Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A unha semana do xuizo por un presunto delito contra a seguridade vial coñecemos que outro radar captou o coche de Manuel Baltar a 173 quilómetros por hora en Allariz.... E polo tempo que tardou entre os dous puntos dedúcese que a velocidade media foi superior á máxima permitida. Así que a oposición sinala que nada de despiste como di o presidente do PP ourensán e pídelle de novo a dimisión.

Baltar volverá a coincidir hoxe en dous actos de campaña co presidente do PP galego, Alfonso Rueda, en Xinzo e Toén.

Deportes. O Celta buscará hoxe ante o Girona tres puntos que certifiquen a súa permanencia en primeira división

O tempo. Sen cambios, con risco de treboadas á tarde no interior.

Conmoción este luns en Galicia polo sucesos que ocorreron esta pasada fin de semana. A policia segue a investigar o asasinato dunha muller de 33 anos en Marin ocorrido esta madrugada . O presunto agresor atópase detido na Comisaría de Pontevedra. e tamen pendentes de que pasen a disposición xudicial os tres homes detidos polo intento de homicidio dun mozo en Ribeira. A hipótese que se baralla nos dous casos é por un asunto de drogas.

Un home foi detido esta mañá comp presunto autor da coitelada mortal a unha muller de 33 anos nunha parroquia entre Marín e Pontevedra. Vítima e agresor coñecíanse pero non eran parella.

E nas vindeiras horas pasarán a dispor xudicial os tres detidos en Tui como presuntos autores do disparo e as catro coiteladas recibidas por un cidadán marroquí de 27 anos. Aínda sumamos outra coitelada, esta mañá na Coruña. Os sindicatos policiais reclaman medios pra reforza-la seguridade e a prevención ante o aumento deste tipo de delitos na comunidade.

A policía tardou poucas horas en dar cos supostos autores da agresión a un mozo na madrugada do domingo en Ribeira. Tres persoas foron arrestadas en Tui. Investígase e o caso ten que ver co tráfico de drogas.

Precisamente hoxe está previsto o inicio en Pontevedra dun xuizo por narcotráfico. Entre os acusados figura Carlos Silla. Haberá que ver se a folga dos funcionarios de xustiza obriga a suspensión a vista oral ou a fixada en Vigo contra dous exalcaldes de Nigrán.

Deportes. O Celta queda con só catro puntos de marxe co descenso: mañá ten unha nova oportunidade pra certificar a permanencia.

O tempo. Hoxe soben algo as temperaturas, pero pola tarde vai aumentar a nubosidade, sobre todo no norte.

pendentes do mozo de 27 años ingresado no CHUS en estado grave tras recibir alomenos dúas puñaladas na localidade coruñesa de Ribeira a pasada madrugada. Polo de agora non hai ningún detido en relación con estes feitos.

Por outra banda, hoxe houbo dúas manifestacións: en Lugo, centos de persoas concentráronse en protesta pola proliferación de parques eólicos en Galicia, mentres que na Coruña as traballadoras de Vegalsa-Eroski saíron da praza do Obelisco pra esixir que a empresa volva ó convenio provincial.