O baixo nivel de precipitacións dos últimos meses obriga ós concellos máis afectados a estudar alternativas pra garanti-lo suministro. Así o está a facer xa o concello da Coruña, que se abastece do encoro en peor situación da conca Galicia Costa, o de Cecebre. Prepáranse pra tomar auga do lago artificial da antiga mina de Meirama se a situación fose extrema, pero non agardan ter que aplicalo
Na confederacion Miño-Sil, por outra banda, só vixilancia, porque ainda que os encoros están por baixo da media histórica aínda non se dan as condicións pra declarar prealertas.
Noticias de Lugo- Novas de Lugo en Radio Nacional y Radio 5
Os concellos dan a voz de alarma. Aseguran que están afogados economicamente e piden máis apoio da Xunta, sobre todo para garantir a viabilidade do servizo de axuda no fogar e as escolas infantís. O goberno galego non pensa, polo momento, nun incremento das subvencións.
Polo demais, primeira moción de censura neste mandato nun concello galego. Foi no Irixo, na provincia de Ourense, e acabou con máis de tres décadas de goberno do Partido Popular.
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira e Carlos Cerecedo.
Os centros educativos galegos terán uns 2 mil alumnos menos este curso
A consellería sostén que iso permite baixa-las ratios mantendo o número de profesores, pero os sindicatos aseguran que seguen os mesmos alumnos por aula porque cada vez hai menos ensinantes
O PSOE de Lugo denuncia que hai 33 mil persoas de 14 concellos en risco de desatención médica
Reclaman mecanismos pra cubri-las xubilacións dos médicos do Sergas de atención primaria
As mariscadoras da contorna de Sanxenxo recibirán atención específica ós problemas de solo pelviano
Vense agravados pola súa actividade laboral. Unha matrona promove un programa específico pra axudalas a previlos e resolvelos
O Irixo culmina con éxito a primeira moción de censura dende o 28M
A independente Susana Iglesias asume a alcaldía da vila que alternará co candidato do PSOE. Derroca ó rexedor do PP, partido que levaba na alcaldía máis de 30 anos
No tempo, xornada de ceos nubrados e chuvias ocasionais
O caso de Luis Rubiales chega ó Parlamento galego. O BNG está disposto a pedir na cámara a dimisión do presidente da Federación Galega de Fútbol se Rafael Louzán non dá o paso antes. Nacionalistas e socialistas consideran intolerable que minimizase o comportamento de Rubiales coa xogadora Jennifer Hermoso, por moito que na reunión da pasada tarde os presidentes das federacións territoriais pedisen o cese de Rubiales.
Centos de persoas concentráronse a pasada tarde nunha decea de localidades galegas en apoio á futbolista.
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira e Carlos Cerecedo.
Os partidos reabren o curso político debatendo sobre machismo. En concreto, sobre a posición do presidente da federación galega de fútbol no caso Rubiales. O PSOE e o BNG piden a súa demisión, e apoian as concentracións de apoio a Jenny Hermoso que hoxe se celebrarán en Pontevedra e Vigo. O PP centra as críticas no presidente da federación española de futbol, non ve tibieza na posición de Rafael Louzán e non se suma á petición.
Por outra banda, o BNG asegura que FEijóo non contactou ó seu grupo pra incluilos na súa rolda de reunións de cara a unha eventual formación de goberno.
Vimos dunha fin de semana tráxica nas estradas, con catro falecidos nas últimas horas. Dúas das vítimas mortais rexistráronse nun mesmo sinistro na cidade de Lugo.
Polo demais, o Partido Popular arrancou o curso político, e fíxoo unha vez máis en Galicia, co tradicional acto en Soutomaior. Alí estivo este domingo o presidente da formación, Alberto Núñez Feijóo, coa vista posta na investidura.
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira e Carlos Cerecedo.
Entrevista a Anxo Queiruga, presidente de COGAMI, realizada por Seve Cajide.