Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Hoxe vai ser o pior día de calor en Galicia pero mañá comeza a remitir. Despois de se rexistrar este martes temperaturas superiores a 40 graos en catro puntos da provincia de Ourense, a Xunta decidiu para hoxe manter a alerta vermella en Valdeorras e a laranxa en Ourense e ampliala a todo o sur da de Lugo. Trinta concellos da provincia da Coruña estarán tamén en alerta laranxa.

Desde a Consellería de Sanidade chaman a estar moi pendentes da hidratación nestas circunstancias.

Vexamos cómo abre o día nas principais cidades, tralo que foi unha noite tropical, por riba dos 20 graos, en moitos puntos da nosa xeografía.

O BNG pregunta se a Xunta comparte os argumentos do PP contra o uso do galego no Congreso.

Vai presentar unha iniciativa no Parlamento galego para que tódo-los grupos teñan que mostrar a súa posición.

En Arousa, a confraría xa levantou este verán máis dun cento de actas contra os que chama "furtivos de bañador".

Turistas que levan dos areais ameixas sen ter en conta nin o tamaño nin que son o sustento de máis de douscentos profesionais.

En Lugo, os veciños de Recimil apoian o peche do paso a nivel no que morreron dous mozos leoneses.

Adif habilitará un camiño paralelo á vía pra conectar cun paso inferior situado a 300 metros.

Movemento solidario pra recuperar o estaleiro Fra, destruído por un incendio en San Cibrao.

O lume estivo a piques e rematar con máis de dous séculos de patrimonio marítimo, pero, co lema SOS Carpintería de Ribeira, xa se recadaron 12 mil euros.

De momento, non haberá primarias nos socialistas galegos para elexir ó candidato á presidencia da Xunta. A dirección do PSOE suspéndeas ata que se supere o proceso de investidura...hoxe o Rei remata as consultas cos distintos partidos.
E, en Lugo, Adif propón os veciños que habitualmente empregaban o paso a nivel no que morreron dous mozos leoneses, pecha-lo e habilitar un desvío por unha vía infrior que hai a 300 metros.
A Xunta activou a alerta por un episodio de calor esta semana, Hoxe e mañá serán os días coas temperaturas máis altas. De feito, nas próximas horas, decretouse alerta vermella para a zona de Valdeorras, e alerta laranxa para o sur de Lugo, Miño de Ourense, costa da provincia de Pontevedra e parte do litoral coruñés.
 

Paro no estaleiro Metalships polo despedimento de sete operarios. Comisións Obreiras acusa á dirección de represión sindical, de desmantelamento da factoría e adianta a posible convocatoria dunha folga indefinida.

A liña de Alta Velocidade entre Ourense e Santiago permanecerá pechada unha semana. Faise para que os maquinistas reciban a correspondente formación tra-la instalación do sistema de freado autommático ERTMS. O traxecto realizase en autobús.

Cada ano vendima empeza antes. Dúas adegas de Valdeorras xa iniciaron a recollida da uva godello. Os adegueiros prevén unha gran campaña na que se podería acadar cifras rércord de producción.

Os mariscadores de Carril defende o premio que lle deron á empresa que xestiona a mina de Touro. Ante as críticas dos ecoloxistas, aclaran que Cobre San Rafael financia un estudo sobre o estado da ría.

E, os dous tripulantes dunha embarcación de pesca foron localizados en bo estado. Estaban sendo buscado ó non regresar a porto.

Os traballadores da central térmica das Pontes piden que se concreten os novos proxectos de Endesa na zona tralo anuncio, esta fin de semana, do peche definitivo da fábrica

O próximo curso escolar pecharán tres colexios en Laxe, Padrón e Vimianzo. A consellería de Educación xustifica a medida porque todos tiñan menos de cinco alumnos matriculados.

O concello de Santa Comba presenta unha queixa formal ó conselleiro de sanidade por non cubrir a ausencia por vacacións dun pediatra, no centro de saúde da localidade.

Preocupación entre os bateeiros da ría de Arousa pola elevada mortandade do mexillón nas bateas. Algúns perderon ata 40 por cento da produción.
 


Nas Pontes, a fin de semana veu maraca pola autorización do Goberno ó peche definitivo da central térmica. Non por agardada deixou de causar preocupación... sobre todo porque os proxectos alternativos aínda non están en marcha.
E, este luns o Rei comeza as consultas cos grupos parlamentarios pra propoñer candidato á investidura como presidente do Goberno... Na ronda non estará o BNG que rexeita a invitación ó igual que outras tres formacións con representación no Congreso.

O tempo. Nova suba de temperaturas. Arestora aínda hai algúns bancos de neboa pero o ceo vai quedar despexado.
 

Mantemento do emprego, recolocacións e desprazamentos mínimos. É o que están a esixir os traballadores da central térmica das Pontes dende que se anunciou o peche definitivo das instalacións. Os transportistas reuniranse o martes pra decidir posibles mobilizacións.

Mentres, os gandeiros volven lanzar a voz de alarma pola nova caída dos prezos do leite. E en Ourense, preocupados pola falta de xornaleiros para a vendima.

Nos Deportes, ademais das competicións locais, Galicia tamén está moi pendente nestes momentos da selección española de fútbol feminino, con gran ambiente nas prazas de vilas e concellos onde se instalaron pantallas xigantes pra seguir a final do mundial.