Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Valoración positiva dos principais dirixentes da provincia dos seus cen primeiros días de mandato. De contado veremos o que máis salientaron e tamén, as criticas da oposición ó respecto.

- Hoxe arranca en Santiago o xuízo contra a antiga directiva da asociación "Hostelaría Compostela". Sentarán no banco dos acusados cinco exdirixentes da entidade acusados de cobro fraudulento de subvencións públicas.


- A CGT impugna o censo das eleccións sindicais, a celebrar en outubro, ante a Mesa Electoral Central de Navantia Ferrol.

- En Fisterra, malestar entre as familias dos alumnos que se ven obrigados a acodir cada día ao instituto a Cee de pé no autobús. Foi unha solución que puxo a Xunta ante a alta demanda de estudantes que hai

O presidente da Xunta asistirá este mediodía en Madrid ó debate de investidura do popular Alberto Núñez Feijóo. Faino entre críticas da oposición no Parlamento galego. PSdeG e BNG acusan a Alfonso Rueda de actuar, din, como 'palmeiro' de Feijóo e de arrastrarse ante as directrices do PP de Madrid. Nas filas populares argumenta que só amosa o seu apoio a quen foi líder da Xunta 13 anos.

O Goberno en funcións leva á Xunta ante o Tribunal Constitucional por unha suposta invasión das competencias de xestión do litoral. A lei autonómica limita a 15 anos o prazo para actuar contra as construcións ilegais nas zonas costeiras protexidas. Reduce así o período de actuación establecido na lei de costas do Estado.

Así o anunciou a portavoz do executivo tras a celebración do Consello de Ministros, que tamén deixa a data de repetición das eleccións municipais en Castro Caldelas: o 26 de novembro

Dende hoxe, todolos nenos que nazan en Galicia van recibi-la vacina do Virus respiratorio sincitial, causante cada ano de numerosos ingresos de cativos por bronquiolites. Tamén serán repescados os cativos que teñan menos de seis meses.

Unha campaña que se inicia o mesmo día que se pon en marha a dobre vacinación de covid e gripe ós 30 mil usuarios de residencias de maiores e centros de discapacidade. Logo continuarán outros colectivos vulnerables

- Ecoloxistas en Acción denuncia ante o Tribunal Superior a todo o consello da Xunta

Considera que o goberno galego cometeu un delito de prevaricación ó declarar de interese autonómico o proxecto de cidade deportiva do Celta en Mos.

- Comezaron as obras para arranxar o viaduto na N-541 sobre o Lérez onde a pasada Noiteboa faleceron sete persoas nun accidente de autobus.

Comezan as obras días despois de que os alcaldes demandaran unha reforma integral da estrada, e os condutores insisten na falta de seguridade da vía

- Monbús opera na Comunidade Valenciana con autobuses adscritos ás súas concesións en Galicia.

A empresa luguesa gañou un lote de rutas nun concurso do goberno valenciano, ofrecendo 54 autobuses que xa están asignados a un servizo de transporte regular en Galicia

- Preocupación entre os gandeiros da Serra do Barbanza trala aparición de nove cabalos mortos a tiros en Boiro.

Os propietarios non se explican o motivo dunha matanza que xa investiga o SEPRONA. Todos eran de pura raza galega e foran desparasitados na rapa das bestas

A primeiras horas da tarde aterra no aeropuerto de Peinador o avión no que viaxa ó rei Xoan Carlos no que vai ser a súa cuarta estadía en Galicia para participar nunha regata en Sanxenxo. O rei aloxarase como é habitual na casa do seu amigo Pedro Campos. Coincidirá esta semana co seu fillo o rei Filipe sesto, que vai inaugurar o foro da Toxa.

O presidente da Xunta esixe ao Goberno central concreción sobre as transferencias económicas que lle corresponden a Galicia o próximo ano. Nunha entrevista en Radio Nacional, Alfonso Rueda indicou que descoñecen as cifras e que, sen elas, o executivo autonómico non pode elaborar os seus orzamentos para 2024. Tamén pide que non se priorice a Cataluña. E sobre as eleccións galegas: non concreta datas, só di que serán, como moi tarde, en xuño.

Todo nunha xornada na que comeza a dobre vacinación de covid e gripe nas residencias de maiores. E a do virus respiratorio sincitial en bebés.

E comezan as obras de reparación da ponte da Nacional 541 en Cerdedo Cotobade no que se produciu o accidente do autobús a Noiteboa pasada con sete falecidos.

Por certo hoxe está prevista a chegada a Galicia do rei emérito pra, unha vez máis, participar nunha regata en Sanxenxo. O xoves cadrará en Galicia co rei Filipe, que estará na Toxa na inauguración do foro anual que se celebra na illa.

o presidente da Xunta esixe ao Goberno central concreción sobre as transferencias económicas que lle corresponden a Galicia o próximo ano. Nunha entrevista en Radio Nacional, Alfonso Rueda indicou que descoñecen as cifras e que, sen elas, o executivo autonómico non pode elaborar os seus orzamentos para 2024. Tamén pide que non se priorice a Cataluña. E sobre as eleccións galegas: non concreta datas, só di que serán, como moi tarde, en xuño.

Todo nunha xornada na que comeza a dobre vacinación de covid e gripe nas residencias de maiores. E a do virus respiratorio sincitial en bebés.

E comezan as obras de reparación da ponte da Nacional 541 en Cerdedo Cotobade no que se produciu o accidente do autobús a Noiteboa pasada con sete falecidos.

Por certo hoxe está prevista a chegada a Galicia do rei emérito pra, unha vez máis, participar nunha regata en Sanxenxo. O xoves cadrará en Galicia co rei Filipe, que estará na Toxa na inauguración do foro anual que se celebra na illa.
 

Xa coñecemos os resultados da reunión da NAFO, a Organización rexional de pesca que regula as capturas en Terranova. Cumprindo as previsións dos armadores galegos confirmase o aumento do TAC de Bacallao e de Gallineta e o mantemento da cuota pro fletán negro.
 

Problemas de mobilidade hoxe en Vigo pola folga dos traballadores de Vitrasa. Unha nova mobilización para esixir á empresa que actualice os seus salarios e mellore as condicións laborais.

Directivos de Copo e representantes da comunidade de montes de Tameiga, en Mos, negocian un novo contrato de arrendamento dos terreos. Se a suba do aluguer é moi alta, a dirección da empresa asegura que estudará a posible deslocalización.

Un ourensá, afectado polo "cártel dos coches" cobrará o equivalente a un 10% do valor do vehículo. Unha xuíza do mercantil da Cidade das Burgas estimou o informe pericial presentado pola súa defensa.

Atopados os restos óseos dos catro fusilados de Bértoa. Agora faranlles as probas de ADN pra confirmar a súa identidade. Os traballos de exhumación continúan hoxe.

O tempo pola tarde aínda pode caer algún chuvasco, pero vaise ir impoñendo o anticiclón.