Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Á marxe de Ourense, onde non hai ningún movemento para negociar un posible pacto que impida ó actual alcalde Pérez Jácome seguir na alcaldía, nas outras catro cidades nas que se prevé un pacto de esquerda, os contactos están en marcha... así hoxe hai previstas xuntanzas na Coruña, Santiago e Pontevedra de delegacións do PSOE e BNG.

En Lugo, xa se da por feito que as dúas formacións reeditarán o goberno do último mandato e este xoves comparecen para informar dos seus plans Lara Méndez e Rubén Arroxo.

En Ourense, por cento, a fiscalía abre dilixencias polo caso dos audios que poñen en custión a actuación do alcalde

Os traballadores sociosanitarios denuncian a situación de precariedade que sofren desde a pamdemia. Hoxe saíron á rúa en Santiago e Vigo para visibilizar a súa situación. En Galicia son 5.000 e atenden desde maiores a discapacitados.

Tamén no eido sanitario, hoxe día do donante, coñecimos a cifra de doazons de órganos en Galicia. Houbo 180 o ano pasado, que permitiron realizar case 300 trasplantes.

Cada ano preto de 300 persoas inician unha nova vida en Galicia grazas ós programas de trasplantes. Hoxe no día do doador, sanitarios e familias piden ós cidadáns que faciliten estas intervencións doando os órganos dos seus falecidos. Cada un deles axuda ata 7 persoas. Ademáis, réndese homenaxe ó doutor García Buitrón, impulsor do programa no hospital da Coruña, que hoxe é o décimo de España en cifras.

NOvidades na politica de Santiago en vistas a formación do futuro goberno lOcal.
Primeiro a renuncia do número 3 do PSOE, Xaquin Fernandez Leiceaga, a sua acta de concelleiro.Esta é a segunda dimisión no partido socialista trala realizada polo ainda alcalde en funcións, Xosé Sanchez Bugallo. Mentres, Compostela aberta decide negociar co BLoque de cara a formar goberno cos nacionalistas á cabeza. Hoxe trasladarán a decisión ao BNG. E na Coruña..teremos que esperar a mañá, xoves, día no que se producirá o primer encontro entre os socialistas e nacionalistas.

-A Xunta autoriza outro parque eólico de Monte do gato, situado nos concellos de Aranga e Oza Cesuras. é o terceiro que se aproba da empresa Greenalia, dos 5 parques que hai previstos nesta zona.

-Novo colapso en urxencias no clínico de Santiago. A asociaciónd e pacienets e usuarios do CHUS denunciaba este martes a acumulación de pacientes nos corredores habendo camas libres.

- Hiperxel presenta un ERE de extinción mentres negocia unha oferta de compra...Na provincia da coruña, lembramos que hai arredor de 100 traballadores dos 300 que hai en Galicia

Nunha semana os partidos teñen que presentar as candidaturas para as eleccións xerais de xullo. Xa se coñecen os cabezas de lista do PSOE. PP e BNG aínda non concretaron ningún nome e na chamada esquerda rupturista, vinculada a Podemos ou as Mareas, aínda se descoñece se haberá candidatura propia ou se suman ó proxecto de Yolanda Díaz que en 2019 foi elexida pola provincia de Pontevedra. Preparativos das xerais mentres continúan as negociacións pra formación dos gobernos municipais. A asemblea de Compostela Aberta acepta negoaciar a entrada no executivo local

Vaise cumplir mañá un ano de que o viaducto do Castro, na A6, se viñera abaixo. Desde entón as comunicacións por estrada entre Galicia e a Meseta quedaron comprometidas. Hoxe, Xunta e Junta de Castela-León remitiron unha carta ao Ministerio para que acelere a súa reconstrucción. Pasaría por facer ó mesmo tempo ós outros dous viaductos e non cada un por separado.

Tamén neste martes comezou a proba da ABAU na que participan case 12.800 estudantes.

A segunda república e a Revolución Gloriosa foron os temas do primeiro exame da AVAU esta mañá., o de Historia de España. Case 12.800 estudantes galegos desembarcaron hoxe nos distintos centros de exame, incluida, en Pontevedra unha unidade específica pra alumnbos que precisan apoio ou teñen algunha discapacidade. Unha das novidades desta edición é a volta da detección de frecuencias en todas as aulas, pra evitar prácticas fraudulentas e garantir ao mesmo tempo a seguridade das probas.
 

As direccións xerais do PSOE e do BNG pactaron este luns apoiarse mutuamente pra investir como alcaldes ós seus candidados nas diferentes corporacións locais, iso sí, deixandolles liberdade pra decidir. Neste contexto, hoxe na capital galega, Compostela aberta celebra asemblea pra decidir se forma ou non goberno xunto ó BNG. Mentres o PSOE, pide tempo pra reflexionar. E na cidade herculina, aínda non houbo ningún contacto entre o PSOE e o BNG pese a que a socialista Inés Rey necesita do voto dos nacionalistas pra seguir gobernando-

-A policía investiga novos destrozos en sete autobuses da empresa Monbús nas instalacións de Catabois, en Ferrol.

-Os mariscadores da ría do Burgo denuncian que este ano non cobraron as indemnizacións que lles corresponden polo parón de actividade pro dragaxe.

- A asociación ecoloxista ADEGA advirte dos riscos da política eólica da Xunta, e valora a sentenza do Tribunal Superior de Galicia, que anula a autorización do parque de Campelo en Coristanco e Santa Comba

A morte de Ana Vanessa Serén a máns da súa exparella abriu de novo o debate sobre as medidas de protección das víctimas. O Garda civil autor da acción fora detido pero por falta de informes non tivo xuizo. Impúxoselle unha orde de alonxamento da muller pero non tiña ningún mecanismo de control.

Sobre o Pintanxo, a Comisión que investiga os accidentes marítimos, fixo público un comunicado no que di que se alcanzaron tódolos obxectivos na inspección dos restos do pesqueiro