Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

No xuizo do Alvia, de momento só o fiscal exculpa ó exdirector de seguridade de Adif e centra a causa do descarrilamento na conversa que mantiveron o maquinista e o interventor. Os avogados das asociacións de víctimas cuestionan a mudanza de criterio da fiscalía e culpan tanto ó maquinista como ó alto cargo de Adif.

Este xoves, nova xornada de folga no sector do metal da provincia de Pontevedra, hai previstas manifestacións en Vigo, Pontevedra e Vilagarcía, e os sindicatos xa convocaron outros tres días de folga ante a falta de acordo sobre o convenio coa patronal.

O tempo: Desde hoxe quedamos baixo influencia anticiclónica e van inr subindo as temperaturas.

Tensión na recta final do xuizo do alvia. Logo de escoitar a exposición oral do fiscal as familias acúsano de burócrata que segue ordes do estado ao esculpar o ex director de seguridade.

E cara o verán comezan os preparativos de dispositivos especiais, coma os de loita conta os incendios e os de salvagarda nas zonas de baño... a federación de socorristas, di que non haberá persoal pra cubrir tódalas praias.

El fiscal del juicio por el accidente del Alvia que causó la muerte de 80 personas y dejó heridas a otras 45, ha explicado ante el tribunal por qué ha decidido retirar la acusación contra el ex director de seguridad de Adif, Andrés Cortabitarte, en sus conclusiones provisionales. Según ha afirmado, la colocación de una baliza de frenado de seguridad es independiente al comportamiento concreto del maquinista, que es la causa directa del siniestro. La Fiscalía pedía cuatro años de cárcel tanto para Cortabitarte como para el maquinista, Francisco Garzón, para el que mantiene la acusación.

Foto: La magistrada, Elena Fernández Currás, los abogados y fiscal en una sesión del juicio del Alvia. EFE/Xoán Rey.

Indignación da plataforma de vítimas do Alvia tras a decisión do fiscal de retirar a acusación contra o ex director de seguridade do Adif, Andrés Cortabitarte. As familias cren que hai inxerencias na decisión da fiscalía, que hai intereses estatais detrás que confrontan co relato escoitado no xuízo. Hoxe escoitaremos os argumentos do fiscal.

1. Sanitarios de Xinecoloxía do CHUS vense obrigados a atender doentes de especialidades distintas ás súas sen ter a debida formación

2. O ex concelleiro de Mobilidade Gonzalo Muíños é o novo voceiro do grupo socialista de Santiago

3. As inmobiliarias advirten do aumento de estafas no alugueiro de pisos a estudantes

4. O dianteiro Alberto Quiles deixa o Deportivo tras dúas tempadas como branquiazul

O fiscal mantén agora que o exalto cargo de Adif acusado polo accidente do Alvia non incumpriu ningunha normativa. Retira así os cargos contra Andrés Cortabitarte. Así, agora o único acusado é o maquinista que recibiu onte o apoio dos compañeiros.

As víctimas cren que o fiscal atendeu instruccións superiores. O avogado do maquinista pregúntase se o fiscal asistiu a outro xuizo. Manuel Prieto pediu a absolución do seu cliente.

E, nas estradas, lamentar a morte dunha muller en Vigo. Foi atropelada por un bus urbano do que acababa de baixarse. Ocorriu na parada situada diante do cemiterio da parroquia de Valadares

Moi boa tarde de martes, unha xornada na que sorprendeu a decisión do fiscal do caso Alvia, quen exculpa ao ex director de seguridade de ADIF e deixa como único responsable do tráxico accidente con 80 mortos e 144 feridos ao maquinista. Decisión que provocou a indignación das vítimas. Logo lles damos detalles.

Industria, limpeza, servizos sociais e moda... traballadores e traballadores protagonizaron hoxe diversas protestas por toda Galicia para pedir melloras salariais e de condicións de traballo. En Vigo, houbo cargas policiais.

Despois de 8 meses de testemuñas, peritos e declaracións o xuizo polo accidente do Alvia entra na fase de conclusións, e con ela a primeira sorpresa. O fiscal considera que o ex-director de seguridade de ADIF non tivo responsabilidade na morte de 80 persoas hai case 10 anos. Entende que os riscos da vía se estimaron tolerables baixo as normas vixentes no momento, e retira a petición de pena pra Andrés Cortabitarte. As víctimas ven ordes do Estado nesta decisión, que supón, din, defender que as medidas de seguridade, ou a súa falta, non teñen importancia. O sindicato de maquinistas amosa tamén a súa decepción.

El fiscal, Mario Piñeiro, ha retirado la acusación contra el ex director de seguridad del administrador de infraestructuras ferroviarias (Adif) Andrés Cortabitarte en sus conclusiones provisionales del juicio por el accidente del Alvia de Santiago en el que 80 personas murieron y 145 resultaron heridas. El representante del Ministerio Público pedía cuatro años de cárcel tanto para él como para el maquinista, Francisco Garzón, por 80 homicidios y 145 delitos de lesiones por imprudencia profesional grave.

Foto: El ex director de seguridad del administrador de infraestructuras ferroviarias (Adif) Andrés Cortabitarte en el primer día del juicio por el accidente del Alvia de Santiago. EFE/ Lavandeira Jr.

Unha estrutura de pirámide para simplificar e axilizar a administración local. Baixo este argumento Inés Rey da máis poder a tres persoas da súa confianza no reparto de áreas do novo goberno da Coruña, tres tenentes de alcalde dos que dependerán o resto de edís. O esquema non convence ó BNG, que facilitou a investidura da alcaldesa. Os nacionalistas insisten en que se cometen erros do anterior mandato, erros que dan lugar a concelleiros que non se senten útiles.

1. Santiago solicita á Xunta a autorización da taxa turística como primeira actuación do goberno de Goretti Sanmartín

2. Comeza a fase final do xuízo do Alvia en Santiago na que Fiscalía e acusacións deberán ratificar a petición de penas

3. A familia Franco atrasa a retirada dos bens do Pazo sadense de Meirás