Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O persoal de limpeza viaria de Ames secunda hoxe unha folga total, en demanda dun salario digno e acorde ao IPC.

Os 21 traballadores recriminan que as últimas subas da empresa concesionario non supuñen non chegan nen sequera a un 1%, mentres a carestía da vida subiu un 6%.

Hoxe reçunense en Santiago as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar con representantes do concello pra negociar un aumento da dotación a concesionaria Servisar.

O hospital da Coruña estrea este luns unha nova unidade pros tratamentos ambulatorios de quimioterapia. Un servizo que antes se realizaba no Hospital Teresa Herrera, no materno do CHUAC.

Continúa aberta a investigación pola morte da muller de 86 anos ocorrido na coruña o pasado venres. Malia que o corpo da vitima amosaba sinais de violencia , o acceso á vivenda non aparentaba que fose forzado.

Unha ducia de feridos e aínda poido ser peror. Un coche derrubou a carpa na que se celebraba unha verbena en Vilanova en plena actuación. Ó parecer a conductora perdeu o control do vehículo.

E quen teña que tomar hoxe un autobús saiba que o servizo funciona con normalidade tra-lo preacordo que permitiu a desconvocatoria da folga indefinida que ía comezar hoxe. Iso sí case a metade dos conductores se mostraron en contra do pacto, porque consideran que non se tocaron as condicións de trballo que se están deteriorndo.

O tempo: Hoxe teremos máis nubes ca claros e soben as temperaturas.

Suspendeuse a folga no sector do transporte por estrada que ía comezar a próxima medianoite. Ainda que se conseguiron as subas salariais, un 45 por cento dos condutores non apoiou o acordo. Cren que hai que mellorar as condición laborais que están moi deterioradas desde que hai dous anos.

Tamén este domingo estamos pendentes das oposicións a Correos que se están a celebrar en Silleda e nas que se examinan máis de 5.000 aspirantes. Para os 431 postos de Galicia se presentaron 4.401 opositores

Neste sábado volvemos a estar moi pendentes da folga no sector do transporte por estrada previsto o seu inicio para a medianoite de mañá. No Consello Galego de Relacións Laborais está a celebrarse desde o mediodía un novo encontro entre patronal e sindicatos convocado in extremis.

Na actualidade política xa pendentes do arranque da campaña das municipais. Dentro dunha semana xa estaremos metidos de cheo nela. Hoxe a ministra Isabel Rodríguez fai precampaña en Santiago, Lugo e Ferrol

O presidente da deputación de Ourense, Manuel Baltar, rachou hoxe o silencio que gardara onte no pleno extraordinario da institución non que se preguntaba sobre o incidente no que foi localizado circulando nun coche oficial a 215 kilómetros por hora. Baltar di que onte non dixo nada porque non eran preguntas directas a él como presidente e atribúe todo o interese á proximidade da campaña electoral.

E nos deportes hoxe día de loito polo pasamento do adestrador Arsenio Iglesias aos 92 anos.

O conflito entre patronal e sindicatos do transporte de viaxeiros por estrada en Galicia están lonxe de solucionarse. Mantense a convocatoria de folga indEfinida a partir do luns aínda que na Xunta confían en que haxa solucións. Coa suba salarial como principal punto de conflito, os sindicatos están en desacordos cos aumentos propostos pra 2021 e 2022... Os traballadores tamén pedían cambios nas condicións de contratación dos acompañantes do transporte escolar. Así, a partir do luns haberá folga indefinida e os representantes dos traballadores xa pensan en impugnar os servizos mínimos.

Suspendida en Manila a vista programada pras 7 desta mañá, hora española, na que declararían no xulgado Filipino os tres policías acusados de asasinar ao Coruñes Diego Bello 2020.

A Policía Local da Coruña poderá empregar xa drons pra vixiancia de grandes eventos, logo de que o último pleno ordinario do Concello aprobase o regulamento pro uso de aeronaves non tripuladas.

A provincia contará con 37 praias con bandeira azul neste ano. Súma tan só un areal máis a lista do pasado ano; a praia da Caranza en Ferrol.