Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

El alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás, ha asegurado este jueves que es inocente, después de conocerse su imputación en el caso Pokemon, por la juez que instruye el caso, Pilar de Lara, que investiga presuntas irregularidades en Ayuntamientos gallegos en adjudicaciones a empresas. Currás ha señalado "estar convencido de que no hay ninguna irregularidad" y que acudirá a los juzgados a declarar "con toda tranquilidad" el próximo 17 de enero.

En decembro apuntáronse nas oficinas públicas de emprego de Galicia 2.250 persoas. É a comunidade na que máis subiu o paro durante ese mes. // O fiscal xefe de Ourense presenta unha denuncia contra o ex presidente da deputación José Luis Baltar por un suposto delito de prevaricación na contratación de persoal. Segundo documentación aportada polo PSOE, contratou 200 persoas antes do congreso do PP ourensán para favorecer a elección do seu fillo. // Sae de Ferrol cara Australia o buque Cantabria. Vai estar ao servizo da armada australiana durante case todo o ano, para aforrar os gastos que suporía telo en activo en España. (03/01/13)

Galicia foi a comunidade na que máis subiu o paro en decembro. Medrou en 2.250 persoas. Acabou o ano con 278.700 desempregados. // Paradores da marcha atrás no peche total dos seus establecementos en Ferrol e Verín. A dirección do grupo hoteleiro e os sindicatos chegaron de madrugada a un acordo que tamén rebaixa á metade os despedimentos previstos. // Sae de Ferrol cara Australia o buque Cantabria. Vai estar ao servizo da armada australiana durante case todo o ano, para aforrar os gastos que suporía telo en activo en España. // A Xunta rescindirá as concesións das estacións de autobuses que non estean adecuadamente atendidas. // A Consellería de Sanidade pon en marcha en Santiago un programa piloto para facilitar a comunicación dos pacientes con discapacidade auditiva cos profesionais da saúde. // Cabaliños de mar: Científicos de Vigo logran que sobrevivan nun 80 % en catividade. (03/01/13)

Galicia foi a comunidade na que máis subiu o paro en decembro. // Paradores da marcha atrás no peche total dos seus establecementos en Ferrol e Verín. // Sae de Ferrol cara Australia o buque Cantabria. Vai estar ao servizo da armada australiana durante case todo o ano. // A Xunta rescindirá as concesións das estacións de autobuses que non estean ben atendidas. // A Consellería de Sanidade pon en marcha en Santiago un programa piloto para facilitar a comunicación dos xordos cos profesionais da saúde. // Cabaliños de mar en catividade. (03/01/13)

Ceo moi despexado, con intervalos de nubes altas no Norte e Oeste da comunidade. Vento do Leste, frouxo en xeral, con intervalos de moderado no extremo Norte. Temperaturas en lixeiro ascenso, quedando as máximas en valores altos para a época do ano. (03801/13)

O paro aumentou en Galicia en mais de 2.200 persoas. Ainda así, a comunidade está dous puntos por baixo da media estatal nos doce últimos meses. Os traballadores dos Paradores resígnanse ó acordo coa dirección. Non haberá peches ainda que sí despedimentos.

Os afectados polas preferentes rexeitan a quita do 50 por cento e que se lles pague en accions de Nova Galicia Banco. O buque de abastecemento "Cantabria" zarpa de Ferrol para participar nunha misión xunto á Armada australiana.

Moitos comercios de Galicia están xa de rebaixas, tentando compensar, en parte, coas vendas de Reis, unha temporada que foi moi frouxa para o sector. Estímase que os galegos imos gastar neste período de ofertas de xaneiro, unha media de 75 euros, un dez por cento menos que nas do ano pasado. // Os Reis Magos tamén falan galego. A Consellería de Cultura edita un libro ilustrado, no que colaboran 26 escritoras, e que vai axudar ás súas maxestades a facer na nosa lingua os seus discursos. // Ismael Santos vai tentar ser o primeiro español en escalar os 82 cumios de máis de 4.000 metros que teñen os Alpes cun fin solidario: buscar cartos para investigar unha vacina contra unha enfermidade mortal que en España sofren 70 nenos. 02/01/13

Moitos comercios de Galicia están xa de rebaixas, tentando compensar, en parte, coas vendas de Reis, unha temporada que foi moi frouxa para o sector. Estímase que os galegos imos gastar neste período de ofertas, unha media de 75 euros. // Pecha 2012 con 117 falecidos en accidentes de tráfico nas estradas de Galicia. Seguen sendo moitos, pero son 27 menos que o ano anterior. // Morre unha muller de 48 anos, tres bombeiros resultan feridos por queimaduras febles, e houbo que desaloxar a decenas de familias. Foi o resultado dun incendio que se declarou onte nun edificio en Vigo. // Os Reis Magos tamén falan galego. Un libro vai axudar ás súas maxestades a facer na nosa lingua os seus discursos. // Ismael Santos: O reto solidario de escalar 82 cumios dos Alpes de máis de 4.000 metros. 02/01/13

