A situación pola que pasan os produtores de leite, é tratada nunha reunión entre representantes dos gandeiros e a Xunta // A normativa de seguridade nos Rallyes podería cambiar, logo do tráxico sinistro de Carral, no que faleceron 7 persoas e 16 quedaron feridas // Os xulgados de Vigo e A Coruña creados para atender casos de afectados por participacións preferentes manterán a sua actividade ata o 31 de decembro. 09/09/15
No tempo, temos ceos anubrados con algunhas choivas febles na parte oeste. Iso é asi porque desde o Atlántico entra unha pequena fronte, que trae esas pingueiras. 09/09/15
A protesta dos gandeiros polos baixos prezos do leite chegou ata Santiago, onde fixeron un reparto gratuíto de produto recentemente muxido, diante dun centro comercial. Unha acción simbólica para chamar a atención sobre a situación económica que atravesan, e para denunciar a práctica das grandes superficies, que venden o leite por debaixo do prezo de custe // A protesta está protagonizada por uns 3.000 mil tractores. Con ela insisten en pedir medidas das administracións para paliar a crise que, din, está levando a centos de granxas ao borde da quebra. A marcha dos vehículos agrícolas pola cidade está a causar problemas de tráfico // Un neno, ferido grave no accidente do rali de Carral evoluciona favorablemente, xunto a outros 2 adultos, vítimas tamén do mesmo sinistro. Outro adulto segue grave. 08/09/15
A protesta dos gandeiros polos baixos prezos do leite chegou ata Santiago, onde fixeron un reparto gratuíto de produto, recén muxido, diante dun centro comercial. Unha acción simbólica para chamar a atención sobre a situación económica que atravesan, e para denunciar a práctica das grandes superficies, que venden o leite por debaixo do prezo de custe // A protesta está protagonizada por uns 3.000 mil tractores. Con ela insisten en pedir medidas das administracións para paliar a crise que, din, está levando a centos de granxas ao borde da quebra. A marcha dos vehículos agrícolas pola cidade está a causar problemas de tráfico // Un neno, ferido grave no accidente do rali de Carral evoluciona favorablemente, xunto a outros 2 adultos, vítimas tamén do mesmo sinistro. 08/09/15
A protesta dos gandeiros polos baixos prezos do leite chegou ata Santiago, onde fixeron un reparto gratuíto de produto, recén muxido, diante dun centro comercial // A protesta está protagonizada por uns 3.000 mil tractores // Un neno, ferido grave no accidente do rali de Carral evoluciona favorablemente, xunto a outros 2 adultos, vítimas tamén do mesmo sinistro. 08/09/15
Comezaron a aumentar as nubes polo oeste e esta tarde serán xeralizadas en toda Galicia. Estamos nunha situación na que o anticiclón perde algo de forza, e por iso as temperaturas máximas baixan respecto destes días de atrás. 08/09/15
Esta tarde reciben sepultura, en cemiterios coruñeses de Carral e Cambre, as 6 vítimas, iniciais do accidente do rally de Carral do pasado sábado. Das dezaseis persoas que resultaran feridas, só 4 seguen hospitalizadas. Dúas están graves, un neno, e un adulto // 5.000 tractores chegan a Santiago para unha nova protesta polos baixos prezos do leite. Prevén manterse na capital galega durante catro días, á espera dos resultados da xuntanza deste xoves en Madrid, entre o sector e o ministerio de agricultura // Detido en Vigo un home en relación coa morte da súa parella, unha muller de 46 anos, de nacionalidade brasileira. Segundo a Policía, o detido, un vigués ,de 31 anos,presentouse en comisaría dicindo que discutira coa súa noiva, e que a matara accidentalmente. 07/09/15
Esta tarde reciben sepultura, en cemiterios coruñeses de Carral e Cambre, as 6 vítimas, iniciais do accidente do rally de Carral do pasado sábado. Das dezaseis persoas que resultaran feridas, só 4 seguen hospitalizadas. Dúas están graves, un neno, e un adulto // 5.000 tractores chegan a Santiago para unha nova protesta polos baixos prezos do leite. Prevén manterse na capital galega durante catro días, á espera dos resultados da xuntanza deste xoves en Madrid, entre o sector e o ministerio de agricultura // Detido en Vigo un home en relación coa morte da súa parella, unha muller de 46 anos, de nacionalidade brasileira. Segundo a Policía, o detido, un vigués ,de 31 anos,presentouse en comisaría dicindo que discutira coa súa noiva, e que a matara accidentalmente. 07/09/15
, iniciais do accidente do rally de Carral do pasado sábado // 5.000 tractores chegan a Santiago para unha nova protesta polos baixos prezos do leite // Detido en Vigo un home en relación coa morte da súa parella, unha muller de 46 anos. 07/09/15
En canto ó tempo, segue o anticiclón, con ceos despexados, en xeral. Sen embargo, esta tarde pode haber algunha tormenta no sur de Galicia. 07/09/15
A muralla de Lugo segue rodeada de tractores. Máis de 1000 tractoristas pasaron a noite ó pé da muralla onde continúan concentrados. Piden que as administración lles expliquen as medidas para paliar a crise de prezos do leite // O Delegado do Goberno di que, nas próximas horas, podería haber detencións polo incendio da pasada fin de semana e inicio desta que calcinou máis de tres mil hectáreas na zona ourensá da Limia // O estaleiro Armón de Vigo vai construír un buque de investigación pesqueira e oceanográfica para Arxentina por uns 25 millóns de euros. Foi a única oferta que se presentou ao concurso público do Instituto de Investigación e Desenvolvemento Pesqueiro de aquel país. 04/09/15
