O mes de agosto déixanos a primeira suba do paro dende o mes de febreiro. É un aumento pequeno, dun cuarto de punto, pero abonda pra acabar cunha tendencia positiva e pra poñer no foco, de novo, a estacionalidade no emprego do sector servizos. Caen tanto os contratos indefinidos coma os eventuais, e tamén hai menos afiliados. Os sindicatos apuntan ó modelo turístico, e alertan de que unha vez máis o empeoramento afecta máis ás mulleres.
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira e Carlos Cerecedo.
Cando nunha semana empece o curso escolar farao con menos aulas. Educación atribúeo a reducción de matrículas. O conselleiro, Román Rodríguez, responde en Radio Nacional as críticas...dixo que co bipartido, cando non había un descenso demográfico tan importantye, se pechaban máis. Hoxe a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ten previsto reunirse con representantes das ampas.
E, novo accidente dunha embarcación deportiva na ría de Arousa. Bateu contra unha batea preto da illa. Unha muller tivo que ser trasladada ó hospital do Barbanza. Hai dous meses xa se produciu un choque mortal.
O tempo, situación tranquila, aínda que continúa a inestabilidade atmosférica, pero con temperaturas máis altas.
Entrevista co Conselleiro de Educación en Galicia, Román Rodríguez.
Realizada por Severino Cagide.
Acabamos de sabelo: José Alberto Pazos Couñago será o novo portavoz do Partido Popular no Parlamento galego. Alfonso Rueda elixe ao deputado pontevedrés para sustituír a Pedro Puy.
Alerta entre os bateeiros polo aumento da mortandade do mexillón, en parte, pola alta temperatura da auga. Piden á Xunta que investigue este fenómeno para buscar solucións. (SEVE)
A soidade durante a vellez está detrás de que Galicia sexa a comunidade con maior consumo de antidepresivos: por cada mil habitantes dispénsanse preto de 150 doses
O Concello de Lugo estuda permitir unha suba no custo das racións de polbo nas casetas do San Froilán. Os polbeiros aseguran que non lles dá para cubrir gastos. (sEVE)
Arredor dun setenta por cento do alumnado da educación pública en Galicia recibe algún tipo de axuda. É o que defende o conselleiro de Educación Román Rodríguez, co que falaremos no noso tempo da entrevista.
Entrevista co Catedrático de Formación Profesional especializado en Intelixencia Artivicial, Francisco Puentes.
Realizada por Seve Cagide.
Galicia segue batindo records turisticos. Tamen en agosto. Tanto en numero de visitantes coma de peregrinos. NO que levamos de ano houbo sete millóns de pernoctacións.
A alcaldesa de SAntiago porá sobre a mesa a cuestión da taxa turística na reunión co presidente da Xunta o próximo 2 de outubro (seve)
O sindicato CIG censura que a educación concertada conte cun maior apoio da Xunta que os centros públicos, no que se refire a atención á diversidade.
Denuncian que o centro de saúde de Cangas quedou este venres pola tarde sen ningún facultativo. Isto únese á escalada de queixas que están a chegar este verán a este centro.
O BNG valora positivamente que Íñigo Urkullu poña sobre a mesa o debate sobre a cuestión nacional
Considera moi necesario avanzar no autogoberno en Galicia, especialmente tras anos sen que se transfiran sequera as competencias previstas no estatuto.
Manuel Cabezas fai efectiva a súa renuncia á acta de concelleiro en Ourense
O que fora candidato á alcaldía do PP abandona o consistorio, molesto polo apoio do seu partido a Gonzalo Pérez Jácome
A unidade especializada en violencia de sxénero da comisaría de Vigo está saturada
Pasaron este ano de 21 a 11 axentes, que deben atender ata cinco casos ó día de violencia machista, agersións sexuais ou menores
3 artesás galegas participan dende hoxe na bienal de artesanía de Corea do SUl
Son Mercedes Vicente, Marta Armada e Idoia Cuesta, que será a imaxe da delegación española na mostra, como país invitado.
A poucos días do comezo do curso escolar, os alumnos de Segundo de Bacharelato poden respirar algo máis tranquilos. Nun ano especialmente difícil xa saben polo menos que a ABAU de 2024 será moi similar á de anos anteriores. En Galicia estaban nesta situación 12 mil estudantes.
Hoxe tamén falamos da dimisión como concelleiro do candidato do PP en Ourense. Manuel Cabezas deixa a corporación tras desmarcarse do pacto do seu partido con Jácome.
Ademais, Augas de Galicia abre expediente sancionador á xestora da mina de San Finx, na localidade coruñesa de Lousame.
E repasamos os acordos do Consello da Xunta. Entre outras cousas, redúcese o prazo mínimo para un enterramento. Pasará de 24 a 12 horas.
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira e Carlos Cerecedo.
A nova ABAU non se implantará este curso. O goberno informou hoxe ás comunidades desta decisión, que coincide coas posturas expresadas previamente polo goberno galego. Consideraba que era demasiado tarde pra muda-las programacións e preparacións do alumnado. Nesta ocasión tamén o ven do mesmo xeito os sindicatos,. Chegados a este punto é mellor que non se implante, din dende a CIG; que iso sí, lamenta que os novos exames non se puxeran en marcha hai meses.
O baixo nivel de precipitacións dos últimos meses obriga ós concellos máis afectados a estudar alternativas pra garanti-lo suministro. Así o está a facer xa o concello da Coruña, que se abastece do encoro en peor situación da conca Galicia Costa, o de Cecebre.
Na confederacion Miño-Sil, en cambio, de momento, só vixilancia.
É un dos argumentos informativos deste último día de agosto, no que tamén falamos do aborto e do recurso que presentará Comisións Obreiras ante a Valedora do Pobo pola decisión da Xunta de derivar máis casos a clínicas privadas.
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira e Carlos Cerecedo.
Noticias de Lugo- Novas de Lugo en Radio Nacional y Radio 5
Noticias de Lugo en Rtve