Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Rescatar aos cans atrapados pola lava do volcán da Palma, mediante drons. É unha operación sen precedentes en todo o mundo, que intenta levar a cabo, esta tarde, unha empresa galega. A misión, din, depende da reacción dos propios animais. // O Comité Clínico da Xunta avalía o levantamento das restricións previsto para esta fin de semana, xusto cando os datos rexistran unha Lixeira repunta de casos activos, que ascenden a 438. // O novo Conselleiro de Facenda entrega no Parlamento o proxecto de orzamentos para 2022. Será o máis alto da historia da autonomía, con 11.627 millóns de euros de gasto. Propón unha baixada de impostos de mais de 500 millóns de euros en total. // Triángulo de Amor Bizarro lanza unha versión expandida do tema " No eres tu" en dous formatos: Un maxisingle de vinilo con 17 cortes para escoitar de xeito aleatorio e unha versión moito máis extensa en youtube. Seis horas, seis minutos e seis segundos de video. 20-10-2021

Galicia queda baixo a influencia dunha borrasca situada ao noroeste, polo que se agardan ceos nubosos con chuvias que serán máis frecuentes nas provincias da Coruña e Pontevedra. Ventos con intervalos fortes no litoral, e temperaturas máximas en descenso. 20-10-2021

Os traballadores de Alcoa, esperan movilizados a decisión do Tribunal Supremo sobre o ERE co que a empresa pretendía pechar a planta de Aluminio, en San Cibrao. Confían en que o Alto Tribunal ratifique a sentenza do Superior de Xustiza de Galicia, que o anulou por considerar que a multinacional actuou de mala fe. // Os maiores de 80 anos serán citados a partir do luns para recibir, xunto coa vacina da gripe, a dose de reforzo contra o covid, Sempre que pasaran máis de seis meses dende a segunda dose. // A Caida dun falso teito dun piso de estudantes en Santiago puido acabar en traxedia. Por segundos, as inquilinas decatáronse da derruba e deulles tempo a fuxir. // Unha empresa de drons de Lalin vai intentar rescatar hoxe os catro cans atrapados entre a lava na illa da Palma. Deben entrar nunha rede atraidos por un cebo, e logo poder izalos un por un. 20-10-2021

Dous amigos de Alfoz, con cadansúa explotación apícola, fan dos mellores meles do mundo. Son da nova xeración de apicultores galegos e acadaron a máxima distinción en Galicia e das máis altas a nivel internacional.

Novo revés xudicial para Ence. A Audiencia Nacional acaba de estimar o recurso que presentou a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra contra a prórroga que concedera á pasteira o anterior goberno do PP. // O tribunal pronúnciase na mesma liña que ante os recursos presentados por Greenpeace e o concello de Pontevedra, tamén estimados Coa tempada da esmelga chegando ao seu fin, todo apunta a que a produción de mel será menor cá do ano pasado. Nós estivemos en Alfoz, onde dous amigos con cadansúa explotación apícola fan dos mellores meles do mundo. Son da nova xeración de apicultores galegos e acadaron a máxima distinción en Galicia e das máis altas a nivel internacional. // Dezaoito anos despois, un libro en galego é recoñecido co Premio Nacional de Narrativa...Desta vez cunha historia, "Virtudes e misterios", sobre a emigración narrada coas vivencias da avoa do autor, o xornalista Xesús Fraga. // 19-10-2021

Nova Xornada hoxe de ceos despexados alternando con nubes, con temperaturas mínimas en leve descenso, pero con máximas máis propias do vran, en pleno outono. Pola tarde aproxímase a Galicia unha nova fronte polo noroeste, que traerá chuvias puntualmente intensas a partir da madrugada. 19-10-2021

Novo veleiro apreixado cun cargamento de droga en augas do Atlántico. Neste caso, máis de cinco toneladas de cocaína. O alixo, descargado xa no porto de Lisboa, é o maior atopado ata agora nunha embarcación deste tipo. Dous narcotraficantes galegos foron detidos na operación. // Os traballadores de Vestas insntifican a suas mobilizacións contra o ERE presentado pola empresa, cunha protesta na que queimaron neumáticos as portas factoría. Piden que a Xunta de faga cargo de buscar un posible comprador. // Máis do 40 por cento das mulleres que padecen Cancro de Mama, perden o traballo logo de ser diagnosticadas. As afectadas alertan da sua vulnerabilidade económica no día mundial desta doenza, da que se rexistraron 2.200 casos en Galicia durante o último ano. // 19-10-2021

Presentan no mercado de abastos de Pontevedra unha campaña para animar comer saudable, sostible, con productos de tempada e da zona.

