Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Sanidade presenta a sua estratexia para implicarse na loita contra o cambio climatico.

Pretende reducir ata 2030 un 60 por cento as emisións de CO2. Unha tarefa na que pretende implicar tanto o persoal do Sergas como os pacientes.

O BNG levará ao Parlamento a posta en marcha dun escudo social para protexer ós cidadáns ante a crise de prezos.

Tras unha reunión da interparlamentaria nacionlista Ana Pontón fixouse como inmediatos retos lograr que Galicia non se baixe do tren das nacións e liderar o futuro goberno autonóico.

Os traballadores do estaleiro Metalships levaron hoxe a súa protesta a Moaña.

Concentráronse ante as instalacións do grupo Rodman. Levan unha semana de folga polo despedimento de 7 compañeiros.

Avanza a renovación do corredor ferroviario entre Lugo e Ourense.

Máis da metade do novo túnel do Oural xa está feito. Avanza a un ritmo de 45 metros por semana.

O tempo. pola tarde haberá máis nubes pero non se agardan chuvias.

Ás portas do comezo escolar, A Federación de ANPAS de COmpostela e a concellería de Educación buscarán retomar a posta en marcha do Consello Escolar Municipal. Un órgano que non se convoca desde o ano 2011.

- Santiago contará con nova depuradora en maio de 2026. O goberno licitou o contrato pras obras, logo de incluir o incremento dos prezos e os gastos non imprevistos.

-O persoal de limpezas de Correos na provincia da Coruña comeza unha folga indefinida en protesta polos incumprimentos salariais e laborais da concesionaria. A partir das 11 concentraránse na sede de Correos en Santiago.

-Santiago acollerá o ECAI, o congreso de intelixencia artificial máis importante de Europa. Será en outubro do ano que vén.

-o BNG da Coruña levará mañá a pleno a feira do libro. Considera o goberno local non estivo á altura da cidade literaria

En quince días empezará a vacinación dos bebés contra o virus sincitial. Será a partir do día 25. A data anunciouna o presidente da Xunta tras visitar unha escola de educación infantil en Vigo. Comezou a actividade nestes centros con queixas pola duplicidade de solicitudes entre centros públicos e privados. Todos son de balde, pero os requisitos non son iguais.

Nas etapas educativas o curso empeza a vindiera semana e o sindicato ANPE agora un comezo conflictivo, sen descartar mobilizacións

O novo curso, escolar e político, marca a actualidade destes días. No Parlamento, o primeiro pleno despois do verán terá lugar a vindeira semana. Segundo soubemos hoxe, un dos asuntos destacados será a transferencia a Galicia da autoestrada AP-9. Será a cuarta vez que se faga a petición dende a cámara galega. O último texto caducou no Congreso ó convocarse ás eleccións xerais de xullo. Debaterase tamén sobre o contrato do SERGAS con clínicas privadas pra derivarlles abortos.

Nas escolas, de momento os que xa están de estrea son os nenos de 0 a 3 anos. Hoxe, primeiro día nun ano no que tódolos centros, públicos e privados, volven ser gratuítos.

E xa hai data para comezar a vacinación contra o virus da bronquiolite, destinada ós nacidos dende abril. Será a partir do 25 de setembro.

Estancadas as negociacións entre as administracións e os bombeiros comarcais pra poñer fin a folga que comezou en xuño.

A parte traballadora tiña prevista esta mañá unha reunión con Xunta e deputacións no Consello de Relacións Laborais pero finalmente NON se celebrou. Só se reuniron deputacións e Xunta

A Mesa Pola Normalización Lingüística abre rolda de contactos cos partidos políticos galegos con representación no congreso

Queren que o debate do uso do galego no Congreso sirva pra estende-la normalización a outros eidos e administracións estatais

Satisfacción de Unións Agrarias ante a decisión da Comisión Europea de revisar as medidas de protección do lobo.

Cren que o aumento da súa presenza pode ser un perigo real pro gando en zonas como Galicia, onde se rexistran máis de 2.200 reses mortas ó ano.

A presenza das toxinas nas nosas rías pode ser unha boa nova pros produtores de mexillón

É indicativa da chegada de fito-plancton, que é o principal alimento dos moluscos. Chega xusto cando os bateeiros se queixaban do pouco crecemento que estaba a experimentar durante este verán.

No tempo, ceos parcialmente cubertos, e chuvascos que van remitindo

Non acabou a temporada turística pero o sector servizos xa comeza a perder emprego. Así agosto xa se pechou cun aumento do paro.

A uns días do comezo do curso a oposición política considera insuficientes as axudas da Xunta ás familias pra afrontar os gastos escolares.

E sanidade amplía a idade para os cribados de cancro de mama. Agora o límite estaba en 70 anos, agora xa comezou a chamar a mulleres de ata 74 anos

O paro, protagonista da actualidade neste primeiro luns de setembro, con 280 desempregados máis en agosto, coincidindo co final da tempada estival.

Nun día coma hoxe volvemos fixarnos tamén no mosquito tigre, que agora se estendeu a Redondela.

E miramos ás estradas, con dous atropelos mortais en Arzúa e Sanxenxo. Ademais, na A-55, en Mos, retencións quilométricas esta tarde por un camión que saíu da vía e acabou sobre a medianeira.

Sen esquecer tampouco a Cultura... parabéns pro compositor vigués Eduardo Soutullo, que vén de ser recoñecido cun dos Premios Nacionais de Música.