Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Nova acción contra o narcotráfico. Coñecese agora coa chegada do buque de vixilancia aduaneira, coa ducia de detidos, a Vigo, pero operación xa tivo lugar hai unha semana.
Os tripulantes do pesqueiro conseguiron afundilo e con el case toda a droga que se sospeita levaba.
Santiago trata de poñer freo as accións pouvo cívicas de moitos turistas e peregrinos, de momento cun código de boas prácticas... pero ó mesmo tempo vai revisar asordenanzas municipais.

Comezamos mes de agosto con nubes baixas e orballo no oeste.

Un día máis toca falar en Galicia dunha operación contra o narcotráfico. A Audiencia Nacional dirixe un operativo que permitiu intervir un barco á altura de Cabo Verde, que se dirixía ás nosas costas. Conseguiron intervir unha quincena de fardos pero a carga do barco podería ser maior, porque os tripulantes afundiron o buque cando se deron conta de que ían ser abordados. Entre os tripulantes detidos hai un galego.

Nova acción contra o narcotráfico. Coñecese agora coa chegada do buque de vixilancia aduaneira, coa ducia de detidos, a Vigo, pero operación xa tivo lugar hai unha semana.
Os tripulantes do pesqueiro conseguiron afundilo e con el case toda a droga que se sospeita levaba.
Santiago trata de poñer freo as accións pouvo cívicas de moitos turistas e peregrinos, de momento cun código de boas prácticas... pero ó mesmo tempo vai revisar asordenanzas municipais.

Este lunes concursan los pueblos de Brión (La Coruña)Yepes (Toledo). Esta noche estarán pegados al televisior, como en los años 90, como los más de dos millones y medio de espectadores que volvieron a sentir esto en el regreso del programa a la televisión pública, como un recuerdo desbloqueado. La nostalgia araña por dentro. Cuesta un poco explicarla, pero su éxito en television, no. Es más sencillo. Nos devuelve los recuerdos de aquello que un día nos hizo felices. Es ese lugar al que todos queremo volver.

31 de xullo, día que tradicionalmente se produce un relevo entre os distintos grupos de cidadáns nas súas vacacións. Unha xornada na que hai que poñer atención ás estradas, pero tamén ó modelo de turismo que recibimos. Así polo menos o ven en Santiago, onde tratan de poñer coto a prácticas inadmisibles que se viron este verán cun códdigo de boas prácticas dirixido ós turistas. A praza da quintana nn é o unico lugar no que vimos acampadas ilegais... tamén na costa da morte, en zonas da rede natura, se atopan con este problema.

Coa conta atrás comezada pra constitución das Cortes da décimo quinta lexislatura, no PP de Galicia fan lectura autonómica das xerais do pasado día 23. A súa secretaria xeral pasou por estes micrófonos onde defendeu a vitoria dos populares na comunidade autónoma, ó que deixa claro que os galegos, mantén Paula Prado, seguen a dar o seu apoio ó actual goberno da Xunta. Isto afasta a sombra do adianto electoral na nosa comunidade.

Unións Agrarias pide rigor nos contratos de compra de uva para que se coñeza previamente o prezo e así non prexudicar ós viticultores

Comeza a veda de captura de choco na ría de Arousa desde hoxe ata o 31 de outubro

O concello de Santiago presenta un decálogo de boas prácticas para evitar comportamentos incívicos dos turistas

Unha semana despois das eleccións xerais son mínimos os movementos políticos e en Galicia o que gañan protagonismo son as eleccións autonómicas, aínda que oficialmente aínda dase falta un ano para a súa celebración. E é que o presidente Rueda, e así o refrendou en Radio Nacional a secretaria xeral do PP, Paula Prado, deu a entender que esgotará o mandato. Iso no evita que outras organizacións se preparen... o PSdeG coas primarias.
Último día de xullo que moitos xa uniron coas vacacións de agosto. Así esta fin de semana foi de moitos movementos nas estradas, que nos deixan tres mortes.... O último un motorista en Tui.

o tempo. Continuamos baixo a influencia do anticiclón dos Azores, con ventos do oeste.
 

O presidente da Xunta Alfonso Rueda fala de escenario difícil. Comentario en relación co panorama postelectoral. Analizaremos eses escenario e outras cuestións de actualidade da nosa comunidade no tempo de entrevista coa secretaria do Partido Popular en Galicia Paula Prado.

Outras novas deste domingo pasan pola futura lei galega de igualdade -que contará cun apartado especial pras traballadoras do mar-, novos problemas en parques comarcais de bombeiros... e tesouros naturais da nosa terra salientados por unha organización científica profesional.

Bo día, o primeiro dunha finde de semana marcada polos milleiros de movementos vacacionais, ben pra comezar ese merecido e esperado descanso o pra retomar a rutina... Coincide dun xeito no calendario que deixa cifras récord pro noso sector da hostalaría.

No eido político, destacar a reprimenda do Consello de Contas á Xunta e o consello do PSdG, que se mobiliza pras seguintes eleccións.

Contarémoslle tamén unha sorprendente novidade do mundo audiovisual porque ao falar do cine do futuro adoitamos pensar en efectos especiais e experiencias inmersivas verdade? Gracias á intelixencia artificial as películas e series serán a medida, terán un fin diferente segundo quen as vexa a cal sexa o seu estado de ánimo... sistema pioneiro inventado por dous vigueses.

Sumar pon a vista nas eleccións autonómicas tras conseguir o terceiro posto ns xerais. A deputada electa Marta Lois asegurou hoxe que aspiran a se-lo catalizador do progresismo galego e abre a porta a outras formacións de esquerda.

O Exército vixiará os montes galegos pra previr incendios a partir do quince de agosto. A Operación Sentinela ponse de novo en marcha e amplía o seu despregue ó sur da provincia de Lugo.

Actuación policial en Santiago contra un grupo organizado que explotaba sexualmente a mulleres e traficaba con droga. 3 dos 8 detidos, considerados como os principais responsables da organización, ingresaron en prisión á espera de xuizo.

Sete concellos da área de Pontevedra acordan a constitución dun ente supramunicipal para a xestión do abastecemento de auga. O Concello de Pontevedra tamén se amosou dacordo pero agarda que se teñan en conta os investimentos realizados.

O tempo. nubes e algunha chuvia feble no oeste.