A Xunta aprobará o próximo xoves o levantamento da emerxencia sanitaria polo covid. Anunciouno o titular do Goberno Autónomo que explicou que o rebaixe das restriccións que aínda persisten entrará en vigor na medianoite do venres ao sábado. // As perruquerías e salóns de estética retoman as protestas para reclamar unha baixada do IVe do 21 ao 10%. As subas da luz e a cota de autónomos poñen contra as cordas, din, a uns negocios que dan emprego a máis de cen mil persoas. // Representantes sindicais e transportistas das Pontes trataron co delegado do goberno do reparto dos 111 millons de euros dos fondos de transición. A central térmica podería reanudar a actividade, dada a escalada do prezo da luz... Polo momento, Endesa ten previsto recibir arredor de 100.000 toneladas nas próximas semanas... 18-10-2021

Néboas e nubes baixas QUe co avance do día quedamos cos ceos pouco nubrados, con intervalos de nubes altas. As temperaturas mínimas experimentaron un moderado ascenso, con valores moi elevados para a época do ano, mentres que as máximas quedarán sen cambios. 18-10-2021

Arranca, cos traballadores dos hospitais, a campaña de vacinación contra a gripe deste ano. O Sergas aspira a que preto de 900.000 galegos queden inmunizados. Os maiores de 70 anos recibirana conxuntamente coa terceira dose contra a Covid. // A Xunta aproba o proxecto de orzamentos para o ano que ven, logo da toma de posesión de Miguel Corgos, como novo conselleiro de Facenda, en sustitución do falecido Valeriano Martínez. As contas superan os 11.000 millóns de euros e prevén novos recortes de impostos. // Planificar a compra e seleccionar alimentos de calidade, e o principal segredo para comer ben. Así o quede difundir unha nova campaña da Cruz Vermella, presentada hoxe, coa colaboración do chef Pepe Solla, en Pontevedra. // A nova derrota, fronte ao Sevilla, devolve ao Celta a rondar os postos de descenso. O adestrador pide apoio da afección para Iago Aspas, que atravesa un momento de crise deportiva. Na Segunda, o Lugo acada o sexto empate da tempada. 18-10-2021

Hai catro anos, en Chandebrito (Nigrán) sufrían algo parecido a un inferno, no medio dunha das peores vagas de incendios que viviu Galicia. Alí morreron dúas mulleres cando tentaban fuxir do lume. En Carballeda de Avia e Vigo faleceron outras dúas persoas.

O lume arrasou grandes zonas de monte, pero tamén queimou casas, negocios e chegou a entrar en zonas urbanas.

Un Telexornal especial lembra aqueles días e comproba se fomos quen de aprender da traxedia.

En Chandebrito, á beira de Vigo, hai catro anos, os veciños sofriron algo parecido a un inferno, no medio dunha das peores vagas de incendios que viviu Galicia. Aquí morreron dúas mulleres cando tentaban fuxir do lume. Nos próximos minutos imos lembrar aqueles días de mediados de outubro e comprobar se fomos quen de aprender da traxedia. // A vaga de incendios de outubro de 2017 foi a segunda máis grave que rexistrou Galicia neste século. En todo aquel ano, o lume queimou 62.000 hectáreas de superficie forestal do noso país. O oitenta por cento desa superficie, unhas 50.000 hectáreas, arderon en só tres días de outubro. // Pasaron catro anos e o verde volve medrar na maioría dos terreos que as lapas calcinaron. Noutras zonas, a recuperación vai ser máis difícil. Os científicos salientan a voracidade dos incendios forestais en determinadas situacións climáticas, que cada vez son máis frecuentes. (15/10/2021)

Máis de 60.000 hectáreas queimadas, e catro vítimas mortais. CúmpRlense catro anos da vaga de incendios que asolou distintas partes de Galicia. Repasamos cos veciños máis directamente afectados cómo foron aqueles días fatídicos e os traballos para recuperar o terreo arrasado polo lume. // Desartellada unha organización internacional que pretendía introducir en Galicia 2.800 quilos de cocaína. A droga ía a bordo do veleiro GOLDWASSER, que chegou este mediodía ao porto de Vigo. Aduanas e a Policía Nacional abordaron o barco no Atlántico,nunha operación moi complexa pola forte ondaxe. // No Debate de Política Xeral, coñecido como Estado da Autonomía, O grupo popular e os socialistas pactan unha resolución na que declaran compartir o seu apoio ao autogoberno de Galicia, ao tempo que rexeitan as ideas independentistas. (15/10/2021)

A fin de semana comenza coa influenca das altas presions que se traduce nuna nova xornada de ceos pouco anubrados, ainda que aumentan as nubes baixas ao oeste pola noite, anticipo dunha fronte que traerá chuvias mañá. As temperaturas sofren un lixeiro descenso, con mínima de cinco graos en Lugo e a maxima de 24 en Ourense. (15/10/2021)

Vagóns, máquinas, antigas estacións, un patrimonio relacionado cos trens e o seu impacto na historia dos últimos 200 anos, que o Consello da Cultura Galega quere inventariar e estudar para un aproveitamento cultural e turístico

Traballadores da automoción, reclaman en Vigo solucións ante a crise polo desabastecemento mundial de microchips que ameaza con frear a recuperación e segue a cobrar vítimas na industria galega. A empresa Galfor de Ourense, que fabrica cigüeñais, inicia un ERTE para os seus 320 empregados.

// Os investimentos previstos para Galicia nos Presupostos do Estado supoñen algo máis de mil millóns de euros. O corredor Ferroviario Atlántico acapara as maiores partidas. // Vagóns, máquinas, antigas estacións, un patrimonio relacionado cos trens e o seu impacto na historia dos últimos 200 anos, que o Consello da Cultura Galega quere poñer en valor para un aproveitamento cultural e turístico. // O que lle pasou á humanidade dende o confinamento ata hoxe. É o tema da mostra que acolle a Fundación Barrié. Con obras de hai anos que agora se reinterpretan a conta da pandemia. (14/10/2021)