Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O Sergas busca e trata de convencer para que se vacinen aos más 220.000 galegos que non acudiron cando foron citados // O presidente da Xunta anuncia que se van mobilizar 3.000 millóns de euros para as universidades nos próximos catro anos // O hispanista Ian Gibson presenta no festival de Cans as súas investigacións na busca dos restos de García Lorca // Galicia prepárase para unha fin de semana de ciclismo. O domingo remata na praza do Obradoiro, en Santiago, La Vuelta 2021 03-09-2021

Protestas de veciños e alcaldes que nos próximos días van quedar sen oficinas bancarias nos seus municipios // En tres municipios galegos comezan a funcionar caixeiros automáticos nas oficinas de Correos // O desemprego reduciuse un 0,4 por cento durante o mes pasado en Galicia // A semana que vén, 50.000 galegos poderán pedir autocita para vacinárense // Santiago acaba de recibir ao peregrino número cen mil deste ano. 02-09-2021

Último día de tormentas por esta semana. Ás tres da tarde actívase un aviso en Ourense e en Lugo, no centro, sur e as montañas desta provincia. No resto ceos con intervalos anubrados e temperaturas sen cambios. 02-09-2021

Protestas de veciños e alcaldes que nos próximos días van quedar sen oficinas bancarias nos seus municipios // O desemprego reduciuse levemente durante o mes pasado en Galicia. Baixou un 0,4 por cento // A Xunta vai chamar a vacinarse este sábado a máis de 30.000 persoas que xa pasaron a covid // Santiago acaba de recibir ao peregrino número cen mil deste ano 02-09-2021

Protestas de veciños e alcaldes que nos próximos días van quedar sen oficinas bancarias nos seus municipios // O desemprego reduciuse levemente durante o mes pasado en Galicia. Baixou un 0,4 por cento // A Xunta vai chamar a vacinarse este sábado a máis de 30.000 persoas que xa pasaron a covid // Santiago acaba de recibir ao peregrino número cen mil deste ano. 02-09-2021

O novo protocolo para o hostalería contempla a reapertura das barras dos bares // O clúster do Turismo de Galicia calcula que a ocupación no mes de agosto na comunidade foi de entre o 75 e o 85 por cento // Comeza o xuízo polo alixo de 1.700 quilos de cocaína que traía do Caribe o remolcador Titán III, en 2018 // Era a mítica discoteca dos anos noventa en Ribeira e vaise converter nunha residencia de maiores 01-08-2021

Setembro comeza con treboadas que xa empezaron durante a mañá polo sur, onde se rexistraron máis de 150 raios. De feito, ás tres da tarde actívase nunha alerta amarela porque estas tormentas poden vir acompañadas de sarabia, vento forte e chuvias. 01-08-2021

Melide súmase a partir do sábado aos concellos de Monforte e Ordes no nivel máximo de restricións // O clúster do Turismo de Galicia calcula que a ocupación no mes de agosto na comunidade foi de entre o 75 e o 85 por cento // Comeza o xuízo polo alixo de 1.700 quilos de cocaína que traía do Caribe o remolcador Titán III, en 2018 // Era a mítica discoteca dos anos noventa en Ribeira e vaise converter nunha residencia de maiores 01-08-2021

Melide súmase a partir do sábado aos concellos de Monforte e Ordes no nivel máximo de restricións // O clúster do Turismo de Galicia calcula que a ocupación no mes de agosto na comunidade foi de entre o 75 e o 85 por cento // Comeza o xuízo polo alixo de 1.700 quilos de cocaína que traía do Caribe o remolcador Titán III, en 2018 // Era a mítica discoteca dos anos noventa en Ribeira e vaise converter nunha residencia de maiores 01-08-2021

Remata agosto con cifras de visitantes a Galicia case como as de antes da pandemia // Na quinta vaga da pandemia, volvemos ao nivel de principios de xullo, con menos de 300 contaxios diarios // Mañá comeza o Festival de Cans, no Porriño, con 25 curtas a concurso e a estrea de catro longametraxes // Galicia acolleu polo momento a 80 persoas evacuadas de Afganistán e que buscan refuxio aquí // A atleta galega Adiaratú Iglesias acaba de gañar a medalla de ouro nos xogos paralímpicos de Toquio, na final de 100 metros lisos 31-08-2021

A situación indefinida en superficie e a entrada de aire frío en capas medias e altas da atmosfera deixará ceos con intervalos de nubes medias e altas e chuvascos tormentosos a partir do mediodía. Néboas no litoral atlántico. Temperaturas sen cambios. 31-08-2021

Remata agosto con cifras de visitantes a Galicia case como as de antes da pandemia // Nove de cada dez turistas que chegaron a Galicia este verán son españois // Mañá comeza o Festival de Cans, no Porriño, con 25 curtas a concurso e a estrea de catro longametraxes // Falamos con dous historiadores sobre as oportunidades para o país perdidas nas últimas cinco décadas e sobre os retos pendentes para os próximos anos 31-08-2021

Remata agosto con cifras de visitantes a Galicia case como as de antes da pandemia // Nove de cada dez turistas que chegaron a Galicia este verán son españois // Mañá comeza o Festival de Cans, no Porriño, con 25 curtas a concurso e a estrea de catro longametraxes // Falamos con dous historiadores sobre as oportunidades para o país perdidas nas últimas cinco décadas e sobre os retos pendentes para os próximos anos 31-08-2021

O Sergas pon en marcha esta semana repescas masivas para tentar vacinar os máis de 200.000 galegos que xa deberían ter recibido polo menos unha dose, pero están aínda sen inmunizar // As cifras da covid reflicten hoxe un lixeiro aumento dos hospitalizados // Os grandes grupos comerciais pechan mañá a temporada de descontos // As obras de restauración e a mellora da iluminación permiten contemplar o interior da Catedral de Santiago dun xeito novidoso que sorprende mesmo a quen xa a coñecía // A deportista paralímpica de Vigo Susana Rodríguez pecha a súa participación nos xogos de Tokio cunha medalla de ouro en Triatlón e un diploma olímpico 30-08-2021

Algunhas nubes que serán máis abondosas durante a madrugada no litoral atlántico e en zonas montañosas do interior nas horas centrais do día. Non se descarta á tarde algunha treboada e algún chuvasco illado nestas zonas, máis probables no sur e en Ourense. Lixeiro ascenso de temperaturas. 30-08-2021

O Sergas pon en marcha esta semana repescas masivas para tentar vacinar os máis de 200.000 galegos que xa deberían ter recibido polo menos unha dose, pero están aínda sen inmunizar // As cifras da covid reflicten hoxe un lixeiro aumento dos hospitalizados, pero seguen en descenso tanto os contaxios como os casos activos // Agardábanse como as rebaixas da recuperación e as vendas responderon. Os grandes grupos comerciais pechan mañá a temporada de descontos // A deportista paralímpica de Vigo Susana Rodríguez pecha a súa participación nos xogos de Tokio cunha medalla de ouro en Triatlón e un diploma olímpico 30-08-2021