Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira e Carlos Cerecedo.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula o contrato de Cespa, a concesionaria de recollida de refugallos da Coruña na que se tería xestado a suposta trama corrupta do sindicato de limpeza STL.
Sobre a posible aplicación dunha taxa turística en Santiago, o presidente da Xunta lembra que o sector turístico pide máis información e que a lei que regularía esta taxa non afectaría unicamente á capital de Galicia.
Na Coruña, xa é obrigatorio limpar con auga os ouriños dos cans na vía pública. a ordenanza quedou aprobada onte no primeiro pleno da cidade.
Preocupación en Valdoviño polo aspecto e cheiro do encoro de As Forcadas que abastece á comarca de Ferrolterra. os veciños da zona queixanse de que non poden facer uso do encoro pra actividades de ocio, xa que non é apto pro baño ou pra pesca.
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira e Carlos Cerecedo.
A Xunta actualiza o calendario ve vacinas para os bebes e empezará a administrar a primeira dose contra o rotavirus. Acordo adoptado no consello semanal que tamén aprobou o decreto coas normas que permiten transformar os baixos comerciais en vivendas.
Primeiro foi o sindicato Anpe, agora é a CIG a que da un ultimatum a Educación pra evitar unha folga do profesorado: insta a consellría a que presente este mes unha proposta de redución de horario. Por certo, o luns, a raiña Letizia participará na inauguración do curso escolar nun colexio de Sigüeiro.
O tempo.
Hoxe con risco de treboadas pola tarde en gran parte de Galicia.
Varios asuntos de calado hoxe no Consello da Xunta. O goberno galego aprobou o decreto que flexibiliza as condicións para converter baixos comerciais en vivendas. Ademais,
remitirá á Cámara a nova lei de Calidade Alimentaria. E un anuncio: Galicia empezará o 1 de outubro a vacinar a poboación infantil fronte ó rotavirus. Seremos tamén a primeira comunidade en administrar unha vacina tetra-valente contra o meningo-coco para todos os nacidos a partir do un de xuño deste 2023.
O cerco pide que o ministerio de pesca poña a súa disposición canto antes mais cota de sardiña.
Esta especie foi incluída este ano nos mecanismos de optimización. Ata agora o sector ten que facer un desembolso económico pra poder seguir pescando.
O BNG pidelle a Feijóo que aclare ó Parlamento de Galicia o seu relevante incremento patrimonial.
Calculao en 850 mil euros en dous anos e pide que se reúna a comisión do deputado.
En Vigo, Partido POpular e BNG uníronse pra forzar a celebración dun pleno extraordinario
Queren que o goberno local explique as irregularidades no patrocinio fallido do concerto que Guns and Roses ofreceu en Balaídos o 12 de xuño.
A CIG convocará folga entre o profesorado se a Xunta non presenta este mes unha proposta de redución de horarios.
Galicia é a única comunidade na que o profesora non recuperou os horarios previos á crise do 2008, cando se lles aumentou a carga lectiva.
O tempo. As nubes de evolución que se van ir formando pode descargar algunha treobada. As temperaturas seguen altas.
Nueva Pescanova pretende prescindir dun cento de traballadores nas oficinas de Chapela e Madrid. En plena negociación dabanca pra vender a unha firma canadense o 80 por cento da compañía, a dirección presenta este ERE.
E a catro días pra o comezo do curso escolar a Xunta, ante as críticas dos sinddicatos, mantén que non hai reducción de profesores. Pero en moitos colexios hai protestas e en varios da Costa da morte xa anuncian un boicot ó inicio das clases.
E saiban que continúa a busca de dous homes desaparecidos en Abadín e Pol. Primeiro, de 82 anos está en paradoiro descoñecido desde o luns. A desaparición do segundo, de 72 anos, foi comunicada este martes.
O tempo.
Hoxe agardamos nubes de tipo medio e alto; chuvascos treboentos pola tarde no interior e temperaturas sen cambios.
Cando as familias xa están metidas na conta atrás pro inicio do novo curso escolar, continúa o baile de cifras sobre as ratios na aula entre a Consellería de Educación, as ANPAs e os sindicatos.
Polémica ademais ó redor dos comedores escolares, nun día no que soubemos que Nueva Pescanova presenta un ERE para extinguir ó redor de cen contratos en Redondela e Madrid.
Sanidade presenta a sua estratexia para implicarse na loita contra o cambio climatico.
Pretende reducir ata 2030 un 60 por cento as emisións de CO2. Unha tarefa na que pretende implicar tanto o persoal do Sergas como os pacientes.
O BNG levará ao Parlamento a posta en marcha dun escudo social para protexer ós cidadáns ante a crise de prezos.
Tras unha reunión da interparlamentaria nacionlista Ana Pontón fixouse como inmediatos retos lograr que Galicia non se baixe do tren das nacións e liderar o futuro goberno autonóico.
Os traballadores do estaleiro Metalships levaron hoxe a súa protesta a Moaña.
Concentráronse ante as instalacións do grupo Rodman. Levan unha semana de folga polo despedimento de 7 compañeiros.
Avanza a renovación do corredor ferroviario entre Lugo e Ourense.
Máis da metade do novo túnel do Oural xa está feito. Avanza a un ritmo de 45 metros por semana.
O tempo. pola tarde haberá máis nubes pero non se agardan chuvias.
- Noticias de Lugo- Novas de Lugo en Radio Nacional y Radio 5