Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

2012 foi o peor ano para o turismo desde hai nove anos. En Santiago, a cidade galega que máis visitantes atrae, a ocupación media dos hoteis caeu ata un 44 por cento. // Comeza na Coruña o xuízo contra os responsables dun colexio no que morreu afogado un neno de tres anos cando facía un curso de natación. Foi en 2009. // Un paro de media hora nas oficinas e concentracións de delegados sindicais para protestar contra a regulación de emprego en Novagalicia Banco, que prevé o despedimento de 2.500 traballadores. // O Deportivo colleita en Anoeta un punto ante a Real Sociedad que confirma a reacción do equipo co cambio de adestrador. O Celta perdeu contra o Espanyol. // Unha mostra para conmemorar o tricentenario do nacemento de Domingos de Andrade. 14/01/13

2012 foi o peor ano para o turismo desde hai nove anos. // Comeza na Coruña o xuízo contra os responsables dun colexio no que morreu afogado un neno de tres anos. // Un paro de media hora nas oficinas e concentracións de delegados sindicais en Novagalicia Banco. // O Deportivo empata coa Real Sociedad. O Celta perdeu contra o Espanyol. // Tricentenario de Domingos de Andrade. 14/01/13

Intervalos de ceos anubrados e chuvascos, máis frecuentes na metade norte. Cota de neve nos 1.000 metros. Temperaturas sen cambios significativos, con xeadas nas zonas de montaña. Ventos de compoñente norte, moderados no litoral e máis frouxos no interior. 14/01/13

Falamos con Hixinio Mougán, director-xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias. Entre outras cousas, asegura que aínda non se acadaron os prezos necesarios para reequilibra-lo sector lácteo e situalos por riba dos custes de producción.

Ceos nubrados, con precipitacións intermitentes, localmente moderadas, que irán entrando durante a tarde polo Oeste de Galicia. Vento do Sur e Sueste entre frouxo e moderado, con intervalos fortes no litoral atlántico. Temperaturas mínimas en descenso moderado ou localmente notable, con xeadas débiles e illadas no interior. Máximas sen cambios ou en lixeiro descenso. 11/01/13

Oza dos Ríos e Cesuras aproban definitivamente a súa fusión. Os plenos dos dous concellos coruñeses decidírono só cos votos do Partido Popular. Agora o expediente pasa a Xunta, que deberá ratificar o acordo. Os grupos da oposición van impugnar o proceso. // O presidente da Deputación de Ourense rexeita crear unha comisión para investigar a política de contratación de persoal da institución mentres a gobernou seu pai. José Luis Baltar está a ser investigado por un xuíz para ver se prevaricou ao contratar 104 persoas durante a última etapa do seu mandato no organismo provincial. // Os afectados polas preferentes levaron hoxe as súas protestas ás Deputacións de Lugo e Pontevedra. Nesta última, o presidente Rafael Louzán anunciou unha moción para que se manteña a arbitraxe e os afectados non sufran quita. 11/01/13

Oza dos Ríos e Cesuras aproban definitivamente a súa fusión. Os plenos dos dous concellos coruñeses están reunidos desde este mediodía para darlle o visto e prace á unión. // A Deputación de Ourense non vai investigar a política de contratación de persoal de José Luis Baltar durante o tempo que gobernou a institución. O seu fillo e actual presidente do organismo rexeita a petición do PSOE. // Continúan as protestas dos afectados polas preferentes, hoxe centradas nas deputacións de Lugo e Pontevedra. Na cidade do Lérez, sumáronse alcaldes de todas as formacións políticas. // A do Prestige foi a catástrofe máis estudada no noso pais. Nestes dez anos lévanse publicado 145 informes dos investigadores sobre os efectos da súa marea negra, que os expertos consideran superados. // Augusto César Lendoiro terá que recibir a partir de agora o visto bo do administrador xudicial do Deportivo para a toma de decisións. 11/01/13

