosar o Certificado Covid para entrar. É a proposta da Xunta para o novo protocolo que debate esta tarde cos empresarios do sector. // Sacar máis proveito das actividades náuticas e do litoral e fomentar as peregrinacións en familia polos Camiños de Santiago. Son apostas do sector turístico galego para beneficiarse dos fondos europeos de recuperación, dos que aspira recibir uns 28 millóns de euros. 27-09-2021