A muralla de Lugo segue rodeada de tractores. Máis de 1000 tractoristas pasaron a noite ó pé da muralla onde continúan concentrados. Piden que as administración lles expliquen as medidas para paliar a crise de prezos do leite // Unha multitudinaria manifestación recorreu as rúas de Vigo, en defensa da sanidade pública. Os manifestantes expresaron o seu descontento coa xestión sanitaria na area de Vigo trala posta en funcionamento do novo hospital // O Delegado do Goberno di que, nas próximas horas, podería haber detencións polo incendio na pasada fin de semana e inicio desta que calcinou máis de tres mil hectáreas na zona ourensá da Limia. O Presidente da Xunta reuniuse hoxe cos alcaldes de Cualedro, Xinzo, Trasmiras e Baltar e anuncioulles axudas económicas para paliar os efectos do lume nas infraestructuras públicas e propiedades privadas. 04/09/15
A muralla de Lugo segue rodeada de tractores // Unha multitudinaria manifestación recorreu as rúas de Vigo, en defensa da sanidade pública // O Delegado do Goberno di que, nas próximas horas, podería haber detencións polo incendio de Cualedro. 04/09/15
Temos algo máis de sol en boa parte de Galicia porque de cara a fin de semana teremos ceos máis despexados e sobre todo aumento de temperaturas. 04/09/15
Os tractores toman hoxe as rúas de Lugo e rodean a muralla. Os gandeiros reclaman prezos xustos para o leite para evitar o peche de granxas obrigadas a vender o leite por baixo do que custa producilo // O Sergas nega que a muller que faleceu no novo hospital de Vigo se contaxiara de asperxillus na UCI dese novo centro. O xerente do CHUVI di que é seguro e cumpre cos requisitos de seguridade nas áreas en funcionamento. A Xunta de persoal pide información para evitar alarmas innecesarias // A Xunta acordou pagarlles o recibo da luz, durante dous meses ao ano, ás familias que non poidan afrontalo. O Consello tamén aprobou o plan de regasificación ata o 2020 no que se investirán 195 millóns de euros e creará 900 postos de traballo. 03/09/15
Os tractores toman hoxe as rúas de Lugo e rodean a muralla. Os gandeiros reclaman prezos xustos para o leite para evitar o peche de granxas obrigadas a vender o leite por baixo do que custa producilo // O Sergas nega que a muller que faleceu no novo hospital de Vigo se contaxiara de asperxillus na UCI dese novo centro. O xerente do CHUVI di que é seguro e cumpre cos requisitos de seguridade nas áreas en funcionamento. A Xunta de persoal pide información para evitar alarmas innecesarias // A Xunta acordou pagarlles o recibo da luz, durante dous meses ao ano, ás familias que non poidan afrontalo. O Consello tamén aprobou o plan de regasificación ata o 2020 no que se investirán 195 millóns de euros e creará 900 postos de traballo. 03/09/15
Os tractores toman hoxe as rúas de Lugo e rodean a muralla en demanda de mellores prezos para o leite // O Sergas nega que a muller que faleceu no novo hospital de Vigo se contaxiara de asperxillus na UCI dese novo centro // A Xunta acordou pagarlles o recibo da luz, durante dous meses ao ano, ás familias que non poidan afrontalo. 03/09/15
Os ceos están aínda máis anubados con chuvias localizadas no norte de Lugo e Ourense onde máis van notar a baixada das temperaturas. 03/09/15
Galicia é a comunidade autónoma na que mais se reduciu o paro, no pasado mes de agosto. Nun mes tradicionalmente malo para o emprego, o número de inscritos nas listas de desocupados baixou en 2.639 persoas, o que supón un descenso do 1,22% // O tren de alta velocidade do eixo atlántico transportou xa case un millón de viaxeiros, dende que entrou en funcionamento, no pasado mes de abril. Unha cifra que supón todo un récord, segundo destaca o Ministerio de Fomento que hoxe asinou coa xunta un convenio para facilitar o transporte combinado entre o tran e o avión // Os alcaldes de Cualedro, Xinzo, Baltar e Trasmiras din que lles van esixir ás administracións axudas para reparar os efectos dos incendios nas infraestructuras e propiedades. Destacan a clara intencionalidade destes sinistros e sinalan a localización de artefactos incendiarios en diversos puntos da zona queimada. 02/09/15
Galicia é a comunidade autónoma na que mais se reduciu o paro, no pasado mes de agosto. Nun mes tradicionalmente malo para o emprego, o número de inscritos nas listas de desocupados baixou en 2.639 persoas, o que supón un descenso do 1,22%.
Asináronse 76 mil novos contratos // Os alcaldes de Cualedro, Xinzo, Baltar e Trasmiras din que lles van esixir ás administracións axudas para reparar os efectos dos incendios nas infraestructuras e propiedades. Destacan a clara intencionalidade destes sinistros e sinalan a localización de artefactos incendiarios en diversos puntos da zona queimada // Milagros Otero tomou posesión coma valedora do pobo. Catedrática de filosofía do dereito, compostelá de 55 anos é a primeira muller en acceder a este cargo de alta comisionada do Parlamento Galego. 02/09/15