Segundo día de busca do mariñeiro, residente en Arteixo, que desapareceu este martes no mar ao caer mentres faenaba do barco galego Novo Xoel, con base en Camariñas. O suceso ocorreu en Cantabria, a cinco millas do lugar de San vicente de la Barquera.
Nuns minutos ampliamos este asunto. Antes repasamos outros titulares da provincia, con Pablo Montero
SINTONÍA TITULARES
- .. Sen acordo entre as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar e a concesionaria SERVISAR . A empresa segue negándose a retirar a súa proposta de cambio de condicións laborais. E as traballadoras ameazan con ir á folga pra primeiros de maio se a empresa non muda a sua postura.
- . A CNT demanda ao concello de Muros por douscentos mil euros porque di que
é a débeda acumulada polas horas extraordinarias do servizo de emerxencias do concello nos tres anos anteriores ao 2023.
- . Comisións obreiras asina o preacordo do convenio do comercio vario da provincia da Coruña, que regula as condicións laborais de máis de 20 mil persoas. Entre outras cousas supón un aumento de salario do 11, 5 por cento e a incorporación do sector moble.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
A vista posta hoxe no mar. E por distintos motivos.
Por un lado, a reunión telemática entre os científicos da Unión Europea e o sector pesqueiro, para analizar o informe do Consello Internacional que pretende ampliar o número de zonas vedadas á pesca de fondo. Parece que en setembro Bruxelas xa podería dar o coñecer o informe de impacto socioeconómico.
Por outro lado, continúa sen avances a busca do mariñeiro do Novo Xoel desaparecido en augas de Cantabria. O pesqueiro ten base en Camariñas.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
- Se trata de un tripulante del barco gallego Novo Xoel, que participa en la pesca costera del bocarte
- Este es el segundo accidente de este tipo registrado en Cantabria en abril tras el naufragio del Vilaboa Uno
Os riscos do traballo no mar volven hoxe ás nosas portadas. En Cantabria segue a busca dun mariñeiro que caeu ó mar cando o barco, con base en Camariñas, andaba ó bocarte. Trátase dun home de orixe peruana que se precipitou á auga cando lanzaba a rede. Na súa busca participan outros pesqueiros de Camariñas que se atopan na zona xunto ós servizos de emerxencia de Cantabria.
E no mar tamén se atopou esta mañá unha macheta que podería se-la arma coa que se cometeu o homicidio de Muros. Crese que o presunto autor a tirou á auga en Esteiro pra eliminar probas.
O rexidor de Santiago, Sánchez Bugallo, penalizará economicamente ó servizo de axuda no fogar por incumprimento de contrato. Mentres as traballadoras deste servizo amenazan con ir á folga se a empresa non muda a sua postura de cambio nas condicións laborais.
- .. Os traballadores de Urbaser Narón, desconvocan a folga que tiñan prevista pra hoxe, tras chegar a un preacordo coa empresa pra renovación do seu convenio colectivo que levaba caducado dende 2019-
- . A GIG denuncia falla de transparencia no proceso de transición para As Pontes e Meirama. Acusa a RedE Eléctrica de non ofertar evacuación de enerxía tra-lo peche das centrais por motivos inxustificados e reclama unha oferta por concurso público.
- . A rexidora de Coruña non contempla municipalizar o transporte público urbano pero non desbota aproveitar a nova licitación para rediseñar o mapa de liñas de bus e renovar a frota de vehículos para que sexan menos contaminantes
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Cada vez desde máis ámbitos da sanidade se pón en dúbida de que a atencion que reciben os pacientes vaia mellorar co acordo que permitiu a folga de médicos. A plataforma Sos sanidade pública considera que se limita a mellorar o salario dos facultativos. un grupo de médicos e residentes insisten en que o problema son as axendas e reclaman un máximo de 30 pacientes diarios e un mínimo de quince minutos por consulta.
Pasou a súa primeira noite no cárcere o presunto parricida de Muros; e, en Vigo a policía investiga unha empresa de axuda a domicili pola suposta situación irregular das súas traballadoras, a maioría estranxeiras
O xuíz decretou prisión provisional pro suposto parricida de Muros. O mozo, de 19 anos, está investigado por homicidio.
É a principal nova das últimas horas, nun día no que se anuncian novas mobilizacións na Sanidade.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O final da folga e os acordos alcanzados polo Sergas cos traballadores non poñen fin á conflictivaidade entorno á sanidade pública galega. SOs sanidade pública insiste en reclamar un cambio de modelo e un reforzo na atención primaria. Este mércores convocan ocncentracións en numerosas localidades. Piden ós cidadáns que se alíen cos traballadores pra mellora-lo servizo. A oposición apoia a demanda, e un cambio integral na política do goberno galego.
Conmoción en Muros polo parricidio cometido esta fin de semana que acabou coa vida dun home de 59 anos a mans do seu fillo de 19. Hoxe o acusado está previsto que pase a disposición xudicial.
- .. O concello das Pontes plántase contra a especulación. Negocia con Endesa unha clausula nos contratos de venda de casas, do poboado das Veigas, coa fin de garantir que as persoas que compran vivendas, sexa pra residir nelas.
- . Os traballadores de Hiperxel comezan hoxe unha folga indefinida. Na provincia da Coruña hai 21 tendas das 100 que hai en toda Galicia.
- . As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Santiago decidirán este luns en asemblea se van a folga en maio, ante a proposta da empresa de modificar as súas condicións de traballo