Os locais de hostalaría estudan os requisitos para volver utilizar a barra e ampliar a cabida. O novo protocolo para o sector, que entra en vigor hoxe, divide aos establecementos en dous tipos de restricións, sen depender da situación sanitaria dos concellos. // O Tribunal Supremo declara válida a esixencia do pasaporte Covid para acceder a bares, restaurantes e cafeterías. Unha norma que a Xunta quixo implantar para os concellos con maior incidencia e que fora rexeitada polo tribunar Superior de Xustiza de Galicia. // A ratio de alumnos por aula volve a previa antes da pandemia, na apertura do curso en Eso Bacharelato e Formación Profesional. Non haberá extraescolares e máscara segue a ser obrigatoria. // A Partir de mañá volverá ser posible concertar citas presenciais na Atención Primaria. O Sergas fixa como obxetivo chegar a un 60 por cento de atención en persoa para os centros de saúde. 15-09-2021
Desperfectos polas choivas torrenciais de onte, sobre todo na Coruña e Pontevedra.
Os casos activos continúan a sua liña descendente, hoxe sitúanse nun total de 3.249, e son 75 os novos contaxios detectados, a cifra máis baixa dende o comenzo do verán.Baixa a presión hospitalaria, Nas últimas horas notificáronse 4 falecementos que elevan a 2.608 o total de vitimas mortais da pandemia. // A hostalaría comeza a ver a luz ó final do túnel e confía en recuperar pronto a normalidade. Así o aseguran os representantes do sector de todas as comunidades do norte de España, reunidos hoxe na Coruña. // A pesca do atún segue crecendo. As capturas mundiais das principais especies achéganse aos seis millóns de toneladas anuais. Fornecer o mercado á vez que se preservan os stocks é un reto da frota e as industrias conserveiras reunidas en Vigo na décima Conferencia Mundial do atún. // Nomadismo urbano, é título da colección outono inverno coa que o deseñador galego, Roberto Verino, abriu a semana da moda de Madrid. 14-09-2021
Hoxe haberá moita inestabilidade, con ceos cubertos que acabarán deixando chuvascos tormentosos, máis probables e intensos durante a tarde. As catro provincias están en alerta amarela por risco de acumulación de ata 60 litros por metro cadrado en 12 horas. 14-09-2021
Clientes e empregados dun supermercado do Burgo, cerca da Coruña, recupéranse do susto, ao abrir de repente parte do teito, con eles dentro. Boa proba da intensidade da tromba de auga, que deixou máis de 30 litros por metro cadrado nunha hora. // O conselleiro de Educación asegura que este curso haberá un total 2.095 profesores máis que o anterior á pandemia, ainda que son menos dos 2.300 contratados a maiores o curso pasado para facer fronte ao protocolo sanitario. // A factoría de Stellantis de Vigo anuncia a supresión indefinida da quenda de fin de semana de montaxe de furgonetas e monovolúmenes, a causa da crise de suministro de compoñentes electrónicos. A medida suporá a perda duns 700 postos de traballo. // Nomadismo urbano, é a aposta de Roberto Verino para a temporada outono inverno. O deseñador galego aabriu con ela a semana da moda de Madrid, presentada, Lonxe das pasarelas, en distintos emprazamentos ao aire libre. 14-09-2021

Unha oportunidade para quen quedara fóra, por distintos motivos, da convocatoria co seu grupo de idade.
O sistema está dispoñible hoxe e mañá nos sete campus galegos.
A polémica polo peche de oficinas bancarias no rural chega ao Parlamento. Os grupos da oposición cuestionan as axudas económicas da Xunta ás entidades para sustituir as sucursais atendidas por caixeiros, mentres que o PP defendeas. // Domingo Villar, figura emerxente da literatura galega, presenta na Semana do Libro de Compostela o seu primeiro libro de relatos. O escritor vigués, multipremiado polas novelas policiacas do inspector Leo Caldas, cambia de rexistro cunha escolma de contos protagonizados por galegos na diáspora. Escribiunos, di, para agasallar aos amigos e a pandemia é a responsable de que decidise publicalos. // A Xunta e os representantes da Hostalaría asinaron hoxe o novo protocolo para o sector que ten como principal novidade que serán os establecementos os que decidan en qué nivel de seguridade traballan. Diso dependerán a cabida ou o uso das barras, e NON da situación epidemiolóxica de cada localidade. 13-09-2021
Inestabilidade atmosférica e moitas nubes, que ameazan con deixar chubascos tormentosos. Serán máis probables conforme avanza o día, Localmente fortes e acompañados de sarabia. 13-09-2021
Vacinación, sen cita previa, agora nos campus universitarios. Unha oportunidade para quen quedara fóra, por distintos motivos, da convocatoria co seu grupo de idade. O sistema, xa iniciado o sábado nos puntos de vacinación masiva, está dispoñible hoxe e mañá nos sete campus galegos. // Novo descenso de casos activos, ainda que hai 9 pacientes ingresados máis. Os contaxios rexistrados no último día baixan de cen, a menor cifra dende xuño e tamén, por primeira vez nos últimos meses, non se notificou ningún falecemento por Covid. // Lonxevidade e mellor calidade de vida. Son efectos beneficiosos da Dieta Atlántica e o maior consumo de peixe, tal como poñen de manifesto estudos científicos presentados en Santiago por expertos internacionais en medicina e nutrición . // Coa goleada encaixada ante o Madrid, o Celta iguala xa o peor inicio de liga no que vai de século. En catro xornadas só conseguiu sumar un punto. 13-09-2021

