Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Este ano, o atípico quecemento da auga do mar está a desprazar a augas máis frías algunhas especies como a xarda, os túnidos ou o polbo. Con pouco peixe e moita demanda, os prezos dispáranse. Outros produtos, en cambio, empezan a baixar, como comprobamos na praza de abastos de Pontevedra.

A historia de "Nudos de Sal" está ambientada en Baiona e Nigrán.

O autor dalle moita importancia a localización, así o lector pode coñecer os lugares coma se estivera paseando por eles.

Unha novela de misterio que encaixa dentro do que se chama "Galicia Noir", un subxénero da novela negra que ten como referente a Domingo Villar.

Este é o cuarto libro de Nacho Carreras.

Mathew Wright é un navegante australiano que na Illa de Arousa séntese como na casa.

Leva percorrido 13.000 millas náuticas para preparar a súa aventura, a volta ao mundo en solitario.

Por díante ten que atravesar os mares máis perigosos do mundo.

O veleiro está preparado para garantir a seguridade.

Na comida para a viaxe non faltan as conservas galegas.

Visitamos una viña do Salnés, nas Rías Baixas, onde a vendima comeza cun adianto de tres semanas respecto á data media da última década. Agárdase boa cantidade de uva que se dedicará, en parte, a elaborar viño sen alcohol, que cada vez ten máis demanda.

Comeza unha das celebracións gastronómicas más tradicionais de Galicia, a festa da empanada de Bandeira, en Silleda. Nesta edición cumpre 50 anos. María José, unha cociñeira afeccionada que gañou o concurso en dúas ocasións, explícanos os segredos da empanada de xoubas.

Desenvolven a tecnoloxía para que o satélite se sitúe en órbitas máis baixas do habitual.

O sistema permite unha propulsión constante para que non perda velocidade e non se precipite.

Espertou o interese da OTAN sendo esta empresa é a primeira española na que inviste o seu fondo de inversión.

Non hai data para a primeira demostración. Se funciona ábrese unha nova vía para os satélites.

A comunidade de montes de San Vicente, no Grove, levará aos xulgados a Deputación de Pontevedra. Hai case un século cedéronlle terreos na beira do mar para construír un hospital para tuberculosos, que na actualidade opera como hotel de xestión privada. Piden que se restaure o uso público ou unha indemnización.

A falta de precipitacións preocupa en varias poboacións.

32 concellos están en alerta por seca e terán que tomar medidas.

Non se pode usar auga da traída para usos que non sexan esenciais como regar xardíns, baldear rúas ou encher piscinas.

A localidade costeira de baiona, en Pontevedra, que aumenta a súa poboación polo verán, está pendente do encoro de Baíña, se non hai chuvias nas próximas semanas terán que conectar o suministro a Vigo.

Dende Ribadeo ata A Guarda, Galicia xa está conectada por unha ruta de máis de 1.300 quilómetros a través da costa. É o Camiño do Litoral, 52 etapas para percorrer a nosa comunidade, a que ten máis quilómetros de costa de España. Hoxe comezaron a instalarse en Soutomaior as primeiras sinais para informar das rutas.

Na madrugada do 2 de agosto de 1976 falecía nun accidente de tráfico cando regresaba a Madrid logo de actuar en Vigo.

Cecilia era unha das artistas con máis éxito do momento.

Aínda que naceu en Madrid tiña raíces galegas.

Manuel Orío estivo no derradeiro concerto de Cecilia, na sala Nova Olimpia de Vigo.

É posible que sexa unha das últimas persoas que estiveron coa artista.

En el municipio de Salvaterra (Pontevedra) se busca a tres personas enterradas en el cementerio tras ser asesinadas por falangistas en 1936. Se trata de Delfín Rey, Bernardo Bernárdez y una persona desconocida cuyo cadáver apareció en descomposición en el río.

Vídeo emitido en el informativo territorial de Galicia, Telexornal, el 27 de julio de 2026.

Puedes descubrir más historias de las fosas de la Guerra Civil y el franquismo en el especial de RTVE Noticias.

