Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Agora si. A central térmica das Pontes xa ten prazo pro seu peche definitivo. De aquí a doce meses, como máximo, deixará de funcionar por completo. A autorización publicábase esta mañá no BOE e os traballadores xa demandan a convocatoria urxente da Mesa para unha Transición Enerxética Xusta.

Polo demais, atentos ós lumes, con 150 hectáreas arrasadas nos concellos de Palas e Castro de Rei. Os dous estabilizados.

E unha vítima mortal nas estradas. Un home de 33 anos en Manzaneda.
 

Os contaxios con covid estabilizanse en Galicia, despois da repunta de finais de xullo.

O SERGAS insiste en que agora os síntomas son leves e adianta que a campaña de vacinación do outono volverá facerse coa da gripe.

Preocupación entre os bateeiros da ría de Arousa pola elevada mortandade do mexillón nas bateas.

Algúns perderon ata o 40 por cento da produción. Cren que a principal causa pode ser o aumento da temperatura da auga.

Gandeiros do interior da provincia de Ourense alertan dos numerosos ataques producidos por lobos nas últimas semanas.

Indican que no que vai de ano xa se superaron o número de partes emitidos en todo o 2022.

A Garda Civil difunde os retratos robot dos supostos autores dunha agresión sexual no Porriño.

Pide a colaboración cidadá. Quen poida aportar algún dato debe comunica-lo no teléfono : 600 461 444.

No tempo, xornada moi diferente a dos últimos días, aproxímase unha nova fronte..

En Pontevedra, hoxe só están abertos dous dos catro parques comarcais de bombeiros.

Os traballadores lamentan que a Xunta e as Deputacións priorizansen as vacacións á busca dunha solución para o conflcito que dura xa máis de dous meses.

Concentración esta tarde en Monforte en repulsa pola presunta agresión sexual a dúas mozas durante as festas

Hai dous rapaces investigados: un deles está en liberdade con medidas cautelares, outro nun centro de menores

Caída demográfica en Galicia cun 1'5 por cento de nacementos menos que na primeira metade de 2022

Os expertos cren que hai que mellorar a conciliación e, ó tempo, dar novos servizos pra coidar ós maiores

Día da Galiza Mártir: Poio acolle arestora un acto en homenaxe ós represaliados do Franquismo

Alí foi asasinado un día coma hoxe do 36 Alexandre Bóveda, impulsor do Partido Galeguista. Pola tarde os actos trasládanse ó cemiterio de San Amaro, en Pontevedra


No tempo... por diante unha tarde con máis nubes cara ó leste nun día de transición porque mañá volve a choiva.

Decretada a posta en libertade, dun dos detidos en Monforte de Lemos, acusado de violación a duas mozas durante as festas patronais . O outro acusado ingresou nun centro de menores. o Concello de Monforte anunciou que se persoará como acusación particular no caso.

De seguido ampliamos esta información, agora, outros titulares da xornada con Paula Filgueiras

O Parque de bombeiros de Ordes reabre hoxe tras estar pechado por cuarta vez ante a falta de efectivos, provocada pola folga indefinida dos parques comarcais, activa dende o pasado mes de xuño

A asociación de veciños de Coeo e Recimil segue reclamando unha solución ao paso a nivel no que morreron dous traballadores de Adif, de 19 e 21 anos, tras seren embestidos por un tren o pasado 19 de Xuño.


O verme militar estase convertindo no principal problema pros agricultores de Santa Comba e Mazaricos debido ós agresivos ataques que están producindo nas plantacións do millo.

As miradas están postas hoxe no Congreso. Ábrese unha nova lexislatura con todo por decidir...o que pase hoxe pode dar unha idea sobre a formación do novo goberno. Esto en Madrid... En Galicia, estamos pendente da dobre violación en Monforte... un dos dous presuntos autores da agresión sexual quedou en liberdade, con medidas cautelares, o outro, como é menor, ingresou nun centro de reinserción.
Hoxe haberá unha concentración de repulsa.

39 persoas representarán a Galicia na décimo quinta lexislatura que comezará mañá no Congreso e Senado, e xa coñecemos cales son as prioridades dos respectivos grupos, as que levarán á axenda parlamentaria para defender os intereses dos galegos. O PP centrarase na captación de fondos; PSOE e Sumar queren frear o despoboamento e o BNG pide máis autogoberno.

Os nacionalistas anunciaron por certo esta mañá o seu apoio á proposta socialista para que a balear Francina Armengol sexa a próxima presidenta do Congreso.

-En Santiago. Os veciños do entorno do Antigo Club Financieiro Atlántico protestan polos problemas que xeran os okupas e anuncian movilizacións.

-O Concello de Bergondo queda en pleno mes de agosto sen Policía Local, as oficinas están pechadas e ningún dos axentes atópase operativo.

-Os apicultores ourensás prevén unha campaña díficil, marcada polo aumento da avispa asiática e pola ameaza que supón para as abellas comúns.
 

Alta ocupación estes días nos establecementos turísticos, iso supón máis beneficios pero tamén problemas en moitos concellos...porque os servizos non están preparados para cando se multiplica por catro a poboación. É o caso de Barreiro onde a alcaldesa lle pide á Xunta que cumpra os seus compromisos co municipio, por exemplo pra ampliar a rede de abastecemento de auga. En Cangas as protestas son veciñais polo descontrol nos aparcamentos.
Un verán no que temos quedar conta doutra morte nunha praia..Un cidadán portugués faleceu este martes nunha praia de Baiona. Foi rescatado da auga sen coñecemento e xa non puido ser reanimado. O suceso produciuse na praia Ladeir. A víctima tiña 78 anos e era veciño de Monçao.

O tempo. Continuamos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. As temperaturas algo máis altas, sobre todo no norte.