Unha reproducion dun campamento real de Brasil onde viven máis de mil familias desprazadas na Coruña, para concienciar sobre o drama das persoas de territorios en conflito que son obrigadas a abandonar os seus fogares
O Sergas adianta a segunda dose da vacina aos adolescentes para que non coincida co inicio das clases en secundaria, o próximo mércores. Xa está citando aos menores para dous días antes do previsto. // A audiencia provincial da Coruña ratificou a condena a dous anos e medio de cárcere a un mozo por ameazar a outro con revelar a súa orientación sexual. A vítima acabou suicidándose. // E unha realidade que cobra cada ano máis de 300 vida en Galicia,. No día Mundial de prevención do suicidio, Galicia segue a cabeza de España no índice de mortes por esta causa. Os especialistas detectan un aumento de consultas de xente moza. Hai en marcha seis unidades de atención especialiadas nas áreas sanitarias. // O Exercito volve elixir a costa galega para preparar o grupo de militares que vai viaxar á Antártida, para dar apoio loxístico ós científicos que traballan temporalmente nese continente xeado. 10-09-2021
Galicia queda hoxe nunha situación de transición, con predominio de nubes baixas, que deixaron algunha chuvieira esta mañá na fachada atlántica e tenden a desaparecer. Cara a fin de semana agárdanse ceos máis despexados e cun claro ascenso térmico, sobre todo o domingo. 10-09-2021
A Garda Civil investiga o ocorrido nunha vivenda do Carballiño, onde unha nena de 14 anos, caeu polo balcón, Atópase moi grave no Hospital de Ourense. Outro menor, que estaba con ela, foi ingresado na unidade de Psiquiatría despois de admitir ser autor da agresión. // Tras a terceira dose a pacientes inmunodeprmidos, que comenza hoxe, o reforzó podería extenderse a toda a poboación maior de 80 anos, se así o autorizan os expertos, do mesmo xeito que a vacina para os menores de 12. // Con máis de 300 suicidios ao ano, Galicia segue a cabeza de España no ínicide de mortes por esta causa. Os especialistas detectan un aumento de consultas de xente moza. // Unha reprodución dun campamento real de Brasil onde viven máis de mil familias desprazadas. E o exemplo que ofrece 'Acampa pola Paz', a iniciativa que regresa á Coruña para remexer conciencias. 10-09-2021

No incendio da Pobra do Brollón, con 1700 ha queimadas, salvouse o lugar das Laceiras, levantado por un bilbaíno fillo de emigrantes con criterios conservacionistas.
Primeiro día de escola para máis de 187.000 alumnos de Infantil e Primaria // O Sergas vai poñer terceiras doses da vacina nos próximos días ás persoas con transplantes // As árbores autóctonas dunha pequena reserva natural da Pobra do Brollón evitaron que o lume se expandise e afectase ás casas // A crise da covid reduciu os pedidos do sector aeronáutico galego // Tanxugueiras, as máis votadas polos fans de Eurovisión para representar a España no concurso do ano que vén 09-09-2021
Nubes e chuvascos, máis frecuentes na franxa Atlántica. Os chuvascos irán remitindo mañá e darán paso a unha fin de semana de tempo seco. Temperaturas sen cambios importantes. 09-09-2021
Comeza o curso de infantil e primaria, con 187.000 alumnos, que terán medidas sanitarias semellantes ás do ano pasado // O Sergas está preparando xa as terceiras doses da vacina contra a covid para poñerllas nos próximos días ás persoas que están recibindo tratamentos inmunodepresores // No incendio da Pobra do Brollón, no que arderon 1.700 hectáreas, salvouse o lugar das Laceiras // A canción Figa, da banda de folk Tanxugueiras é a máis votada polos fans de Eurovisión para representar a España. 09-09-2021