Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Comeza a tramitación parlamentaria dos orzamentos de Galicia para 2013. Case 8.500 millóns de euros, 222 menos que os deste ano, que se traducen en recortes para todas as consellerías agás a de Facenda. O 77 por cento dos cartos son para gasto social. Aínda así sanidade vai contar con 90 millóns menos e educación reduce en 50 os seus recursos. // Espállanse as protestas dos afectados polas participacións preferentes. Hoxe están ocupando de xeito simbólico o concello de Pontevedra. // A crise e a precaución tras a traxedia do Madrid Arena reducen a case a metade as festas de fin de ano que se van celebrar en Galicia. Aínda así, os empresarios calculan que se farán entre 600 e 800. (28/12/12)

Comeza a tramitación parlamentaria dos orzamentos de Galicia para 2013. Case 8.500 millóns de euros, 222 menos que os deste ano, que se traducen en recortes para todas as consellerías agás a de Facenda. // Espállanse as protestas dos afectados polas participacións preferentes. Hoxe están ocupando de xeito simbólico o concello de Pontevedra. // A crise e a precaución tras a traxedia do Madrid Arena reducen a case a metade as festas de fin de ano que se van celebrar en Galicia. Aínda así, os empresarios calculan que se farán entre 600 e 800. // Galicia segue perdendo poboación. Case catorce mil habitantes no dous mil once e as previsións do Instituto Galego de Estatística estiman unha redución do cinco por cento durante a próxima década. // As redeiras piden formación, para que este oficio artesanal siga vivo no tempo. (28/12/12)

Ceos pouco anubrados ou alternando nubes e claros, con posibilidade dalgunha chuvia no litoral oeste durante a madrugada e as primeiras horas. Ventos do sur, fortes no litoral e nas zonas altas do interior e moderados no resto, intensificándose durante a tarde. Temperaturas mínimas sen cambios significativos ou en lixeiro descenso, e máximas en lixeiro ascenso. (28/12/12)

Comeza a tramitación parlamentaria dos orzamentos de Galicia para 2013. // Espállanse as protestas dos afectados polas participacións preferentes. // A crise e a precaución tras a traxedia do Madrid Arena reducen a case a metade as festas de fin de ano. // Galicia segue perdendo poboación. // As redeiras piden formación, para que este oficio artesanal siga vivo. (28/12/12)

Os orzamentos elaborados pola Xunta para o 2013 inician a súa tramitación no Parlamento. A oposición cualifica de "inocentada" as contas, que reducen as partidas en Educación e Cultura nun 4,3 por cento.; as de Sanidade, un 1,5. O grupo popular asegura que en Galicia se están a facer mellor as cousas ca noutras autonomías. O PIB galego en 2011 decreceu un 0,1 por cento, segundo o INE.

8.479 millóns de euros. O Goberno galego acaba de aprobar inicialmente para o ano que vén os orzamentos autonómicos máis baixos desde 2006. O 77 por cento dedícase ao gasto social. Segundo o presidente da Xunta recórtase en gasto corrente o dobre que en investimentos. // Novagalicia Banco terá un capital social de algo menos de 1.500 millóns de euros tras a reestruturación, e perderán a súa participación nel tanto a caixa de aforros coma os investidores privados. As quitas que se van aplicar aos titulares de participacións preferentes decidiranse nos próximos tres meses. // Luz Casal entrega 43.000 euros á Asociación contra o Cancro de Galicia, a recadación do festival que a cantante organizou en Boimorto. Luz Casal confesa que este certame é un soño feito realidade e anunciou que continuará no tempo, sempre con fins benéficos. (27/12/12)

Ceos moi anubrados e chuvias, persistentes na metade oeste e máis ocasionais no resto. Ventos do sueste, moderados pola mañá, con intervalos fortes no litoral norte, e máis frouxos durante a tarde. Temperaturas en ascenso, moderado nas mínimas e lixeiro nas máximas. (27/12/12)

