O ceo irase cubrindo desde as primeiras horas, empezando polo Noroeste, con precipitacións que pola tarde serán xeneralizadas de carácter moderado, localmente fortes no interior de Pontevedra e o Norte da Coruña. Vento do Sueste pola mañá, forte no litoral e moderado no interior, rolando a Noroeste pola tarde. Temperaturas serán suaves pola mañá, pero en acusado descenso durante a tarde. 01/02/13
A reunión entre a presidenta da Cámara e os grupos para consensuar o acceso á tribuna de invitados acaba sen acordo pero con boa disposición para volver á normalidade parlamentaria. O presidente da Xunta pide que o caso Bárcenas non afecte ó funcionamento do Goberno. Pasan a disposición xudicial os dous detidos en Ames por prender lume a dúas mulleres.
Unións Agrarias estima que a metade do cereal de inverno sementado na Limia está afectado polas últimas chuvias. 4.000 hectáreas mantéñense anegadas, das que unha cuarta parte poderían perderse se o nivel da auga non baixa pronto. // A Xunta quere renovar os centros galegos no exterior, fomentar a súa unión e lograr que funcionen tamén como plataformas comerciais para a internacionalización das nosas empresas. Así o recolle o anteproxecto de lei da galeguidade, que acaba de aprobar o consello da Xunta. // En Vilanova de Arousa a policia local informará sobre as diferencias entre os niveis de renda oficial dunha persoa e as súas propiedades e nivel de vida. O Concello pretende que narcotraficantes con ingresos legais baixos se beneficien de axudas sociais. 31/01/13
O PP defende a actuación da presidenta do Parlamento tra-los incidentes do pleno dos orzamentos. A oposición critica o seu talante. Os afectados polas preferentes non comparten as declaracións optimistas dos partidos despois do acordo sobre arbitraxe entre PP e PSOE.
A presidenta da Cámara, Pilar Rojo, cualifica de "atentado a unha alta institución do Estado" os últimos incidentes no Parlamento. Responsabiliza ós deputados da situación. Continúan graves as dúas mulleres queimadas en Ames tras ser rociadas con gasolina. A Fiscalía investiga unha presunta estafa na confraría de Cambados.
Falamos con Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta e secretario xeral do PPdeG. Abordamos os problemas internos no partido, as consecuencias do Congreso autonómico e a corrupción.
Repasamos a actualidade parlamentaria da semana con Cruz Mato.
Galicia presenta a súa oferta en Fitur, un dos maiores escaparates turístico de europa, tentando darlle pulo a un dos sectores que máis está a sufrir a crise. // A Xunta quere renovar os centros galegos no exterior, fomentar a súa unión e lograr que funcionen tamén como plataformas comerciais para a internacionalización das nosas empresas. // A presidenta do Parlamento reunirase mañá cos grupos parlamentarios para concretar as normas de acceso á cámara. // O concello de Vilanova de Arousa quere impedir que narcotraficantes con ingresos legais baixos accedan a axudas sociais. // O ex eclectricista da catedral saiu onte á tarde do cárcere de Teixeiro. // Hoxe é xoves de compadres, no que os mecos preparados polas mulleres caricaturizan aos homes. 31/01/13
Galicia presenta a súa oferta en Fitur. // A Xunta quere renovar os centros galegos no exterior. // A presidenta do Parlamento reunirase mañá cos grupos parlamentarios para concretar as normas de acceso á cámara. // O concello de Vilanova de Arousa toma medidas para que os narcotraficantes accedan a axudas sociais. // Fernández Castiñeiras, en liberdade. // Xoves de compadres, anticipo do Entroido. 31/01/13
Nas primeiras horas, ceos nubrados e algunhas chuvias no Noroeste. A medida que avance a xornada, as chuvias desaparecen e iranse abrindo claros, que pola tarde serán grandes claros agás no Oeste. Vento de compoñente Sur, moderado no litoral, con momentos fortes na Coruña, e máis frouxos no interior. Temperaturas sen cambios moi significativos, con algúns ascensos no interior. 31/01/13
O presidente da Xunta cre que o PP debe investigar e auditar o caso Bárcenas. A presidenta do Parlamento reunirá mañá a tódolos grupos para abordar as cuestións das visitas á Cámara. Incidentes na folga de ambulancias.
