Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

o BNG levará ao Parlamento galego as demandas da capital. Avanzouno a voceira nacional do Bloque, na súa visita institucional ao concello

O ex-director xeral de Minas da Xunta, Ángel Bernardo Tahoces, compareceu este xoves como investigado nun suposto delito de falsidade documental

En Arteixo denuncian que quedan sen patrullas da garda civil todas as noites e fins de semana. O alcalde, do PP, alega motivos políticos detrás deste agravio

Nove meses despois do accidente dun autobús en Cerdedo, que acabou no río Lérez, a Garda civil conclúe que a causa foi o exceso de velocidade.. O informe co que o delegado do goberno responde ós alcaldes atribúen os accidentes nesta estrada ó mal estado da calzada.

Aumenta a preocupación polo futuro daquelas empresas que ocupan terreos que pertence a comunidades de montes que queren facer valer os seus dereitos. E, Santiago conclúe hoxe o cumio europeo sobre o futuro do emprego e o diálogo social.

O tempo.

A partir de hoxe Galicia irá quedando progresivamente baixo influencia anticiclónica.

Hoxe soubemos que a garda civil atribue a un exceso de velocidade o accidente do autobús que caeu o río Lérez, o día de noiteboa en Cerdedo e no que lembramos, faleceron 7 persoas. Anunciouno o delegado do goberno en Galicia.

Tamén, Xornada a deste xoves marcada pola visita da vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz a Compostela no marco dun cumio polo futuro do traballo.


Non olvidamos o sector naval que continúa mobilizándose trala morte dun operario este pasado mércores-
 

Santiago acolle un cumio titulado "O futuro do traballo e o diálogo social". Participa a titular Traballo, Yolanda Díaz, así coma ministros doutros países da Unión, empresarios e sindicatos.

A chamada "covid" das vacas chegou xa a dúas granxas da Capela e Abegondo. A mortandade é moi baixa pero a propagación é rápida. Non hai vacina pra esta infección.

Os pescadores galegos e da cornixa cantábrica insisten en pedir a anulación do Decreto que fixa ás áreas de explotación de eólica mariña. Agardan que en base a informes xurídicos o declaren nulo mentras o Supremo non se pronuncie, algo que poder tardar dous anos.

O ex-director xeral de Minas da Xunta Ángel Bernardo Tahoces comparece arestora como investigado en relación coa mina de San Finx, en Lousame. Impútaselle a autoría de informes que minimizan o impacto ambiental da explotación que se quere reactivar.

O exdirector de Minas da Xunta, Bernardo Tahoces, declarará hoxe por varios delitos de falsidade documental en relación á mina de San Finx

Os traballadores da sanidade privada na Coruña comezaron este mércores as súas mobilizacións para esixir un novo convenio

O PSOE de Santiago non apoiará os orzamentos se o BNG inclúe unha partida pra demoler a Casa da Xuventude, Con todo, a alcaldesa refírmase na súa intención

Mobilizacións no sector naval polas condicións de traballo nas auxiliares. Hoxe hai convocado un paro na ría de Vigo tra-la morte dun traballador e en Ferrol.. tamén protestas polo empioramento das condicions laborais nestas empresas.

Van a máis as queixas pola falta de prazas nos servizos de transporte en Galicia.. no caso do tren críticas tamén os retrasos.

A dous días do comezo do outono o tempo xa se parece o da estación que vai entrar. Destaca o vento e a chuvia...

Despois do paso da fronte, quedamos nunha zona de chuvascos.

La Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica (ARMH) comienza los trabajos de exhumación de una fosa en el cementerio de Santa María de Bértoa, en Carballo, A Coruña. La noticia fue emitida el 20 de septiembre de 2023 en el informativo territorial Telexornal - Galicia. Ahí se buscan los cadáveres de los represaliados de la Guerra Civil Francisco Miguel Fernández Díaz, Juan Boedo Pardo, de Pedro Pinilla Calvete y de su padre, Pedro Pinilla Fraga. En Carballo, sus familiares estuvieron presentes en la excavación.

Puedes descubrir más historias de las fosas de la Guerra Civil y el franquismo en el especial de RTVE Noticias

En Santiago arredor dun cento de estudantes concentraronse esta tarde ás portas da facultade de economicas pra denunciar á volta á clase do profesor da USC, Luciano Mendez. Docente que lembramos foi suspendido pola universidade tres anos por proferir comentarios machistas a unha alumna.