Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O PSdeG pide a convocatoria da comisión bilateral de competencias entre o goberno nacional e o galego. Valentín González Formoso ofrécese como interlocutor entre Rueda e o executivo de Sánchez.

Pra o BNG o proxecto de Lei do litoral da Xunta é un artificio que só busca a confrontación. Ana Pontón ten a impresión que o texto legal só busca a consolidación de ENCE na na ría de Pontevedra

Baixou o paro en abril e xa hai menos de 140 mil desempregados. Pero Galicia foi a terceira comunidade cun peor comportamento do emprego a pesar do impacto da Semana Santa.

Traballadores de correos propoñen prestar servizos financieiros, seguros ou de telecomunicacións. Sería un xeito de atallar a perda de servizos que sofre particularmente o medio rural.


O tempo. mantese a inestabilidade e as treboadas, con temperaturas máis baixas.

A cinco días da súa comparecencia xudicial por un presunto delicto contra a seguridade vial, Manuel Baltar terá que dar, de novo, explicacións no pleno da Deputación provincial. Ás 10 comeza un pleno extraordinario.
Non se agarda que cambie o discurso do pasado venres: entón pediu disculpas persoxa dixo que non pensa dimitir.

Deportes: O Celta cae en Xetafe cun penalti no primeiro minuto do partido.

O tempo: Mantense a inestabilidade e van continuar os chuvascos que serán máis xeralizados pola tarde. Descenso significativo das temperaturas que volven a valores máis normais.
 


Estamos a pouco máis dunha semana de que comece a campaña para as eleccións municipais. Os partidos presentan a diario aos seus candidatos nos diferentes concellos. O PP exhibe músculo e será o único que vaia ter candidato en tódolos de Galicia, 313. Á esquerda do PSOE ábrese un amplo abano de opcións...

Tamén na política, o presidente da Xunta refereiuse hoxe ao encontro que mantivo onte co Delegado do Goberno. Rueda acusou a Besteiro de falta de concrecións nos temas que abordaron.
 

O Grove estuda restrinxir a presenza de autocaravanas que lle están a ocasionar un serio problema de xestión.O concello sinala que non ten espazo físico para todas nin medios pro tratamento das augas fecais ou o lixo que xeneran.

ADEGA denuncia grandes plantacións ilegais de eucalipto no Xistral. Calcula que abarcan dúascentas hectáreas e piden as administracións que obriguen a restaura-lo terreo.

Preto de mil traballadores incorpóranse hoxe ó dispostivo contra incendios. Son operarios fixos discontinuos, que traballan para a Xunta seis meses ó ano. Eles reclaman un vínculo laboral permanente, e non só de maio a outubro.

A empresa do Porriño Maderas Iglesias, con 170 traballadores, podería entrar en liquidación nos vindeiros días. O comité de empresa culpa ás 5 entidades bancarias ás que a firma lles debe 4 millóns de euros.

O tempo. Máis inestabilidade con risco de treboadas, iso sí con temperaturas altas e sensación de bochorno

A cordialidade nas formas non evitou que Alfonso Rueda e Gómez Besteiro puxeran en evidencia as profundas diferencias entre o Goberno e a Xunta. Foron todo discrepancias... non estiveron dacordo nin a forma de comparecer ante os medios.

Mañá, unha nova oportunidade pra alcanzar un acordo entre sindicatos e patronal do transporte de viaxeiros por estrada ue permita a desconvocatoria da folga prevista a partir do luns.

Deportes. O Celta xoga hoxe un novo partido de Liga en Xetafe. Unha oportunidade pra certificar a permanencia

Encontro institucional esta tarde en Santiago entre os representantes da Administración Autonómica e da Central. Alfonso Rueda e Xosé Ramón Gómez Besteiro celebraron a que foi a primeira reunión institucional despois de que se producira o relevo na delegación do goberno. A lei do Litoral dentrou boa parte dun encontro polo demáis cordial.

E tamén esta tarde estamos moi pendente do novo encontro entre a patronal do transporte de viaxeiros por estrada e os sindicatos dos condutores. Se non se producen avances -ainda non rematou- hai convocada nova xornada de folga o proximo luns.