Maiores de 80 anos que non viven en residencias, citados para recibir a dose de reforzo contra a covid nun brazo e a vacina da gripe no outro. Unhas 60.000 persoas recibirán esa opción ao longo da semana. Mentres, comenza a inmunización da gripe para todolos maiores de 65. // Os traballadores de Vestas reclamanlle á Xunta que condicione calquera acordo coa multinacional dinamarquesa a que manteña a actividade industrial na Mariña. Así o deixaron constar nunha marcha en Santiago, onde representantes da empresa mantiñan unha xuntanza cos da Consellería de industria. // "Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois" é o título do congreso que acolle dende hoxe a Real Academia Galega. Elíxese esta sede porque alberga a casa-museo da escritora. Durante toda a semana, expertos internacionais van debater sobre a importancia desta figura da literatura. 25-10-2021
A semana comenza cunha xornada de transición, con intervalos de nubes baixas e algunhas chuvias febles pola mañá, que deixan paso a ceos con grandes claros pola tarde. As temperaturas ascenden tamén lixeiramente, con máximas que van dos 15 graos en Lugo aos 18 en Ourense. 25-10-2021
Vacina da tercerca dose da covid nun brazo e simultáneamente, a da gripe no outro. Unha opción que comenza hoxe para os maiores de 80 anos que non viven en residencias, e para a que serán citadas 60.000 persoas ao longo desta semana. // A vicepresidenta do goberno, Yolanda Díaz, admitía en Santiago que a coalición entre os socialistas e Unidas Podemos pasa por un momento delicado, debido as diferentes posturas sobre a reforma laboral. // O certificado de pesca responsable da frota atuneira recibe un dos premios de Alimentos de España polo respeto ao medio ambiente e as condicións laborais. Unhas condicións que o sector reclama que cumplan tamén os seus competidores asiáticos. 25-10-2021

O Museo da Limia homenaxea ao poeta co gallo do seu centenario.
Falecido en 2004, foi unha das voces poéticas máis destacadas do século XX.
Satisfación da hostalaría ante o paso cara a normalide que significa o remate da emerxencia santiaria. A medida vai supor desde esta medianoite Ocupación dos locais ao cen por cento, barras incluídas, horarios ampliados e fin das restricións en comercios, ximnasios e outras actividades. O Tribunal Superior de Xustiza autoriza esixir o certificado covid en tódolos locais de lecer nocturno. // O acordo sobre cómo debe ser o novo sistema de financiamento autonómico centrou a xuntanza en Sevilla entre os presidentes da Xunta de Galicia e de Andalucía. Núñez Feijóo e Juanma Morero coiciden en que a negociación do novo modelo non pode ser bilateral, e debe contemplar o custe real dos servizos que prestan as comunidades autónomas, como a sanidade, a educación e atención aos maiores. // Lucas Yáñez, patinador de Oleiros de 17 anos, acaba de proclamarse campión do mundo en categoría junior. Consegue a medalla de ouro, logo de meses no que non puido adestrar con normalidade. Agora ten como obxetivo gañar o mundial na categoría absoluta. 22-10-2021
Todos os sectores recuperan a totalidade das cabidas a partir deste sábado
A fin de semana arranca coa volta da influencia anticiclónica en toda Galicia, con ceos con alternacia de nubes e claros, máis despexados pola tarde. As temperaturas con acusada oscilación, especialmente en Ourense, onde pasan dos 7 graos de mínima aos 21 de máxima. 22-10-2021
Ocupación dos locais ao cen por cento, barras incluídas, horarios ampliados e fin das restricións en comercios, ximnasios e outras actividades. É o paso á normalidade que supón o remate da emerxencia sanitaria. // A Xunta advirte de que algunhas normas de prevención deberán seguir en uso, como a máscara. O lecer nocturno recupera tamén as cabidas e a apertura ata as cinco da mañá, pero deberá pedir aos clientes o Certificado Covid. // Cómo chegar a ser piloto, profesional da banda deseñada ou acceder ao Exército. Son preguntas que se poden respostar no Salón Edugal, en Pontevedra, que reúne a oferta formativa galega, cun amplo espazo para FP e os graos universitarios. // O Museo da Limia réndelle homenaxe a Antón Tovar, o escritor ourensán falecido en 2004, ao cumprírense cen anos do nacemento do que foi unha das voces poéticas máis destacadas do século XX. 22-10-2021

Investigadoras do CSIC estudan as pezas medievais máis valiosas da catedral de Ourense.
Un equipo de TVE foi testemuña do achado dun puñado de terra que podería pertencer á tumba de San Rosendo.
Os gardas do Campus de Vigo terán o apoio dun can robot con cámara de visión térmica. É o primeiro exemplo en Europa de uso dunha rede privada 5G aplicada á seguridade.
