Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba


Galicia camiña cara unha nova lei da cultura. O goberno da Xunta quere aprobala este mesmo ano no Parlamento. Sería con dous obxectivos: inclusividade e accesibilidade. Con descontos ou prazas gratuítas para colectivos en risco de exclusión, ou garantindo a venda de entradas presencial e non só en liña. Xa está aberto un proceso participativo con máis de medio cento de entidades do sector cultural.

Todo nun momento no que un día máis falamos da perspectiva das eleccións autonómicas. Tralas críticas do PP ó PSdG por non ter aínda candidato, os socialistas reiteran: farán primarias cando se resolva o goberno estatal e manteñen o apoio a José Ramón Gómez Besteiro.

No que afecta á economía das familias, os gandeiros advirten: nas últimas semanas baixou a cantidade que lles paga a industria polo leite, pero non se trasladou en cambio ás liñas do supermercado.
 

O presidente da Xunta non solta prenda sobre se haberá adianto electoral. Hoxe xa dixo que non haberá anuncios deste tipo no debate do Estado da Autonomía que se celebra no Parlamento a semana próxima. Os socialistas din que pode habelo e anuncian primarias en canto se consiga o acordo de goberno que faga a Pedro Sánchez presidente.

O ex presidente da deputación de Ourense vai ser finalmente xulgado no Tribunal Supremo por conducir a 215 kilómetros por hora nunha autovía. Por dúas veces negarase a ir ao xulgado de Pobra de Sanabria, en Zamora.

A central térmica das Pontes puxo fin nas últimas horas á súa actividade, despois de 47 anos como motor da comarca e importante fonte de enerxía pra todo o país. Actívanse prexubilacións e traslados pro persoal propio, pero moitas dúbidas pros das auxiliares, pendentes dun desmantelamento que se pode prolongar durante 4 anos, no que teñen postas algunhas esperanzas, e dos proxectos alternativos centrados en enerxías renovables.

Acaba Conxemar este mediodía coa mirada posta xa nas súas vodas de prata para o ano que ven coa que será vixésimo quinta edición. Con récord de expositores e probablemente de visitantes, nun contexto difícil para as grandes pesqueiras pola caída do consumo de peixe.

De momento os que queiran utilizar a alta velocidade para ir, por exemplo, de Santiago a Madrid, teñen que conformarse con ter o tramo máis rápido só a partir de Ourense. Esa situación cambiará en breve, pero con atrasos outra vez. Xa non será este ano, senón no primeiro trimestre de 2024. É o novo prazo dado polo goberno á Xunta despois dos problemas de certificación do fabricante, Talgo.

Mentres, nas Pontes, ponse fin á etapa da central de Endesa. Queimou o último carbón. Por diante: a reconversión, a transición verde, da comarca.

Hoxe día de loito en Stellantis, haberá un minuto de silencio pola morte dun traballador que faleceu na casa despois de ser atendido polos equipos médicos da fábrica viguesa, tras atoparse mal no traballo. Os sindicatos alertan da carga de traballo e piden que se investiga o sucedido

A conselleira de Infraestrucutras foi hoxe a Madrid onde mantivo un encontro co secretario de Estado de Transportes sobre o novo adiamento na chegada da alta velocidade debido ao retraso da entrega dos trens Avril. Éthel Vázquez amosouse comprensiva coa explicación de que a responsabilidade é de Talgo e non do ministerio. Pero pide que 7 dos trens Avril se destinen ao tráfico ferroviario con Galicia.

E esta tarde a central térmica das Pontes está a queimar o carbón que lle queda no que é o seu derradeiro día de actividade despois de 47 anos xerando enerxía.

A importante escalada dos prezos da vivenda na Coruña, tanto no alugueiro coma na compra, levou ó concello a converterse no primeiro de Galicia en solicita-la declaración de mercado tensionado. O concello pídelle a Xunta que active esta previsión da Lei de Vivenda, que a Xunta recorreu no constitucional e está pendente de recursos de outras comunidades. Permitiría poñer límites nas rendas dos novos contratos, é outras medidas dirixidas a icnrementa-la oferta.


Bo día. Novo colapso das Urxencias do Hospital Clínico de Santiago. Ata 24 doentes graves estiveron amoreados nos corredores de urxencias. A Asociación de Pacientes reclama a dimisión dos directivos da área sanitaria.

O consorcio das Mariñas pídelle celeridade ao concello da Coruña sobre o proceso pra facer en Nostián o cambio de sistema, e sacar a concesión canto antes

A policía investiga se o atropelo mortal de Santiago ocorrido este martes, no que morreu un home de 59 anos, foi intencionado

Disconformidade dos taxistas de Santiago coa pretensión do goberno local de aumenta-lo número de licenzas; proposta que a Xunta vai avaliar

Nova medida da Xunta, nova crítica da oposición polo que consideran electoralismo. O goberno autonómico anunciou rebaixas nas compras de coches de segunda man, BNG e PSdG veno como un intento de mellorar a súa imaxe pública. A oposición xa anunciou que no debate do estado da autonomía da vindeira semana presentará un proxecto alternativo ó popular.

Hoxe Alfonso Rueda vaise reunir co alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. Segunda cita cos rexedores das principais cidades. Mentres, en Madrid, encontro da conselleira Éthel Vázquez co secretario de estado de Transportes co atraso na chegada dos trens Avril ou os problemas de prazas en Renfe como temas centrais

Os datos do paro en Galicia non foron bos. Foi a terceira comunidade onde máis subiu o desemprego malia que houbo un aumento importante da contratación indefinida. Pero ainda así segue a precariedade sobre todo cebándose nos sectores da poboación máis vulnerables.

O día déixanos tamén a inauguración de Conxemar en Vigo. Están representadas 766 empresas e xa é a edición, a 24, maior das que se celebraron ata o de agora. Unha feira que é a máis importante do sector no mundo.