Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Segue a loita contra os incendios. Nas últimas horas as alarmas voltaron saltar en dous municipios do sur de Pontevedra, os de Crecente e Arbo, onde o lume se achega ás casas en varios puntos. O ministerio de medioambiente envia 7 medios aereos, 6 avións anfibios e un helicóptero para sofocar os incendios de Arbo e dous dos declarados nas últimas horas en Porto do Son // O secretario de organización de Podemos, Pablo Echenique viaxa a Galicia para negociar con En Marea. 11/08/16

Ceos despexados en toda Galicia despois dunha mañá só con algunhas nubes baixa a primeira hora no terzo norte. Un día que estará marcado pola entrada dunha masa de aire cálido dende o sur. 11/08/16

Os incendios forestais seguen a afectar a zonas poboadas, sobre todo na provincia de Pontevedra onde, a pasada noite, volveu ser de loita contra as lapas. Nesta ocasión no límite entre os concellos de Soutomaior e Redondela. En Ventosela, en Redondela, houbo que desaloxar a 20 nenos que estaban nun centro de Aldeas Infantiles, foron evacuados e pasaron a noite na Base da Brilat, no cuartel de Figueirido // Controlado o lume que lle afectara ao concello pontevedrés de Cotobade e que obrigara a decretar a situación 2, pola súa proximidade ás casas. Os equipos loitan agora para extinguilo, despois de que leve queimadas 365 hectáreas // Non lonxe do foco do incendio de Soutomaior, os veciños atoparon feixe de polas e follas secas colocadas sobre un palé de madeira que identificaron inmediatamente coma un artefacto preparado para prender lume. O dispositivo tiña unha lata no medio e cóidase que, de ter prendido lume, provocaría un importante incendio. 10/08/16

La situación ha mejorado y a esta hora el único que sigue fuera de control es el de Soutomaior. A unos quilómetros de este foco, unos vecinos han encontrado un fajo de hojas secas amontonadas sobre un palé, que identificaron como posible objeto incendiario. Medios terrestres y aéreo siguen pendientes de viento, que no amaina y el riesgo de que se reavive el fuego sigue siendo extremo.

Os incendios forestais seguen a afectar a zonas poboadas, sobre todo na provincia de Pontevedra onde, a pasada noite, volveu ser de loita contra as lapas // Controlado o lume que lle afectara ao concello pontevedrés de Cotobade e que obrigara a decretar a situación 2, pola súa proximidade ás casas // Non lonxe do foco do incendio de Soutomaior, os veciños atoparon feixe de polas e follas secas colocadas sobre un palé de madeira que identificaron inmediatamente coma un artefacto preparado para prender lume. 10/08/16

O ceo segue prácticamente despexado en toda Galicia salvo no norte das provincias da Coruña e Lugo onde pode caer algún orballo. As temperaturas que refrescaron sobre todo na tarde de onte continuarán sen apenas cambios ou algo máis baixas. 10/08/16

Catro incendios forestais, tres na provincia de Pontevedra, en Caldas, Mondariz e Cotobade e un en Ribeira levan arrasado máis de 885 hectáreas de monte nas últimas horas. Nos 3 que se declararon na provincia de Pontevedra houbo mesmo que activar o nivel dous de alerta pola proximidade do lume ás casas // Presentada unha segunda candidatura para as primarias de Podemos de cara ás eleccións galegas. Formalizouna o exsenador José García Buitrón que se vai enfrontar á candidata do sector oficial, Magdalena Barahona. Buitrón é partidario de integrarse en En Marea, mentres a tese do partido mantén a opción de formalizar unha candidatura independente e negociar despois unha coalición // Edificios e lugares emblemáticos da Coruña teñén estes días uns paseantes moi especiais. Celébrase na Coruña unha nova edición do festival do cómic "Viñetas desde o Atlántico". 09/08/16

Tres incendios forestales declarados durante la tarde y noche de este lunes en la provincia de Pontevedra han arrasado ya más de 800 hectáreas. En concreto, el fuego ha quemado unas 365 hectáreas en Cotobade, 290 en Caldas de Reis y 160 en Mondariz. Así lo ha señalado la Consellería do Medio Rural, en relación a las últimas estimaciones provisionales relativas a estos tres incendios, todos ellos concentrados en la provincia pontevedresa y que en el caso de Cotobade y Caldas han obligado a desalojar a los vecinos.

Catro incendios forestais, tres na provincia de Pontevedra, en Caldas, Mondariz e Cotobade e un en Ribeira levan arrasado máis de 885 hectáreas de monte nas últimas horas segundo os últimos datos ofrecidos pola Xunta // Presentada unha segunda candidatura para as primarias de Podemos de cara ás eleccións galegas. Formalizouna o exsenador José García Buitrón que se vai enfrontar á candidata do sector oficial, Magdalena Barahona // Celébrase na Coruña unha nova edición do festival do cómic " Viñetas desde o Atlántico". 09/08/16

Unha fronte pouco activa que entra polo norte fará que se retire a masa de aire cálido dos últimos días e iso axudará a que as temperaturas máximas baixen sobre todo cara o final do día. 09/08/16

A loita política por acceder ao Parlamento Galego, en plena efervescencia, pese a estarmos en pleno agosto. Os datos aportados polas enquisas, segundo os que podería darse un empate entre o PP e a suma de todos os grupos da oposición de esquerdas non fán máis que avivar o enfrontamento // A Secretaria de Análise Política de Podemos, a galega Carolina Bescansa apúnta á posibilidade de que a súa formación se presente en solitario ás eleccións galegas do 25 de setembro. Unhas declaracións realizadas esta mañá logo de que os representantes de En Marea lle deran á formación morada un prazo de 48 horas para integrarse ou presentarse por separado neses comicios // O histórico líder nacionalista, Xosé Manuel Beiras anuncia por twitter que rematou o seu periplo parlamentario. O voceiro de Anova de 80 anos e con máis de 40 na política dí que está cumprido, ao tempo que nesta rede social dá o seu aval ao candidato á Xunta de En Marea, Luis Villares. 08/08/16

A loita política por acceder ao Parlamento Galego, en plena efervescencia, pese a estarmos en pleno agosto // A Secretaria de Análise Política de Podemos, a galega Carolina Bescansa apúnta á posibilidade de que a súa formación se presente en solitario ás eleccións galegas do 25 de setembro // O histórico líder nacionalista, Xosé Manuel Beiras anuncia por twitter que rematou o seu periplo parlamentario. 08/08/16