Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Continúan publicándose audios comprometedores contra o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. Desta vez as últimas grabacións publicadas polo diario La Región apuntarían a un presunto cobro de comisións ós seus asesores e manexo de diñeiro negro. Unha situación que os seus ex-compañeiros de Democracia Ourensana levarán de novo á UDEF para reabrir as causas que presentaran no 2020 contra o rexedor por este mesmo motivo.

E respecto ó caso Baltar, o PSdG estuda persoarse como acusación popular no proceso penal contra o presidente da Deputación de Ourense.

Seguen en Ourense os movementos xudicials entorno ó rexedor da cidade e o presidente da deputación. Os ex compañeiros de partido de Jácome acudirán á UDEF pra tratar de cosneguir que se reabra a ivnestigación dunha denuncia que foi sobreseída, na que eles xa poñían de manifesto cobros en B ós membros de Dwemocracia oUrensána

E os socialistas pedirán persoarse no proceso penal contra Manuel Baltar, á vista de que a deputación lles nega a información requerida sober as sancións de tráfico.

Esta madrugada foi o pistoletazo de saida da campaña electoral. Na provincia da Coruña agardanse o longo do dia numerosos actos onde comparecerán os aspirantes a gobernar os diferentes concellos. Quedan por diante pouco máis de duas semanas ata o día decisivo- o 28M.

- . Manifestación dos traballadores de Navantia Ferrol. Xunto a eles marcharán tamén os empregados das empresas LIDL e GT-Motive.

- . Este xoves manifestaronse os empregados de Alu ibérica contra a decisión do FOGASA que accedeu a pagarlles as indemnizacións polos despedimentos.

- . A Asociación de Pacientes do CHUS oponse o novo programa do servizo galego de saúde, o coñecido como XIDE

Esta madrugada foi o pistoletazo de saida da campaña electoral. Na provincia da Coruña agardanse o longo do dia numerosos actos onde comparecerán os aspirantes a gobernar os diferentes concellos. Quedan por diante pouco máis de duas semanas ata o día decisivo- o 28M.

- . Manifestación dos traballadores de Navantia Ferrol. Xunto a eles marcharán tamén os empregados das empresas LIDL e GT-Motive.

- . Este xoves manifestaronse os empregados de Alu ibérica contra a decisión do FOGASA que accedeu a pagarlles as indemnizacións polos despedimentos.

- . A Asociación de Pacientes do CHUS oponse o novo programa do servizo galego de saúde, o coñecido como XIDE

O xuizo ó presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, queda para despois das eleccións. O caso pasa a un xulgado do penal de Zamora. Baltar, que onte se deu un abrazo con Alfonso Rueda nun acto político en Pereiro de Aguiar,

rexeita o procedemento incoado e da por resolto o caso co pago da correspondente multa. Nese acto electoral anunciou que o PP tamén presentou denuncia polas presuntas irregularidde cometidas polo alcalde Pérez Jácome co que agora rexeita calquera pacto.

Dous casos que marcan o comezo da campaña electoral

En principio o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, será xulgado o próximo 31 de maio por conducir cun coche oficial a 215 kilómetros con hora. Hoxe puidose celebrar un xuízo rápido telemático, pero Baltar non se conformou co escrito da acusación nin coa pena solicitada pola Fiscalía (a retirada do carné de conducir e unha multa), polo que non se puido dictar sentenza de conformidade. Ademais, antes da celebración do acto de presentación do candidato popular a alcaldía de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, asegurou que o seu partido non volverá pactar co alcalde, Pérez Jácome, debido ós audios publicados nos últimos días. Uns audios polos que hoxe presentaron unha denuncia ante a Fiscalía Provincial de Ourense.
 

Confusión entorno á segunda cita nos xulgados de Pobra de Sanabria, acusado dun delito contra a seguridade vial. Estba citado ás 9 da mañá, pero segundo o trribunal superior de xustiza de castela e león o seu procurador enviou un escrito ó xlgado pra manifestar a súa vontade de non comparecer. Porén, o seu respobsable de comunicación asegura que foi unha confusión, e que o presidente da deputación está a comparecer arestora de xeito telemático

BNG e PSOE consideran lamentable todo o que está a suceder entorno ó procesamento do presidente da deputación ourensá, e tamén á situación de Jácome, cercado por gravaciós e coa fiscalía iniciando dilixencias.

Seguemento cae total na folga dos traballadores de Urbaser, a concesionaria do servizo de Limpeza de Ames, a pesar dos servízos mínimos impostos polo Concello.

Os traballadores xa presentaron un recurso contra a medida. Consideran que foi un acto de mala fé do consistorio pra tapar as súas reivindicacións.

Nuns minutos ampliamos estos asuntos. Antes repasamos outros titulares da provincia con Silvia Muíña.

- . Os traballadores de Nostían critican a postura da empresa Albada, que se nega a firmar os acordos acadados co comité hai 4 semansas. Os empregados manteñen a convocatoria de folga a partír do 21 de maio.

- . Preocupación na Coruña tralo anuncio do concello de que se construirán as vivendas sociaís no polígono 3 da Maestranza cedido por DEFENSA, a pesar de que o lugar alberga restos da muralla da cidade, declarado BIC.

- En Santiago, desprendeuse este martes a placa do falso teito dunha habitación da unidade de Psiquiatría do Gil Casares. A CIG sinala ao estado ruinoso das instalacións como posible causa

Manuel Baltar e Gonzalo Pérez Jácome, presiddente da deputación e alcalde de Ourense son os protagonistas destas horas previas ó comezo da campaña electoral para as eleccións municipais do día 24.

Baltar porque ten cita no xulgado da Pobra de Sanabria por un presunto delito contra a seguridade vial e Pérez Jácome porque a fiscalia abriu unha investigación tra-la publicación de varios videos que poñen en dúbida a súa xestión.

A campaña electoral electoral arrinca esta medianoite cos líderes dos tres principais partidos en Galicia, Alfonso Rueda, Ana Pontón e Valentín González Formoso, acompañando ós seus candidatos á alcaldía de Santiago.

Pero antes do comezo oficial da campaña, o presidente do PP de Galicia estará con Manuel Baltar nun acto no concello ourensán de Pereiro de Aguiar

Boa tarde...Ourense continúa a ser o centro das polémicas esta semana na nosa comunidade. O xulgado de Instrucción nº 3 da cidade abre dilixencias pola denuncia presentada polo BNG contra Gonzálo Pérez Jácome a raíz dos audios nos que presuntamente intentaba que uns funcionarios do Concello asumisen unha multa de tráfico do seu coche cando circulaba pola cidade de Vigo.

Pola súa parte, o alcalde asegura que tanto estes audios como os que se publicaron durante estes días están manipulados e forman parte dunha campaña mediática para afastalo da política. Todo isto nunha xornada na que o xulgado de instrución de Pobra de Sanabria sinala pra mañá o xuizo rápido ó presidente de Deputación, Manuel Baltar, por un presunto delito contra a seguridade vial.