Aproxímase o verán e como tódolos anos comezan a evidenciarse problemas na atención sanitaria. En principio hai falta persoal nos PAC da comarca de Vigo.
Pero o peor, din desde a xunta de persoal, é que toda esa zona vai sofrir un incremento de poboación inportante nas próximas semanas coa chegada de veraneantes.
E en Celanova o máis probable é que o sábado 17 non se vaia poder constituir a corporación municipal. Está en risco por un erro na transcripcion dos resultados das eleccions municipais.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Sanitarios de toda galicia reflexionan hoxe sobre dúas cuestións de relevancia na nosa sociedade. Por un lado, en VIgo, os xeriatras alertan de que o envellecemento terá un impacto equiparable nos vindeiros anos ó do cambio climatico. Entre os retos, a soidade non desexada dese colectivo... que adoita sufrir enfermidades crónicas, que é un dos asuntos que analizan os internistas en Ourense. Unha das novas causas de incapacidade é o covid persistente, pero ó non ter diagnose posible resulta difícil darlle a resposta axeitada.
Queda unha semana e un día pra que se constitúan as novas corporacións locais. Pero das cidades da provincia, só Ferrol ten clara a conformación do executivo municipal. A maioría absoluta do popular José Manuel Rey Varela non deixa lugar a dúbidas. Pero nin na Coruña nin en Santiago se definiu aínda o número de cores dos gobernos. As reunións das últimas horas só serviron pra ratificar que estas cidades efectivamente terán cores progresistas, gobernos de esquerdas, pero de momento non se confirma nin o tripartito en Compostela nin o bipartito na cidade herculina. Haberá novos encontros a semana que vén.
- O comité de Navantia reclama que a campaña electoral non ralentice os avances en investimentos e na negociación do convenio colectivo. Do contrario, convocarán novas mobilizacións.
- Dirección e sindicatos da empresa de telemárketing Abai poderán negociar o ERE ata o día 21. Os traballadores cren que a medida só obedece a un intento da compañía de aumentar a marxe de beneficios.
- O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos condena a España por violar a liberdade de expresión do sindicalista Pablo Fragoso, que incitou á queima da bandeira durante unha protesta en Ferrol. Deberá devolverlle a multa que pagou e indemnizalo con seis mil euros
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O PSOE foi o primeiro partido en pechar as candidaturas para as eleccións xerais que se van celebrar dentro de mes e medio. Os comités provinciais da Coruña e Pontevedra atoparonlles acomodo a dous dos derrotados nas pasadas eleccións municipais. Xosé Sánchez Bugallo e Carmella Silva figuran nas candidaturas ó Senado. Ata dentro de dez días non remata o prazo para a presentación de candidaturas. Outra cousa é o rexistro de coalicións, neste caso o límite é esta próxima medianoite
As negociacións entre socialistas e BNG para conseguir maiorías de progreso nos concellos avanzan xa a velocidade de cruceiro. Hai case dúas hora comezaron en Pontevedra pero durante toda a xornada houbo reunións en A Coruña, Lugo e Santiago.
Neste xoves o Tribunal Superior de Xustiza fixo pública a súa memoria anual. O seu presidente alerta do aumento de delitos sexuais en menores.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Durante o ano 2022 houbo dous xuizos semanais por delitos sexuais en Galicia. Son datos dos tribunais de xustiza, que advirten de que na meirande parte dos casos víctimas e agresores se coñecían, e a meirande parte das agredidas eran menores. Alerta o presidente do tribunal do aumento destes delitos, mentres defende a actuación xudicial ante as denuncias previas da muller asasinada pola súa ex-parella en Oia. E advirte de que a protección destas víctimas require rapidez, e pra iso fai falla persoal.
En la investigación de los océanos trabajan muchas mujeres científicas.Aun así, las oceanógrafas tienen mucha menos visibilidad que sus colegas hombres.¿Por qué? Son científicas que aman su trabajo, que consiste en conocer y proteger el universo marino.El papel de estas mujeres es cada vez más relevante en los tiempos de cambio climático que vivimos.En este reportaje ponemos el foco en ellas.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo