Botou a a andar a segunda campaña electoral en dous meses con mensaxes dos dous partidos maioritarios para concentrar o voto e lograr unha maioría suficiente para gobernar, cos polos esquerda dereita moi divididos.
Pero hoxe espertamos cunha noticia tráxica: a morte dun neno de dous anos no interior dun coche no Porriño. Pasou varias horas esquecido no ingterior do vehículo nun aparcamento.
E, de novo este venres protesta nas rúas dos traballadores das ambulancias e do metal de Pontevedra
Inicio de campaña esta tarde en toda Galicia. O candidatos ao Congreso e ao Senad, dos principáis partidos, saen hoxe as vilas e cidades pra tradicional pegada de cartéis coa que comezan oficialmente dúas semanas de preparación pros comicios do 23X
Esta noite arrinca a campaña electoral das eleccións xerais do 23 de xullo. E os candidatos xa comezaron esta mañá a colocar as súas mensaxes principais. O máis madrugador, Alberto Núñez Feijóo, que acudiu ó seu pobo natal, en Ourense, pra apostar por un cambio de ciclo cara un goberno máis dialogante.
Pro lider do PSdeG, o 23 de xullo decídese entre un goberno progresista e outro que nos quere devolver a unha España en branco e negro. reividincan o traballo do goberno de Pedro Sánchez a prol de Galicia
O Lema do BNG é "Facer valer Galiza", algo que queren conseguir cun grupo parlamentario no congreso do partido nacionalista. Ven posible conseguir representación en tódalas provincias.
El líder del PP y candidato a la Presidencia del Gobierno, Alberto Núñez Feijóo, ha asegurado este jueves en Os Peares (Orense), su pueblo natal, que es el "momento del cambio político" en España y ha subrayado que si los españoles le otorgan su confianza en las urnas el próximo 23 de juliono les "defraudará".
A poucas horas de que comece a campaña electoral do 23 de xullo e ainda coa resaca das anteriores eleccións, os lideres dos grupos municipais da provincia da Coruña afianzan as suas demandas ó goberno central. Esta noite terá lugar a tradicional pegada de carteis, coa presenza na Coruña da líder de SUMAR, Yolanda Díaz, e o ministro de Sanidade, o socialista José Miñones. O PP arrancará en Ferrol, coa participació do presidente da Xunta, e o BNG en santiago, coa líder dos nacionalistas, Ana Pontón, e o candidato Néstor Rego.
1. Longas esperas pra renovar o DNI en Galicia. A Coruña e Santiago son as cidades nas que máis se demora o procedemento.
2. O concello de Betanzos non cobrará a auga do mes de xuño á veciñanza coma compensación polas molestias xeradas tralo brote de gastroenterite que afectou a centos de persoas.
3. A Cig saúde denuncia a falta de camas na área de psiquiatría do hospital Gil casares de Santiago, por mor das obras que se están a realizar tralo desprendemento de parte do teito e as deficiencias do inmoble
Pois xa volvemos a entrar noutra campaña electoral... desde esta próxima medianoite políticos xa poden pedir o voto, porque na práctica xa non deixamos de estar en campaña desde as eleccións municipais.
Este xoves xa se pasan por Galicia dous dos candidatos á presidencia do Goberno, Nuñez Feijóo que estará na súa aldea natal e Yolanda Díaz que, acompañada de Ada Colau, abrirá a campaña na Coruña.
Pero tóda-las formacións teñen previstos actos electorais. Irémoslle-lo contando nos próximos quince días
O goberno central agardará á publicación nos boletíns oficiais da nova lei de ordenación do litoral pra decidir se cómpre tomar medidas na súa contra. Así o adianta o delegado do goberno en Galicia, que entende que a aprobación desta norma, sen consenso, o único que consegue polo de agora é reduci-la seguridade xurídica pra emrpesas e operadores no dominio público de costa.
Por outra banda, en Pontevedra, o concello adianta que seguirá loitando por recuperar pro uso público os terreos da ría que ocupa a pasteira ENCE. Entende que o Supremo, que rexeitou os seus recursos, deixa argumentos sen resposta, e acudirá ó constitucional.
Se un veciño de Betanzos ou dos concellos da contorna chama ós bombeiros por un incendio na súa vivenda, ou se hai un accidente da estrada, os profesionais tardarán o dobre en chegar. O parque de Betanzos leva 24 horas pechado ó non ter o persoal suficiente para cubrir os servizos mínimos. Os traballadores dispoñibles foron trasladados a Arteixo.
1. Selado o bipartirto en Cambre entre PSOE e Unión por Cambre; e tripartirto en Arzúa con Alternativa, BNG e socialistas
2. O concello da Coruña anuncia a súa intención de celebrar Viñetas desde o Atlántico entre o 7 e o 13 de agosto en Méndez Núñez
3. A Coruña será sede do festival internacional de música escrita con Intelixencia artificial
4. O Racing de Ferrol debutará na Segunda División ante o Elxe o sábado 12 de agosto no Martínez Valero
O paro segue baixando e Galicia baixa por primeira vez dos 130 mil desempregados. O temor estes bos datos descansan sobre todo no sector servizos e na estacionalidade.
E, o Supremo rexeita os últimos recursos contra o fallo que permite continuar a ENCE na súa actual ubicación outro medio século máis.. pero o goberno local de Pontevedra sinala que a súa loita non acaba aquí. Precisamente onte o Parlmento aprobou a lei de ordenación e xestión do litoral, aínda que sen os medios pra asumir estas competencias que o goberno central sempre lle negou