Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Seguen sen actividade as dúas louseiras ourensáns precintadas en cumprimento dunha orde xudicial. Representantes dos traballadores reuníronse cos comuneiros que reclaman unha compensación polo uso dos terros.

Os alcalde de sete concellos polos que pasa a nacional 541 reúnesen pra volver pedir a súa reforma integral. Hoxe volveron reunirse no concello de Cerdedo-Cotobade. Aseguran que é a segunda estrada máis perigosa o Estado.

Delegados de persoal de catro auxiliares de Navantia impediron a primeira hora o acceso dos traballadores ó estaleiro. Os sidincatos denuncian que as auxiliares conseguen deteriorando as condicións laborais dos empregados.

Ana Pontón sinala que o BNG se oporá a que o Goberno relegue o galego pra incluir o catalán nas institucións europeas. O presidente Alfonso Rueda asegura que é en Bruxelas onde o seu uso está xustificado porque non hai unha lingua común, pero non no Congreso.

O tempo. prevese un empioramento pra este tare con vento e chuvia forte.

Este martes poidemos oir, e sen restriccións, falar en galego no Congreso. O primeiro en facelo foi o socilista Gómez Besteiro. O pleno aprobou, coa oposición de PP e Vox, iniciar a tramitación do cambio no regulamento pra permitir o uso de linguas cooficiais. precisamente o nacionalista Néstor Rego recriminoulle a Feijóo a posición dos conservadores.

Recollemos tamén a preocupación en Valdeorras pola orde de clausura de dúas louseiras. 250 traballadores están afectados pola medida.

E, na unidade de queimados do hospital da Coruña morreu un dos dous feridos nun incendio orixinado pola explosión dunha rozadora, en Carnota. A muller continúa en estado moi grave.

O tempo.

Achégase unha fronte moi activa que tocará terra a media tarde. Hai aviso amarelo por refachos fortes de venta e chuvias tamén localmente fortes nas provincias da Coruña e Pontevedra.

O uso do galego no congreso xa é unha realidade. Hoxe pronuncianbanse as primeiras palabras na nosa lingua sen que iso supuxera unha chamada de atención á orde pola presidenta da cámara pero iso sí, houbo a quen a medida non lle gustou. Neste sentido, PP e Vox rexeitan a iniciativa.
 

A música ten un maior impacto xenético nas persoas con demencia. Así o demostra un experimento que consistente en recoller mostras de sangue e saliva antes e despois dun concerto.

As navieiras felicitaron ó porto de Vigo polo éxito na escala nun só día de 5 cruceiros. 15 mil persoas, entre pasaxeiros e tripulantes, que enche hoxe as rúas da cidade.

En Galicia máis de 200 bateas producen mexillón ecolóxico. O Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica está a colocar o primeiro distintivo de certificación nunca destaca bateas.

460.000 persoas visitaron este verán as catro illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas. En outubro comezará unha campaña de eliminación de eucaliptos nas illas e novas plantacións.

o tempo. Xornada sen chuvias e con temperaturas en ascenso.

POlémica en SAntiago polo sistema dual de recollida do lixo: veciños do casco vello denuncian que hai hostaleiros non respectan horarios nin lugares establecidos.

- O concello da Coruña confirma a existencia dun foco de ratas na rúa Galeras, en pleno centro da cidade. A alcaldesa asegura que se trata dun local privado que leva anos pechado

- O BNG acusa ó alcalde das Pontes e secretario xeral do PSdeG de ser complice da discriminación á que somete a comarca o Goberno central.

-Un bombeiro do GES de MUros entre os voluntarios que viaxaron a Libia como voluntario para tentar recuperar vidas humanas trala catástrofe das inundacións

Falar en galego no congreso xa é posible desde hoxe. José Ramón Gómez Besteiro será o encargado de defender a modificación do regulamento en nome dos socialistas. O nacionalista Néstor Rego xa adiantou que o usará en tóda-las intervencións. Máis complicado será o uso do galego, euskera e catalán nas institucións europeas.

Coa ollada posta nas eleccións autonómicas, a Xunta anuncia unha axuda para os menores que practiquen deporte federado, sen límite de renda.

A expansión do eucalipto é unha evidencia. Agora o consello da cultura ponlle cifras, alerta da destrucción da diversidade e pide medidas de ordenación.

E Vigo verá hoxe como aumenta de xeito considerable a súa poboación. Será complicado moverse polas zonas máis turísticas da cidade. A partir desta hora comeza a arribar 5 cruceiros con 15 mil persoas entre pasaxeiros e tripulación

O BNG denuncia a discrminación das Pontes por parte do Goberno e acusa ós socialistas de ser cómplices. O ministerio de Transición Ecolóxica anunciou novos concursos de transición xusta en comarcas vinculadas a centrais térmicas, pero non nas Pontes.

A Xunta anuncia un bono deporte para os menores que practiquen deporte a nivel federado. Recibirán 120 euros ó ano pra a adquisición de equipamento e material. Incluirá a medida nos orzamentos de 2024.

Secretarios, interventores e tesoureiros mostran o seu malestar co alcalde de Ourense. Jacome chegou a calificar de neglixente o labor do interventor municipal e á de ralentizar o traballo no concello.

Hoxe volveron á clase os alumnos de cuarto e quinto do colexio de Rábade ós que educación xuntou nunha soa aula. A xunta non atendeu as súas demandas, pero volven porque a Xunta podía aplicarlles o protocolo de absentismo escolar.

O tempo. Pola tarde os chuvascos xa van ser moi ocasinais.

Comeza a folga na compañía de chamadas Teleperformance da Coruña, por un ERE que afecta a 38 traballadores na cidade e a centos en todo o estado

- A CIG critica que o Ministerio pra Transición Ecolóxica promova novos concursos de evacuación de transición xusta, sen contar con Meirama e as Pontes

- Gandeiros de Mazaricos quéixanse da exclusión do municipio do plan cinexético contra o xabarín

-Comeza a Semana da Mobilidade, na Coruña, cunha vintena de actividades divulgativas, e e Carballo, cun proxecto piloto de autobús urbano