Algo menos de 8.500 millóns de euros. O Goberno galego acaba de aprobar inicialmente os orzamentos autonómicos para o ano que vén. // Novagalicia Banco terá un capital social de algo menos de 1.500 millóns de euros tras a reestruturación. // O Ministerio de Fomento e a concesionaria da AP-9 pactan, sen concretar data, descontos no tramo da autoestrada entre Pontevedra e Vigo. // Luz Casal entrega 43.000 euros á Asociación contra o Cancro de Galicia. // Unha familia moi numerosa: Esperan o seu fillo número once e aínda non saben se será o derradeiro. (27/12/12)

Algo menos de 8.500 millóns de euros. O Goberno galego acaba de aprobar inicialmente uns orzamentos autonómicos para o ano que vén moi contidos e dedicados nun 77 por cento ao gasto social. // Novagalicia Banco terá un capital social de algo menos de 1.500 millóns de euros tras a reestruturación e perderán a súa participación nel tanto a caixa de aforros coma os investidores privados. // O Ministerio de Fomento e a concesionaria da AP-9 pactan, sen concretar data, descontos para os usuarios habituais no tramo da autoestrada entre Pontevedra e Vigo. // Luz Casal entrega 43.000 euros á Asociación contra o Cancro de Galicia, que é a recadación do festival que a cantante organizou en Boimorto en setembro. // Unha familia moi numerosa: Son os Cuadrado, viven en Ferrol, esperan o seu fillo número once, e aínda non saben se será o derradeiro. En Galicia viven hoxe case vinte mil familias numerosas. (27/12/12)

A Xunta aprobou os orzamentos de 2013. Son 8.479 millóns de euros, un 3 por cento menos ca este ano. Protesta dos funcionarios en San Caetano coincidindo co Consello da Xunta. O Fiscal Superior de Galicia urxe á Audiencia da Coruña a dar unha resposta sobre a demanda das preferentes. Carlos Varela está disposto a chegar ó Constitucional neste caso.

O Parque Nacional das Illas Atlánticas estrea ¿casa na cidade¿. Situada no Casco Vello de Vigo, quere ser antesala da visita a Cíes, Ons, Cortegada ou Sálvora. Unha maneira de que os visitantes as coñezan mellor para aproveitar máis a súa estancia nelas e tamén para organizar actividades relacionadas co medio ambiente. // A figura do neno Xesús volve ao belén da praza do Obradoiro, en Santiago. Desaparecera o sábado. Un colectivo denominado "Fartas" reivindicou en internet o seu secuestro simbólico para chamar a atención sobre os desafiuzamentos . Esta madrugada, tamén na rede, anunciaban a "liberación" da imaxe do neno, que agora xa está de novo no seu lugar. // Novagalicia Banco traspasa case 5.100 millóns de euros en activos inmobiliarios ao SAREB, o coñecido como banco malo. A cambio, vai recibir renda fixa coa garantía do Estado. (26/12/12)

Alternancia de nubes e claros. Ventos do sueste, moderados no litoral norte, con intervalos fortes entre Bares e Fisterra. Temperaturas en lixeiro descenso. (26/12/12)

O Parque Nacional das Illas Atlánticas abre esta tarde en Vigo o seu centro de atención aos visitantes. // A Xunta busca apoiarse nos emigrantes galegos para potenciar as exportacións. // Protestas dos afectados polas preferentes. // Novagalicia Banco traspasa case 5.100 millóns de euros en activos inmobiliarios ao banco malo. // Conclúe a primeira fase da operación especial de Tráfico do Nadal sen falecidos en Galicia. // A figura do neno Xesús volve ao belén da praza do Obradoiro, en Santiago. (26/12/12)