Oza dos Ríos e Cesuras aproban definitivamente a súa fusión. // A Deputación de Ourense non vai investigar a política de contratación de persoal de José Luis Baltar durante o tempo que gobernou a institución. // Continúan as protestas dos afectados polas preferentes, hoxe centradas nas deputacións de Lugo e Pontevedra. // A do Prestige foi a catástrofe máis estudada no noso pais. // Lendoiro terá que recibir a partir de agora o visto bo do administrador xudicial do Deportivo para tomar decisións. 11/01/13

Os concellos de Oza e Cesuras aproban definitivamente a súa fusión, con senllos plenos. Posteriormente a decisión será ratificada polo goberno galego. O ex presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luis Baltar, asegura en Radio Nacional que non quer alimentar máis polémicas tra-la súa baixa no PP. Novas protestas dos afectados polas preferentes, esta vez, diante das Deputacións.

Prisión para o presunto membro de Resistencia Galega, Adrián Mosquera Pazos. Detido con case dous quilos de explosivo e tres artefactos "moi sofisticados" o pasado martes en Ames o xuíz impútalle dous delitos de pertenza a organización criminal e tenencia de explosivos. // José Luis Baltar pide a suspensión temporal de militancia no Partido Popular. O ex presidente da Deputación e o PP de Ourense di que o fai para non danar ao partido. // Con máis de 100 millóns de euros de débeda o Deportivo acaba de solicitar de forma oficial no xulgado acollerse á lei concursal. Todo apunta a que xa mañá podería estar formalmente en suspensión de pagamentos. 10/01/13

José Luis Baltar pide a suspensión temporal de militancia no Partido Popular. O ex presidente da Deputación e o PP de Ourense di que o fai para non danar ao partido, tras ser admitida a trámite unha querela contra el por un suposto delito continuado de prevaricación. // O Partido Popular e Alternativa Popular Galega presentan unha moción de censura contra o alcalde socialista do concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras. // A Xunta pon a andar o Consello Galego de Industria, un novo organismo co que tenta darlle pulo ao sector e promover a creación de emprego. // O Celta cae derrotado catro a cero no Bernabeu e queda fóra da Copa nun partido no que non ofreceu a súa mellor cara. // Volven a Pontevedra os ¿Cantos na Maré¿. 10/01/13

José Luis Baltar, expresidente de la Diputación de Orense, abandona temporalmente el PP después de más de 30 años de militancia, la mitad de ellos como presidente del partido en esa provincia. Lo hace después de ser imputado en un presunto caso de prevaricación.

José Luis Baltar pide a suspensión temporal de militancia no Partido Popular. // Moción de censura contra o alcalde socialista no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras. // A Xunta pon a andar o Consello Galego de Industria. // O Celta cae derrotado catro a cero no Bernabeu. // Volven os ¿Cantos na Maré¿. 10/01/13

Ceos nubrados e chuvias intermitentes que, a partir do mediodía, irán remitindo e abriranse grandes claros. Vento frouxo do Noroeste, con intervalos de moderado pola mañá na franxa costeira. Temperaturas sen cambios significativos. 10/01/13

O ex presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luis Baltar, pide a suspensión de militancia temporal no PP para non danar á organización, segundo informou o partido na provincia. O presidente da Xunta e o fillo de Baltar, actual presidente da Deputación, aseguran que é un xesto que o honra. O resto de partidos cre que agora comeza a loita interna no PP e que se trata dunha manobra de distracción.

Ordenan o embargo do de dous dos ex directivos de Novacaixagalicia. A Audiencia Nacional impón esta medida a Julio Fernández Gayoso e Javier García de Paredes por non ter depositado as fianzas que lles impuxera en novembro na investigación por las indemnizacións millonarias que cobraron ao abandonar a caixa. // A estrada de circunvalación de Noia vai estar aberta ao trafico dentro de un ano. A parte mais complexa, a ponte principal que cruza a ría, de case dous quilómetros, está case rematada. Cando estea en servizo esta variante, evitará que pasen polo casco urbano de Noia dous millóns de vehículos. // A Xunta vai aportar este ano 521.000 euros á Real Academia Galega, para compensar, en parte, a redución á metade do que a institución recibe do estado. O presidente Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín, agradece a achega aínda que a considera insuficiente para asegurar o funcionamento normal do organismo. 09/01/13