Os novos horarios na Hostalaría entrarán en vigor a partir da medianoite de mañá. A Xunta tamén vai solicitar informes xurídicos e sanitarios para ver a posibilidade de prescindir do uso da máscara nos patios dos colexios. // Unha pancarta, asinada por un grupo anónimo foi atopada hoxe na illa da Palma, na zona onde unha empresa galega de drons tentaba localizar a varios cans atrapados pola lava. Nas últimas horas, a temperatura da colada seca baixou, e -segundo os técnicos- é posible que alguén accedera a pé ata o lugar e levara ós cans. De confirmarse, a empresa galega Aerocámaras daría por rematada a operación. // Admiración no fútbol europeo pola xesta do equipo xuvenil do Deportivo da Coruña, que venceu por 4-0 os polacos do Pogon. O equipo clasíficase para a seguinte ronda da UEFA xuvenil, ao protagonizar unha remontada insólita, tras perder por 3-O, no partido de ida. // 21-10-2021
Vai entrando o vento norte, que trae unha masa de aire máis fría. Así, os ceos alternan nubes e claros, con chuvascos máis probables na metade norte. As temperaturas sofren un moderado descenso respecto aos días pasados, con mínima de 9 graos en Lugo, e máximas por debaixo dos 20 graos en tódalas cidades. 21-10-2021
Os locais de Hostalaría poderán acoller xa o 100 por cen da cabida de clientes, e abrir ata a unha e media da mañá as fins de semana. A Xunta elimina tamén as restricións nas residencias e declara rematado o estado de emerxencia sanitaria. // Galicia e a comunidade coa mellor situación da pandemia, cunha incidencia de 14 casos por 100.000 habitantes, a máis baixa dende agosto de 2020, e cunha taxa de ocupación hospitalaria por debaixo 1%. //.Un can robot con cámara de visión térmica que axuda aos vixilantes nas rondas polo campus da Universidade. É o primeiro exemplo en Europa de uso dunha rede privada 5G aplicada á seguridade. A tecnoloxía foi presentada hoxe en Vigo. // Figuras de xadrez de cristal de rocha, elaboradas en Oriente; unha arqueta de marfil da que apenas hai cinco similares en todo o mundo. Son pezas de valor incalculable que forman parte do Tesouro de San Rosendo, que Científicas do CSIC están a analizar en Ourense. 21-10-2021
Unha empresa de drons de Lalin intenta rescatar os catro cans atrapados entre a lava na illa da Palma.
Parte da operación depende da reacción dos cans, porque deben entrar nunha rede atraidos por un cebo, e logo poder izalos.
O rescate só pode facerse un por un.
Rescatar aos cans atrapados pola lava do volcán da Palma, mediante drons. É unha operación sen precedentes en todo o mundo, que intenta levar a cabo, esta tarde, unha empresa galega. A misión, din, depende da reacción dos propios animais. // O Comité Clínico da Xunta avalía o levantamento das restricións previsto para esta fin de semana, xusto cando os datos rexistran unha Lixeira repunta de casos activos, que ascenden a 438. // O novo Conselleiro de Facenda entrega no Parlamento o proxecto de orzamentos para 2022. Será o máis alto da historia da autonomía, con 11.627 millóns de euros de gasto. Propón unha baixada de impostos de mais de 500 millóns de euros en total. // Triángulo de Amor Bizarro lanza unha versión expandida do tema " No eres tu" en dous formatos: Un maxisingle de vinilo con 17 cortes para escoitar de xeito aleatorio e unha versión moito máis extensa en youtube. Seis horas, seis minutos e seis segundos de video. 20-10-2021
Galicia queda baixo a influencia dunha borrasca situada ao noroeste, polo que se agardan ceos nubosos con chuvias que serán máis frecuentes nas provincias da Coruña e Pontevedra. Ventos con intervalos fortes no litoral, e temperaturas máximas en descenso. 20-10-2021
Os traballadores de Alcoa, esperan movilizados a decisión do Tribunal Supremo sobre o ERE co que a empresa pretendía pechar a planta de Aluminio, en San Cibrao. Confían en que o Alto Tribunal ratifique a sentenza do Superior de Xustiza de Galicia, que o anulou por considerar que a multinacional actuou de mala fe. // Os maiores de 80 anos serán citados a partir do luns para recibir, xunto coa vacina da gripe, a dose de reforzo contra o covid, Sempre que pasaran máis de seis meses dende a segunda dose. // A Caida dun falso teito dun piso de estudantes en Santiago puido acabar en traxedia. Por segundos, as inquilinas decatáronse da derruba e deulles tempo a fuxir. // Unha empresa de drons de Lalin vai intentar rescatar hoxe os catro cans atrapados entre a lava na illa da Palma. Deben entrar nunha rede atraidos por un cebo, e logo poder izalos un por un. 20-10-2021