O Parque Nacional das Illas Atlánticas abre esta tarde en Vigo o seu centro de atención aos visitantes. // A Xunta busca apoiarse nos emigrantes galegos para potenciar as exportacións das nosas empresas e a súa internacionalización. Afirmouno esta mañá o presidente Alberto Núñez Feijóo na toma de posesión do novo Secretario Xeral de Emigración. // Protestas dos afectados polas preferentes. En Ferrol iniciaron unha folga de fame por relevos, no Morrazo celebraron xantares de Nadal e xa anuncian que pasarán xuntos o fin de ano e no Rosal, cearon xuntos na noiteboa, pechados na casa do concello. // Novagalicia Banco traspasa case 5.100 millóns de euros en activos inmobiliarios ao banco malo. // Conclúe a primeira fase da operación especial de Tráfico do Nadal sen ningún falecido en accidentes nas estradas de Galicia. // A figura do neno Xesús volve ao belén da praza do Obradoiro, en Santiago. (26/12/12)

Os sindicatos de Novagalicia Banco non acudirán á reunión convocada para mañá en Madrid para negociar un novo ERE que podería supor o despedimento de 2.500 traballadores. Novo peche dos afectados polas preferentes; esta vez, no concello de Boiro. Anúncianse máis mobilizacións polos desafiuzamentos para o venres. Aparece o Neno Xesús do Belén do Obradoiro.

O grupo parlamentario popular considera que don Xoán Carlos acertou coa radiografía que fixo do país. O PSdeG coincide na chamada á concordia do Rei. AGE e BNG botan en falta máis autocrítica. Os afectados polas preferentes continúan coas protestas, tamén en Nadal. Estamos no tradicional xantar de Nadal da Cociña Económica da Coruña.

O presidente do Goberno felicítalle o Nadal aos soldados que están estes días de misión no estranxeiro. Foi por videoconferencia desde a base da Brilat, en Pontevedra. Mariano Rajoy encomiou o seu traballo. Díxolles que o fan de forma brillante e eficaz e quixo transmitirlles a admiración polo seu labor e o recordo das familias que hoxe están lonxe. // Compras de última hora a prezos que este Nadal non subiron tanto como en anos anteriores, agás nos produtos máis escasos, como o camarón ou o percebe. Moitos dos clientes xa tiñan todo encomendado, pero esperan a recollelo hoxe, para que estea máis fresco. // Sete adegas da denominación de orixe Rías Baixas poñen no mercado os primeiros espumosos feitos con albariño. O resultado é dourado, fresco e con chispa fina e lenta. Ata chegar a el houbo anos de investigación, selección das uvas máis axeitadas, dúas fermentacións e meses de crianza e coidado. (24/12/12)

O presidente do Goberno felicítalle o Nadal aos soldados que están estes días de misión no estranxeiro. Foi por videoconferencia desde a base da Brilat, en Pontevedra. // Núñez Feijóo anuncia nunha entrevisa en Radio Nacional que os perceptores de pensións non contributivas van recibir o mes que vén un suplemento de 200 euros. // Traballadores de Novagalicia Banco concéntranse contra a redución de dous mil cincocentos empregos que contempla o plan de reestruturación da entidade. // Esta tarde vai recibir sepultura en Escairón, a súa vila natal, o histórico líder socialista galego Ceferino Díaz. // Compras de última hora a prezos que este Nadal non subiron tanto como en anos anteriores, agás nos produtos máis escasos. // Sete adegas da denominación de orixe Rías Baixas acaban de poñer no mercado os primeiros espumosos feitos con albariño. (24/12/12)

O presidente do Goberno felicítalle o Nadal aos soldados que están estes días de misión no estranxeiro. Foi por videoconferencia desde a base da Brilat. // Feijóo anuncia que os perceptores de pensións non contributivas van recibir o mes que vén un suplemento de 200 euros. // Traballadores de Novagalicia Banco concéntranse contra a redución de empregos. // Esta tarde vai recibir sepultura o histórico líder socialista galego Ceferino Díaz. // Compras de última hora a prezos que este Nadal non subiron tanto como en anos anteriores. // Os primeiros espumosos feitos con albariño. (24/12/12)