A illa de Toralla, na ría de Vigo, agocha unha infraestrutura científica única en Europa. Trátase da Estación de Ciencias Mariñas, a ECIMAT, un laboratorio natural onde investigadores de todo o mundo estudan os efectos do cambio climático, as mareas vermellas ou a saúde dos océanos. Entramos nas súas instalacións para celebrar os seus 20 anos de historia.

Acompañamos a cabalaría da Policía Nacional que estes días de verán patrulla montes e camiños para previr incendios forestais e reforzar a seguridade dos peregrinos. En Vigo tamén contan coa colaboración da policía de Portugal. Fan patrullas mixtas, con axentes dos dous países, para mellorar a atención aos turistas e peregrinos portugueses que nos visitan.

Despois de catro anos sen publicar disco, a cantante Wöyza volve con ‘Valiosa’, o seu cuarto álbum en solitario. Un traballo no que a artista de Moaña abre as portas da súa vida para falar de maternidade ou bullying. Un disco íntimo, pero tamén reivindicativo, que abriu o IKFEM Festival Tui-Valença.

Baiona prohíbe usar auga da traída para encher piscinas, regar xardíns ou lavar coches. É primeiro concello en adoptar medidas este verán para afrontar a posible situación de escaseza. Vigo, pola súa parte, declara a situación de prealerta por seca.

O polbo fresco galego volve ás prazas, peixerías e restaurantes, logo de dous meses de veda. A campaña comeza con alta demanda e prezos medios de 13 euros na lonxa, pero con certa decepción, polo descenso de capturas.

O alumnado da escola de Donramiro, en Lalín, participou nun proxecto educativo que combina arte, tradición e patrimonio cultural arredor do pan de millo. A iniciativa, promovida polo Centro de Arte Fundación María Jove, permitiu aos nenos e nenas coñecer todo o proceso de elaboración, desde o cultivo e secado do millo corvo, típico de Galicia, ata a cocción do pan, ao tempo que descubriron historias, lendas e saberes populares vinculados a este alimento tan presente na cultura galega.

Os grandes areais urbanos foron un dos escenarios principais da celebración, por todo o alto e de xeito máis multitudinario que nunca, da noite de San Xoán. Nas praias da Coruña déronse cita 200.000 persoas. Lume, música, sardiñas e tradición na noite máis curta e máxica do ano. Una festa marcada polas altas temperaturas e os chamamentos a manter un comportamento cívico. Rexistráronse máis de 370 incidencias.

Preparativos para dúas das principais festas de San Xoán que se agardan esta noite en toda Galicia. En Nigrán, apuran a montaxe de dúas grandes cacharelas na Praia de Panxón, un dos puntos emblemáticos de celebración multitudinaria da noite de San Xoán, como tamén o son as praias de Riazor e do Orzán, na Coruña. Alí xa están delimitadas as parcelas para congregar a grupos de amigos e familias. O Concello coruñés repartirá 120 toneladas de madeira. Por toda Galicia as fogueiras iluminarán a noite máis curta do ano, que se prevé especialmente cálida.

Ameixa de Carril só hai unha. Con esa idea, a confraría de pescadores traballa nun novo selo de calidade para identificar a que sae da lonxa e reforzar a súa identidade. Poucos produtos do mar teñen un nome tan recoñecido como a ameixa de Carril. A súa calidade e o seu prestixio fixeron deste molusco un símbolo da gastronomía galega. O distintivo permitirá identificar a ameixa que procede dos parques de Carril. O obxetivo é ofrecer unha garantía ao consumidor e diferenciar o produto fronte a outras ameixas que se comercializan baixo o mesmo nome. Máis de 600 familias viven desta actividade.

Rematou o curso escolar. Coa rapazada xa de vacacións, as familias teñen que buscar alternativas para conciliar vida laboral e familiar. Unha boa opción son os campamentos de verán, coma o que hoxe comezou na praia da Lanzada, organizado pola Deputación de Pontevedra. Desde hoxe e ata o 5 de setembro pasarán por aquí máis de 1.500 rapaces de 8 a 12 anos, distribuídos en once quendas. Foron afortunados no sorteo, porque o número de solicitudes superou as 4.000.