Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo trasladaron este domingo a Santiago o seu debate sobre o pleno de investidura do expresidente galego previsto para a vindeira semana. Unha sesión que Sánchez cualificou de perda de tempo. Un debate entre os dous principais partidos que o BNG teme supoña unha perda de peso de peso de Galicia fronte Cataluña e Euskadi.

e, a partir deste luns estamos pendentes dunha cita en Vigo: o cumio de Nafo que debe establecer os topes de capturas para o vindeiro ano.

Novo falecemento nunha praia. Ocorreu na praia de Coto, en Barreiros (na Mariña). Un practicantes de surf sacaron da auga a un home de 70 anos que puido sufrir unha indisposición. Os sanitarios xa non lograron facer nada por salvarlle a vida. E, un incendio afecta a unha parte do punto limpo do polígono de Caramuxo, en Vigo, no que non había ninguén traballando.

O tempo.

comezamos a semana con máis nubes que claros e chuvascos.

Domingo intensamente político hoxe en Galicia, coa presenza de Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo. Celebraron actos masivos separados por só uns poucos quilómetros de distancia. Distancia física, porque nas ideas deixaron claro que están a anos luz.

Hoxe, ademais, executiva do BNG en Santiago. A partir das dúas menos vinte imos falar coa portavoz nacional, Ana Pontón, no tempo da entrevista

Pendentes a esta hora da reunión dos ministros de Finanzas da Unión Europea que hoxe remata en Santiago, no medio dun amplo dispositivo de seguridade.

Atentos tamén ás primeiras batidas pra cazar xabarís, unha vez que xa está en vigor a situación de emerxencia cinexética decretada pola Xunta.

Hoxe soubemos tamén, por certo, que o goberno galego rexistrará este luns no Parlamento a solicitude para celebrar o Debate sobre o Estado da Autonomía en outubro.

E recollemos dous sucesos mortais. Un, no concello pontevedrés de Soutomaior, onde faleceu euun home no incendio dunha vivenda en Arcade. E outro un accidente de tráfico entre dous camións no límite entre as provincias de Lugo e León. Morreu o condutor dun tráiler

- Escuchar ahora
- Noticias de Lugo- Novas de Lugo en Radio Nacional y Radio 5
Noticias de Lugo en Rtve
- Noticias de Lugo- Novas de Lugo en Radio 5
Noticias de Lugo en Radio 5 de Rtve

A campaña de vacinación conxunta fronte a covid e a gripe comezará o 25 de setembro e rematará o 31 de decembro. A poboación diana son os maiores de 60 anos, colectivos de isco e persoal sanitario. Empezará nas residencias de maiores.

O xuíz Vázquez Taín recorrerá a sanción que lle impuxo o Consello Xeral do Poder Xudicial. O organo de goberno suspendeo na súa actividade profesional durante 10 días por compatibilizar, sen autorización, a súa actividade como maxistrado coa xestión dunha productora audiovisual.

O Concello de Pontevedra recorre en amparo ante o Constitucional contra as resolucións do Supremo que avalan a permanencia de ENCE en Lourizán. O alcalde xa adiantou que se non se admite a trámite, recorrerán ó Tribunal de Xustiza europeo.

O tren galego cumpre hoxe 150 anos. Aquel primeiro trazado unía dous concellos que agora non existen, Conxe, hoxe intgegrado en Santiago, e Carril, que pertencia a Vilagarcía.

O tempo. regresa a inestabilidade.... con risco de treboadas no interior. Situación que se vai manter tamén na fin de semana.

A concentración convocada polo colectivo 'Xustiza para Unai' esixiu este xove na Coruña que se asuman responsabilidades pola morte deste traballador de Repsol

Apoio unánime do Parlamento a unha proposta do BNG para reclamar a Sanidade que se cubran os déficits de persoal en Oncoloxía Pediátrica do CHUS

O BNG de NOia volveu reclamar á Xunta un estudo rigoroso antes de autorizar a reapertura da explotación na mina de San Finx, en Lousame
 

- Escuchar ahora
- Noticias de Lugo- Novas de Lugo en Radio Nacional y Radio 5
Noticias de Lugo en Rtve
- Noticias de Lugo- Novas de Lugo en Radio 5
Noticias de Lugo en Radio 5 de Rtve

Seguramente Santiago non será hoxe e mañá das mellores cidades para moverse. Delegacións de 60 países participan nunha reunión de ministros de Economía da Unión europa ampliada a latinoamérica e o caribe.

Reunión económica de alto nivel pero non esquecemos os problemas máis concretos. Como os que afectan ós bombeiros dos parques comarcais e que semella que entran en vías de solución... alomenos está encarrilada a negociación.

E saiban que en dez días comeza a vacinación contra a gripe e, de novo, a Covid. Como outros nos Sanidade empezará polas residencias de maiores.

O tempo.

Perdemos a influencia anticiclónica e pola tarde hai aviso amarelo nas provincias de Lugo e Ourense por chuvascos tormentosos.

Saúdos, moi boa tarde. A nova campaña de vacinación da covid e da gripe arrancará en Galicia o luns 25, nas residencias.

Ademáis, o concello de Santiago está a piques de recibir ás autoridades asistentes á reunión do Ecofin...unha cita na que xa non se manifestarán os bombeiros comarcais
 

A Garda Civil intercepta preto de 20 mil kilos de uva foránea que se pretendía introducir en Valdeorras.

A uva, que quedou inmobilizada, procedía de Medina del Campo.

Os traballadores das empresas auxiliares de ENCE denuncian recortes e despedimentos.

Lamentan que a pasteira non poña en marcha un plan de investimentos ante o precario estado de mantemento da factoría.

Tras tres meses de mobilizacións, Xunta e Deputacións reúnense cos bombeiros dos paques comarcais.

O encontro, que se celebra no Consello Galego de Relacións Laborais, trata e desbloquea-lo conflito que mantén en folga a uns 500 traballadores.

Concentración de veciños de Catoira en Pontevedra para protestar contra á instalación dunha de pirotecnia

Entregaron un milleiro de sinaturas na subdelegación do goberno para que rectifique tras dar luz ver ao proxecto.

O tempo, ceo limpo, aínda que pola tarde medrarán nubes de evolución, e temperturas en ascenso.