Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A fin das contratacións estivais deixa en GAlicia un aumento do paro en 2.918 persoas en setembro. Agora mesmo hai en Galicia 130.640 persoas sen traballo. O incremento do paro afectou a tódalas provincias e a tódolos sectores, pero sobre todo á de Pontevedra e ós servizos. Os sindicatos advirten de que a comunidade segue a presentar un índice de contratación indefinida moi inferior ó do conxunto do Estado. A Xunta resalta que os datos son mellores que hai un ano.

Boas intencións, pero, poucas concrecións. Así podería resumirse o encontro que o presidente da Xunta e a alcaldesa de Santiago mantiveron este luns. Máis de dúas horas de xuntanza, coas que Alfonso Rueda arrancou a rolda de reunións cos rexedores galegos.

-Bloqueo nas contas do concello de Cambre. O alcalde denuncia a paralización de todos os pagos do consistorio por parte da nova interventora

-En Ferrol, o alcalde denuncia que o concello vai perder máis de dez millóns de euros dos Fondos Next Generation. O rexedor achácao a unha mala tramitación das axudas europeas.

-En Abegondo, concello e veciños únense contra un proxecto de subestación eléctrica na parroquia de Folgoso porque din, non conta cun estudo de impacto ambiental

A capital galega está máis preto de ter unha taxa turística. O presidente da Xunta e a alcaldesa de Santiago avanzaron no seu establecemento só en Santiago, non se baralla noutros concellos. Todo para sufragar os gastos que conleva a chegada de visitantes, de momento non se coñece a cifra desa taxa nin os casos concretos de aplicación.

Noutro encontro, o da mesa sectorial do ensino, non houbo grandes avances. Educación ofreceu baixar a proporción de alumnos por aula para que, en 10, quede en 20 alumnos. Entre os sindicatos cren que a medida non chega.

En Lugo, a fábrica de Aluminio de Alcoa en San Cibrao está totalmente parada desde onte ó deixar de funcionar a área de Fundición, a única que quedaba activa. .Segundo a multinacional americana trátase dun apagón temporal por condicionantes do mercado.

Este mediodía inaugurarase a vixésimo cuarta edición da Feira Internacional de Produtos do Mar conxelados, Conxemar, no Instituto Feiral de Vigo. Os hoteis e hostais de case toda a provincia de Pontevedra e do sur de Galicia están prácticamente ó completo debido á presenza dos milleiros de visitantes estranxeiros. Hai un plan especial de tráfico para evitar colapsos

Esta tarde o presidente da Xunta inciou os contactos oficiais cos alcaldes saídos das urnas o 28 de maior. Rueda desprazouse á praza do Obradoiro para reunirse co alcaldesa compostelana. Fixeronse avances na taxa turística e o incremento de fondos para a capitalidade.

Semella que a precampaña das autonómicas xa está en marcha. O partido maioritario puxo en marcha unha inciativa esta fin de semana que denominan Galicia non Para, que levará a Alfonso Rueda pola xeografía galega. A oposición ironiza e di que non fai falta estar en precampaña para achegarse aos problemas dos galegos.

O goberno galego e os sindicatos séntanse arestora na mesa sectorial pra tratar de evitar un conflicto no ensino galego. A Xunta plantexa un plan a 10 anos pra reduci-las ratios nas aulas de primaria, non propón medidas no mesmo senso en secundaria, e segue sen abordar a redución de horas lectivas. Cuestións que non convencen ós sindicatos... Mentres, as ANPAS demandan á consellaría solucións pro que consideran unha situación caótica no transporte escolar, con alumnos abandonados nas paradas, falta de autobuses ou retrasos continuos.

Protagonismo hoxe para o ensino. Xunta e sindicatos teñen unha cita a partir das dez na mesa sectorial para abordar as melloras que demandan desde os centros. A principal está nas proporcións de docente e alumno por aula. Os sindicatos xa adiantaron que a proposta inicial da consellaría non convence. O encontro, que se celebrará na Escola Galega de Administración Pública, será determinante: se non se chega a puntos de acordo, haberá folga.

Todo nun luns no que o presidente da Xunta inicia rolda de contactos cos alcaldes. A primeira reunión esta tarde coa alcaldesa de Santiago. Sobre a mesa: a implantación da taxa turística.

E en Cangas, localizouse o corpo sen vida dunha muller que estaba desaparecida desde o luns pasado.

Protagonismo hoxe para o ensino. Xunta e sindicatos teñen unha cita a partir das dez na mesa sectorial para abordar as melloras que demandan desde os centros. A principal está nas proporcións de docente e alumno por aula. Os sindicatos xa adiantaron que a proposta inicial da consellaría non convence. O encontro, que se celebrará na Escola Galega de Administración Pública, será determinante: se non se chega a puntos de acordo, haberá folga.

Todo nun luns no que o presidente da Xunta inicia rolda de contactos cos alcaldes. A primeira reunión esta tarde coa alcaldesa de Santiago. Sobre a mesa: a implantación da taxa turística.

E en Cangas, localizouse o corpo sen vida dunha muller que estaba desaparecida desde o luns pasado.

Domingo de mobilizacións en Galicia.
A plataforma SOS Sanidade Pública denuncia de novo a política de desmantelamento por parte da Xunta. Hoxe, manifestáronse en Moaña para reclamar a reapertura do seu PAC, pechado desde o 2020 .

Ademáis, pensionistas galegos concentráronse en Santiago no Día das Persoas Maiores para demandar.

Conflito no ensino en Galicia. Os sindicatos cualifican de inasumible a proposta de mellora que avanzou Educación, e que presentará este luns na Mesa sectorial. Non descartan mobilizacións se non hai cambios.

Ademáis, o foco político sitúase na Illa da Toxa, hoxe pasaron polo Foro do Grove o presidente da Xunta e o presidente do Partido Popular.