Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Tiña que comezar hoxe, pero finalmente quedou desconvocada a folga dos traballadores de Urbaser, a concesionaria da recollida do lixo en Santiago.

A empresa aceptou finalmente todas as reivindicacións do persoal que pedía que se cumplisen os acordos do convenio e os extra-convenio.

- O Pleno do consistorio de Ames aprobou a creción dunha empresa publica pra municipalizar a xestión da Auga. Subrogará ós 16 empregados da actual concesionarias, Espina y Delfín.

- As praias da Coruña prepáranse dende hoxe pra chegada dos bañistas en verán. Os traballos comezarán hoxe coa retirada da duna de Riazor.

- . 3.200 persoas se deron cita na Coruña esta fin de semana pra participar na Carreira Solidaria Runki. O acto deportivo que loita pola inclusión das persoas con discapacidade funcional

Estamos no mes das letras galegas e sucédense os actos de recoñecemento para Francisco Fernández del Riego. Hoxe profundamos na súa figura coa axuda de Malores Villanueva, unha das súas biógrafas e secretaria de Fundación Penzol. Con ela falou Cruz Mato

Os traballadores da educación Concertada manifestáronse hoxe en Santiago a favor deste servizo... Critican a Consellería de educación por acabar -din- con estes centros.

Recriminan que a Xunta prefira pechalos en lugar de promocionar medidas ante a falta de matriculacións polo efecto da baixada da natalidade. Algo que advirten irá en aumento os vindeiros anos.

Antes de desenvolver éstes e máis asuntos coñecemos a previsión do tempo para as próximas horas.

Continúan publicándose audios comprometedores contra o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. Desta vez as últimas grabacións publicadas polo diario La Región apuntarían a un presunto cobro de comisións ós seus asesores e manexo de diñeiro negro. Unha situación que os seus ex-compañeiros de Democracia Ourensana levarán de novo á UDEF para reabrir as causas que presentaran no 2020 contra o rexedor por este mesmo motivo.

E respecto ó caso Baltar, o PSdG estuda persoarse como acusación popular no proceso penal contra o presidente da Deputación de Ourense.

Seguen en Ourense os movementos xudicials entorno ó rexedor da cidade e o presidente da deputación. Os ex compañeiros de partido de Jácome acudirán á UDEF pra tratar de cosneguir que se reabra a ivnestigación dunha denuncia que foi sobreseída, na que eles xa poñían de manifesto cobros en B ós membros de Dwemocracia oUrensána

E os socialistas pedirán persoarse no proceso penal contra Manuel Baltar, á vista de que a deputación lles nega a información requerida sober as sancións de tráfico.