Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Navantia avanza na construcción da primeira fragata da serie F-110 coa colocación da quilla pra empezar a traballar na grada e anuncia que no outono xa empezará coa segunda. Un proxecto que sitúa ó estaleiro público como referencia mundial.
En Vigo, a Autoridade Portuaria considera un primeira paso a retirada do avance do documental de National Geografic que aseguraba que vinculaba ó porto coa pesca ilegal.
A folga na recollida do lixo en Vilagarcía de momento está en suspenso e as negociacións abertas.
E, mantense o risco de incendios.. o último en Arteixo, o sgundo en tres días xa queimou 20 hectáreas.

Despois de varios días de indignación en Vigo, National Geographic acepta retirar o resumo da súa reportaxe na que sitúa ó porto da cidade olívica coma o maior de pesca ilegal de Europa. Hai satisfacción na Autoridade Portuaria, que agora agarda que o documental completo non se emita. Se é así, seguiran coas accións legais.

Seguen insistindo no amplo control que se fai das capturas que chegan nas embarcacións, máis aínda tendo en conta que na cidade está a sede da Axencia Europea de Control da Pesca.

Hoxe xa non pasaremos tanta calor coma onte, sobre todo, na costa.... as neboas mesmo refrescan o ambiente en moitos puntos nestas primeiras horas. Aínda así, no interior, non chegarás a rebasar os 40 graos como ocorriu onte, pero manteranse as temperaturas altas.
Un mércores de loito en Chantada pola morte de dous mozos nun accidente provocado por un xabaril na estrada.
E buscaremos datos da que pode ser a primeira moción de censura tra-las municipais. A que se prepara no concello ourensán do Irixo.
 
Con las olas de calor cada vez son más los que miran al norte. En Galicia, Asturias o Cantabria han aumentado las inversiones inmobiliarias. El norte gana interés entre los que buscan una segunda residencia. Las inversiones de extranjeros en Asturias y Galicia, por ejemplo, han aumentado más de un 30%.