- Un lotero de A Coruña ha pasado de encontrar un boleto de la primitiva a ser imputado por apropiación indebida
- La Policía ha identificado al propietario del cupón, a falta de que lo corrobore un juez
- Ya puedes ver el preestreno de 'El misterio del boleto millonario' en RTVE Play
Conmoción este luns en Galicia polo sucesos que ocorreron esta pasada fin de semana. A policia segue a investigar o asasinato dunha muller de 33 anos en Marin ocorrido esta madrugada . O presunto agresor atópase detido na Comisaría de Pontevedra. e tamen pendentes de que pasen a disposición xudicial os tres homes detidos polo intento de homicidio dun mozo en Ribeira. A hipótese que se baralla nos dous casos é por un asunto de drogas.
Un home foi detido esta mañá comp presunto autor da coitelada mortal a unha muller de 33 anos nunha parroquia entre Marín e Pontevedra. Vítima e agresor coñecíanse pero non eran parella.
E nas vindeiras horas pasarán a dispor xudicial os tres detidos en Tui como presuntos autores do disparo e as catro coiteladas recibidas por un cidadán marroquí de 27 anos. Aínda sumamos outra coitelada, esta mañá na Coruña. Os sindicatos policiais reclaman medios pra reforza-la seguridade e a prevención ante o aumento deste tipo de delitos na comunidade.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
A policía tardou poucas horas en dar cos supostos autores da agresión a un mozo na madrugada do domingo en Ribeira. Tres persoas foron arrestadas en Tui. Investígase e o caso ten que ver co tráfico de drogas.
Precisamente hoxe está previsto o inicio en Pontevedra dun xuizo por narcotráfico. Entre os acusados figura Carlos Silla. Haberá que ver se a folga dos funcionarios de xustiza obriga a suspensión a vista oral ou a fixada en Vigo contra dous exalcaldes de Nigrán.
Deportes. O Celta queda con só catro puntos de marxe co descenso: mañá ten unha nova oportunidade pra certificar a permanencia.
O tempo. Hoxe soben algo as temperaturas, pero pola tarde vai aumentar a nubosidade, sobre todo no norte.

Entrevista con Carlos Villar, avogado da ONG Ecos do Sur e portavoz da rede galega de trata, realizada por Xosé Manuel García.
pendentes do mozo de 27 años ingresado no CHUS en estado grave tras recibir alomenos dúas puñaladas na localidade coruñesa de Ribeira a pasada madrugada. Polo de agora non hai ningún detido en relación con estes feitos.
Por outra banda, hoxe houbo dúas manifestacións: en Lugo, centos de persoas concentráronse en protesta pola proliferación de parques eólicos en Galicia, mentres que na Coruña as traballadoras de Vegalsa-Eroski saíron da praza do Obelisco pra esixir que a empresa volva ó convenio provincial.
Entrevista co director do museo Centro Galego de Arte Contemporáneo, realizada por Andrea Oca.