Dous plenos suspendidos no que vai de semana. Os portavoces municipais de Vigo deciden arestora se continúan co debate dos orzamentos do Concello, interrompido o luns e esta mañá polas protestas de traballadores de varias concesionarias. // Este veciño de Lugo está sendo xulgado na Audiencia Provincial por tentar asasinar a súa esposa ata en tres ocasións. Tamén o acusan de ameazas e maltrato habitual á súa muller, ás súas fillas e a súa sogra. O fiscal pide para el 33 anos de cárcere e a acusación particular máis de medio século. // O autor confeso do roubo do Códice Calixtino sae esta tarde do cárcere. Manuel Fernández Castiñeiras, o ex electricista da catedral de Santiago, estaba en prisión desde xullo. Tras completarse a instrución da causa, a Audiencia Provincial da Coruña autorizou a súa posta en liberdade. 30/01/13
A agresión a un cámara de televisión foi o momento máis tenso que se vivía onte ás portas dos xulgados de Ourense ao intentar recoller as impresións das primeiras testemuñas chamadas a declarar na causa aberta contra José Luis Baltar. // A Xunta e o PP ven aínda máis xustificada a decisión de Pilar Rojo de controlar o acceso de invitados aos plenos, mentres que os partidos da oposición a rexeitan. // A Garda Civil interroga ós dous detidos como presuntos responsables da agresión que sofriron o pasado domingo dúas mulleres, queimadas en plena rúa en Ames. Polo visto, hai suficientes probas que os incriminan. // Un veciño de Lugo está sendo xulgado na Audiencia Provincial por tentar asasinar a súa esposa ata en tres ocasións. // Rematada a instrución do sumario do roubo do Códice Calixtino, o xuíz que a levou a cabo publica unha novela centrada na catedral de Santiago e baseada en personaxes e situacións reais, aínda que a trama é ficticia. 30/01/13
Primeiras declaracións na causa aberta contra José Luis Baltar. // A Xunta e o PP ven aínda máis xustificada a decisión de Pilar Rojo de controlar o acceso de invitados aos pleno. // A Garda Civil interroga ós dous detidos pola agresión a dúas mulleres, queimadas na rúa. // Xulgado por tentar asasinar a súa esposa en tres ocasións. // O xuíz Vázque Taín publica unha novela centrada na catedral de Santiago e baseada en personaxes e situacións reais, aínda que a trama é ficticia. 30/01/13
Ceos moi nubrados ou cubertos con chuvias, especialmente na metade Noroeste. Vento de compoñente Sur, forte no litoral e moderado con refachos fortes, no interior. Temperaturas sen cambios significativos ou en lixeiro ascenso. 30/01/13
Plante dos deputados da oposición no Parlamento galego, en protesta pola decisión da presidenta de controlar persoalmente o acceso de invitados á cámara. Deputados de AGE e o BNG volveron despois con traballadores de Navantia e das Universidades. A presidenta suspendeu a sesión mentres os desaloxaban e cualificou de atentado estes feitos. // O direccion dun instituto de Lalín expulsou temporalmente do centro a unha rapaza de 16 anos que lideraba un grupo que acosaba a unha compañeira. A menor xa o sufría dende o curso pasado, polo que seus pais tamén o denunciaron á Garda Civil. // As chuvias persistentes deste inverno están a provocar unha masiva mortandade de ameixa e berberecho en bancos marisqueiros das rías de Arousa e Vigo. Nesta última, en Arcade, unhas 90 mariscadoras de a pé van estar no paro ata a primavera, por falta de marisco. 29/01/13
Plante dos deputados da oposición no Parlamento galego, en protesta pola decisión da presidenta, Pilar Rojo, de controlar persoalmente o acceso de invitados á cámara para evitar protestas durante as sesións. // Delegados sindicais de Navantia e a industria auxiliar protestan tras coñecer que a dirección da empresa rexeita construír o dique flotante para dotar de carga de traballo ao estaleiro público. // O presidente de Novagalicia Banco José María Castellano amósase favorable a acelerar a vía da arbitraxe para solucionar os casos de afectados por participacións preferentes que poidan acollerse a esa vía. // Catro nenas de 16 anos foron detidas pola Garda Civil por acosar e colgar fotos íntimas dunha compañeira de instituto nunha rede social. Ocorreu en Lalín. // As chuvias persistentes deste inverno están a provocar unha masiva mortandade de bivalbo nalgúns bancos marisqueiros das rías de Arousa e Vigo. 29/01/13
Plante dos deputados da oposición no Parlamento galego. // Protestas de Navantia e a industria auxiliar. // O presidente de Novagalicia Banco José María Castellano amósase favorable a acelerar a vía da arbitraxe. // Catro nenas detidas por acosar a unha compañeira de instituto. // As chuvias causan mortandade de bivalbo nalgúns bancos marisqueiros das rías de Arousa e Vigo. 29/01/13
No Oeste, predominio de ceos nubrados que poden deixar algunha chuvia débil e ocasional. No resto, ceos con intervalos nubrados pola mañá, con tendencia a apertura de máis claros a partir da tarde. Vento de compoñente Sur forte en todo o litoral alcanzando momentos moi fortes no litoral Norte e moderados con momentos fortes no resto da comunidade. As temperaturas ascenden, en especial as mínimas. 29/01/13
- La presidenta ha decidido autorizar personalmente los invitados
- Y la oposición se ha ido de la Cámara en señal de disconformidad
- En diciembre, afectados por preferentes protestaron en el Parlamento