Néboas no interior e ceos con nubes e claros no Norte. Pola tarde, predominio de ceos moi abertos. Ventos frouxos do norte e nordés. Temperaturas mínimas en descenso lixeiro ou localmente moderado, con xeadas débiles no interior. Máximas sen cambios significativos. 02/01/13

Moitos comercios de Galicia están xa de rebaixas. O galegos imos gastar neste período de ofertas, unha media de 75 euros. // Pecha 2012 con 117 falecidos en accidentes de tráfico nas estradas de Galicia. // Morre unha muller de 48 anos nun incendio nun edificio en Vigo. // Un libro vai axudar aos Reis Magos a facer os seus discursos en galego. // Ismael Santos: O reto de escalar 82 cumios dos Alpes de máis de 4.000 metros. 02/01/13

Os comercios inician antes que nunca en Galicia o período de rebaixas, ainda que non todos. O ano pasado morreron 117 persoas nas estradas galegas: a maior diminución desde que hai rexistros. O vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda oponse a suprimir todalas comunidades. Morre unha muller en Vigo nun incendio. A montaña de Lugo rexistrou 15 pequenos sismos.

Una mujer ha fallecido y tres bomberos han resultado heridos este mediodía en un incendio registrado en el número 73 de la calle Martínez Garrido de Vigo, han informado fuentes de los bomberos de la ciudad citadas por Efe. El incendio se inició en torno a las 12.00 horas en la cuarta planta del edificio, donde vivía la fallecida, pero hubo de ser desalojado todo el inmueble. Al desalojo se procedió incluso con el empleo de escaleras mecánicas, por las altas temperaturas, la intensidad del humo y el corte de suministro eléctrico. Al lugar se desplazaron al menos seis dotaciones de los parques de bomberos de Balaídos y Central: tres de sus integrantes resultaron heridos por quemaduras.

Caeu ao baleiro, desde uns quince metros, mentres os seus país estaban ceando. A policía investiga as circunstancias do accidente no que perdeu a vida unha nena de nove anos, onte á noite, nun centro comercial de Santiago. // É xa unha tradición en Vilagarcía. Alí tomaron as uvas ás doce do mediodía, aínda que seguramente todos repetirán pola noite. As uvas son uns dos produtos que hoxe disparan o seu prezo. Nos mariscos, os que van máis caros son os camaróns, os percebes e as cigalas. // É Domingos Paciencia, o novo adestrador do Deportivo. Asegura que está convencido de que pode sacar o equipo dos postos de descenso. Substitúe a Oltra, que esta mañá se despediu sorprendido polas palabras coas que Lendoiro xustificou o seu cesamento. 31/12/12

Caeu ao baleiro, desde uns quince metros, mentres os seus país estaban ceando. A policía investiga as circunstancias do accidente no que perdeu a vida unha nena de nove anos, onte á noite, nun centro comercial recén aberto en Santiago. // Discurso de fin de ano do presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo, reelixido o pasado 21 de outubro para outros catro anos, tense manifestado sobre as posibilidades de Galicia para saír da crise antes ca outras comunidades. // É xa unha tradición en Vilagarcía. Alí xa tomaron as uvas, ás doce do mediodía, aínda que seguramente todos repetirán pola noite. // Beben máis cantidade os mozos, pero as mozas fano de xeito máis compulsivo. É a conclusión dun estudo da Universidade de Vigo sobre os hábitos de consumo de bebidas alcólicas dos universitarios. // Oltra despídese do Deportivo sorprendido polas palabras de Lendoiro para xustificar a destitución. // Verónica Boquete ocupa o seu tempo en Santiago organizando un campus de fútbol. 31/12/12

En Santiago de Compostela, la policía investiga la muerte, la pasada noche, de una niña de nueve años en un centro comercial. La pequeña se precipitó al vacio desde unos 15 metros.

A policía investiga as circunstancias do accidente no que perdeu a vida unha nena de nove anos nun centro comercial en Santiago. // Discurso de fin de ano do presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo. // En Vilagarcía xa tomaron as uvas ás doce do mediodía. // Beben máis cantidade os mozos, pero as mozas fano de xeito máis compulsivo, segundo un estudo da Universidade de Vigo. // Oltra despídese do Deportivo. // Verónica Boquete ocupa o seu tempo en Santiago organizando un campus de fútbol. 31/12/12

Ceos moi anubrados, con ventos entre moderados e fortes, e con precipitacións que irán avanzando dende o oeste ao leste ao longo da xornada, para dar paso a unha xornada de ano novo con apertura de claros e precipitacións remitindo. Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e máximas sen cambios significativos. 31/12/12

A productora e fundadora de Vaca Films, Emma Lustres, asegura que a crise económica está desmoronando o sector audiovisual en Galicia. Vaca Films, con case dez anos, ten no seu haber películas de tanto éxito como "Celda 211" e "Invasor".

A policía investiga as circunstancias da morte da nena de nove anos que caeu ó valeiro en Santiago, no centro comercial As Cancelas. Esta tarde recibirá sepultura en vigo o neno da mesma idade morto ó golpearse cando esquíaba en San Isidro. Folga no hostal dos Reis Católicos. Os veciños de Vilagarcía tomaron as uvas este mediodía, con doce horas de adianto como xa é tradición nesta localidade pontevedresa.