As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
a pouco máis de quiince días da data pra constitución das novas corporacións e a elección de alcaldes os partidos van definindo a súa posición. Hoxe será a direccion do PSdeG a que o faga.
A maior incognita está en Ourense... no concello da capital e na Deputación. O alcalde Pérez Jácome e o presidente da institución provincial foron protagonistas durante toda a campaña. Baltar aínda non resolveu os seus problemas coa xustiza por un posible delicto contra a seguridade vial. O xuizo previsto para este mércores tivo que suspenderse pola folga de funcionarios
Abel Caballero (PSOE) ha sido reelegido alcalde de Vigo con el 65% de los votos, por lo que ha conseguido 19 concejales de un total de 27. Ha concedido una entrevista a La noche en 24 horas en la que ha valorado el adelanto electoral anunciado por el presidente del Gobierno, Pedro Sánchez: "Yo creo que era obligado, es respuesta democrática, de honestidad democrática". Sobre los posibles pactos del PP con Vox en otros municipios, Caballero ha dicho estar seguro de que " van a pactar en todas partes". "El PP no va a ceder alcaldías por no pactar con Vox, eso sitúa una tendencia a la derecha del propio PP", ha opinado.
Manuel Baltar, esquiva de novo a xustiza. Hoxe suspendeuse o xuízo programado en Zamora contra o presidente da Deputación de Ourense por exceder a velocidade na A52, debido a folga de funcionarios de Xustiza.
Todo mentres está pendente o seu futuro a fronte do ente provincial os vindeiros catro anos.
Os partidos da oposición na cidade comezaron negociacións pra decidir a quen apoiarán pra dirixir a Deputación. Unha decisión importante, porque dela tamén depende quen será o alcalde de Ourense, con Gonzálo Pérez Jácome como forza máis votada.
'Aire' es lo último de Tanxugueiras. Un tema en el que mezclan sonidos urbanos, con su seña de identidad, el folclore gallego. Este verano vuelven a subirse a los escenarios, recorriendo festivales por todo el país, pero antes han charlado con nosotros.
En Ourense, a dirección provincial do PSdeG quere apartar a Manuel Baltar da presidencia da Deputación. Decidiu iniciar contactos con Democracia Ourensana e o BNG. Rafa Villarino, lider socialista na provincia, sinala que a dirección galega non se oporía.
No Parlamento, a portavoz do BNG insta a Rueda a actuar polos casos de corrupción que afectan o presidente da Deputación de Ourense. O presidente da Xunta evitou referirse ó xuizo pendente de Baltar e pediulle ó BNG que apoie ó candidato do PP á alcaldía de Ourense.
Chega ó Supremo a demanda das industrias lácteas contra Lei da Cadea Alimentaria. Os empresarios defende que os prezos os fixan a oferta e a demanda. A lei impide a venda a perdas.
Nove detidos en Pontevedra e Ourense pola súa implicación en delitos de roubo con violencia. Realizáronse ata seis rexistros, incluio un en Barcelona, nos que a policía tamén atopou droga.
O tempo... de novo risco de treboadas e temperaturas sen cambios.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
- O CIMUS, o centro de investigación de medicina de Santiago, denuncia problemas no suministro de materiais, necesarios pro traballo dos investigadores.
-A UDEF detecta máis de 100.000 eurs opacos do investigado e lider do sindicato da limpeza viaria de A Coruña. Tamén, confirma que a farsa do décimo millonario que dixo haber gañado
- En Santiago, abrirase a finais de xuño un excepcional prazo no que saen ó mercado milleiros de vivendas pra estudantes. Pero as inmobiliarias advirten de que antes do 10 de xullo non quedará nada.
Manuel Baltar ten hoxe cita no xulgado do penal de Zamora. Se a folga de funcionarios non o impide celebrarase o xuizo por un presunto delicto contra a seguridade vial: lembremos o presidente da Deputación foi interceptado pola Garda civil cando circulaba a 215 quilómetros por hora na A-52.
Un Baltar que volve a depender de Jácome para seguir na Deputación. O socialista Rodríguez Villarino cré que é o momento de buscar unha maioría alternativa.
O tempo. Mantense a inestabilidade e o risco de treboadas.
Productores galegos afectados pola limitación no movemento de gando en Castela e León. As vacas que se mercaron na última semana na comunidade veciña agora quedan inmobilizdas debido ao peche decretado polo ministerio de Agricultura.
Optimismo entre os traballadores Ganomagoga tras coñecerse que hai varias empresas interesadas na compra deste grupo. Os 200 traballadores están en ERTE dende mediados de maio pero ainda non cobraron a nómina de abril e parte da deste mes.
A consellaría de política social emitiu un requerimento a unha residencia de anciáns de Guntín por graves irregularidades. Comisións Obreiras denuncia graves faltas de persoal que levan unha deficiente atención dos usuarios.
O próximo curso en Galicia contará con 2 novas asiganturas optativas. Están realacionadas coa intelixencia artificial e impartiranse en cuarto da ESO e en primeiro de bachelerato.
O tempo. Continúa o risco de treboadas no interior.
- O tribunal superior de Xustiza de Galicia denega a petición de suspender o permiso do vertido da mina de San Finx, en Lousame porque considera que non responde a unha especial urxencia.
-Os veciños de Mera denuncian ante a conselleria de medio ambiente o mal estado das augas do río que da nome ao concello
- Xa prestaron declaración os dous tripulantes do veleiro belga que se deu á fuga tras embestir un pesqueiro en Corme e que deixou o patrón ferido. Os feitos ocorreron este luns.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Alfonso Rueda frea os rumores: o adianto das eleccións xerais non afecta ás autonómicas previstas para dentro dun ano. Pero a tóda-las formcións politicas lles parece ben, aínda que por motivos distintos, a decisión adoptada por Pedro Sánchez.
O presidente do PP galego estará hoxe en Madrid para participar na xunta directiva nacionala do partido.
O tempo. Mantense a inestabilidade e o risco de chuvascos treboentos, máis probables pola tarde en zonas do interior.
Onte unha forte tromba de auga causou inundacións en Ourense, incluído o centro comercial Ponte Vella.