Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O presidente da Xunta aproveita a remodelación obrigada pola marcha de Frnacisco Conde a Madrid para relevar tamén á titular de Pesca. Rosa Quintana tamén atopa acomodo nas candidaturas ó Congreso, neste caso en Ourense. No Consello da Xunta de mañá haberá dúas caras novas: Alfonso Villares que, polo tanto non repetirá como alcalde de Cervo, e Elena Rivo. As listas do PP deixa outra novidade: a incorporación de Pedro Puy en Pontevedra.
Tamén Sumar, tra-la renuncia de Gómez Reino, comunica que Marta Lois e Verónica Martínez encabezarán as candidaturas da Coruña e Pontevedra.
Desde hoxe ata o luns está aberto o prazo para a presentación de candidaturas.

O tempo. Recuperamos a estabilidade e soben as temperaturas

O presidente da Xunta xa ten os nomes do novo goberno. A vicepresidencia primeira será pra Diego Calvo e a segunda pra Ángeles Vázquez. Son os principais cambios no executivo galego tra-la saída como vicepresidente de Francisco Conde, que vai liderar a lista dos populares na provincia de Lugo. Hai tamén cambios noutras carteiras.

En Betanzos, bares e restaurantes notan unha baixada de ingresos pola contaminación da auga da traída.

As restriccións van continuar polo menos ata finais de mes porque aínda non se deu coa orixe do virus.

Rexeitada a proposición de lei do BNG para que asumise as plenas competencias sobre o litoral.

O PP, que votou en contra, entende que a demanda nacionalista xa se inclúe no proxecto lexislativo aprobado pola Xunta.

No xuizo polo accidente do Alvia, rematou hoxe a fase de declaración dos afectados.

A vista retómase o vindeiro martes coas probas documentais e os informes do ministerio fiscal e as acusacións populares e particulares.

A CIG esixe que os profesores recuperen os horarios previos ó 2010

Só Galicia e Madrid manteñen aínda hoxe o incremento decretado pola crise económica. A demanda non se incluiu nos asuntos da mesa sectorial de educación.

O tempo. Aínda pode caer algunha treboada

Adeus definitivo a un tripartito no futuro goberno de Compostela. O grupo local socialista segue a liña defendida pola dirección galega e non entrará nun pacto de goberno coa futura alcaldesa, a nacionalista Goretti Sanmartín, que si contará con Compostela Aberta.

Decisión que os socialistas trasladarán hoxe a Sanmartín mentres seguen o proceso de cambio ante a saída de Xosé Sánchez Bugallo. Unha xestora tomará as rendas da formación municipal e xa hai nome para presidila: Diego Fernández, secretario de organización do PSOE provincial.

- Benito Portela vese como única alternativa para gobernar en Sada aínda que cun executivo en minoría

- Sen cumprir, dous anos despois, as promesas do Sergas para habilitar dúas novas salas de fisioterapia no Hospital Clínico de Santiago

- Primeiras saídas no Deportivo tras a derrota co Castellón: adeus ó secretario técnico Carlos Rosende e ó seu axudante

Aínda en portada, o concello de Betanzos manterá as restricións para o consumo de auga da billa polo menos dúas semanas máis. As tarefas de hipercloración non deron os resultados agardados. As últimas analíticas constatan aínda a presenza do virus causante do gromo de gastroenterite

Un ano despois de asumir a presidencia da Xunta, Alfonso Rueda terá que acometer sen demora a primeira remodelación. Antes do luns, o vicepresidente primeiro, Francisco Conde, debe abandonar o executivo para figurar como candidato ó Congreso nas próximas eleccións xerais. A incognita é se este será o único cambio ou, como dixo o propio Rueda, algunha persoas máis fose a outros destios. De momento, só se coñece os cabezas de lista das catro provincias.

Francisco Conde é o primeiro nome propio; o segundo Pedro Blanco que hoxe será nomeado delegado do goberno. Tamén é unha consecuencia das candidaturas ó Congreso. José Ramón Gómez Besteiro, que hoxe será relevado nun posto no que leva pouco máis de dous meses, competirá con Conde no mesmo espazo electoral

Alfonso Rueda terá que acometer a primeira remodelación do seu executivo pola saída do vicepresidente Francisco Conde, que dimitirá para ser o cabeza de lista do PP ao Congreso por Lugo.

Mentres, o xefe da asesoría xurídica da UGT en Galicia, Pedro Blanco, será o novo delegado do Goberno, unha vez marche José Ramón Gómez Besteiro para liderar tamén a lista do PSdeG en Lugo.

Son as principais novidades que nos deixan nas últimas horas os movementos políticos de cara ás eleccións xerais do 23 de xullo.

E falando de novidades, a tarde déixanos tamén a confirmación de que o PSOE non entrará no futuro goberno local de Santiago.
 

O BNG quere cambiar a lei para que poidan votar os maiores de 16 anos.

Rexistrará no Parlamento unha iniciativa para incluir na lei a celebración de polo menos dous debates entre os principais candidatos á presidencia da Xunta.

Xa está en Vigo o Ártabro, o barco que completou con éxito a localización e inspección do pecio do Villa de Pitanxo.

A empresa propietria asegura que a misión foi un éxito e que agardan que sirva pra aclara-lo sucedido.

UGT teme que a Xunta privatice a xestión do Centro de Menores Avelino Montero de Pontevedra.

É o único centro de cumprimento de medidas xudiciais de Galicia que aínda mantén a xestión directa da consellería de POlítica Social.

Reanudouse en Pontevedra o xuizo contra unha organización dedicada á introducir cocaína en veleiros.

o vilagarcián Carlos Silla, que declarou hoxe, negou calquera vinculación co alixo de tres toneladas de cocaína introducidas en Galicia en 2020.

O tempo. Pola tarde vanse repetir os chuvascos. A partir de mañá vaise ir restablecendo o dominio do anticiclón.

Comezamos a semana coas negociacións nas diferentes vilas para formación de goberno. En Compostela, os socialistas confirman a súa inclinación por non formar parte do goberno da nacionalista Goretti Sanmartín, pese a que si apoiarán ó futuro executivo local. Mentres, en Ferrol, o alcalde en funcións xa prepara o traspaso de mando ó popular Rey Varela, con maioría absoluta.

- As enfermeiras da área sanitaria da Coruña-Cee denuncian carencias de persoal que non chega nin para cubrir os servizos mínimos.

- Profesionais da avogacía de Padrón reclaman manter as competencias en materia de violencia de xénero.

- A veciñanza de Compostela solicita reunirse coa futura alcaldesa para abordar a masificación do turismo.

- O Deportivo perde unha nova oportunidade de ascender ó fútbol profesional tras perder co Castellón na prórroga.

Aínda en portada, accidente mortal de tráfico en Carnota. Unha muller faleceu cando era trasladada ó hospital en helicóptero.

O coche no que viaxaba saíuse da estrada entre Carnota e Santa Comba por causas que se descoñecen, e bateu contra unha canalización de formigón. O condutor foi trasladado en ambulancia ó hospital de Santiago

Recén celebradas as municipais, coas xerais ás portas, os socialistas galegos xa se preparan para as autonómicas. Van celebrar primarias en setembro. Acordo adoptado no Consello nacional... na mesma xornada na que o PP celebrou un acto no Sar en Santiago pra arroupar ó candidato á presidencia do Goberno, Albertto Núñez Feijóo.
E hoxe estamos pendentes da chegada do Ártabro, o buque que filmou ó Pintanxo en Terranova.
Das estradas temos que lamentar un accidente mortal. Unha muller faleceu cando era trasladada en helicóptero ó hospital tras unha saída de vía en Carnota.
Deportes. O deportivo estará un ano mais na terceira categoría do fútbol. Quedou eliminado na promoción.
 

Ferrol será a única cidade galega na que o PP collerá o bastón de mando a partir do 17 de xuño, cando se constitúan as novas corporacións locais. Nos seguintes minutos Alejandra López fala co futuro alcalde da cidade naval, Jose Manuel Rey Varela