Centos de persoas concentráronse este mediodía na Guarda pra esixir que se paralicen os proxectos de eólica mariña previstos tanto nesa localidade como nas de Oia, O Rosal e Baiona.
Todo isto nunha xornada na que os bateeiros concentráronse en Santiago pra volver instar á xunta a que elimine a normativa que mantén vedadas á cría de mexillón as zonas consideradas santuarios do percebe.
Aprobada polo Consello da Xunta a lei de igualdade. O seu obxectivo é impulsar o benestar laboral das mulleres e evitar calquera tipo de discriminación.
O diario La Región poderá seguir a difundir grabacións de conversas do alcalde de Ourense con terceiras persoas. A maxistrada considera que non está probado que as conversas foran grabadas de forma ilícita.
E os bateeiros retoman as súas concentracións. Esta mañá concentraranse en Santiago pra instar á Xunta a que elimine a normativa que mantén vedadas á cría de mexillón zonas consideradas santuarios de percebe.
"Sustentabilidade social empresarial"... unha liña máis na que traballar pra avanzar cara a igualdade entre homes e mulleres... e o primeiro lugar onde se regula é aquí, en Galicia. É un dos puntos que recolle a nova lei de igualdade aprobada hoxe no parlamento.
Día, no que a familia de Débora Fernández -a xove viguesa de 22 anos asasinada hai dúas décadas- recibiu boas novas FUNDAMENTAIS pra investigación e día tamén no que o alcalde de ourense, Gonzálo Pérez Jácome, encaixa un revés xudicial.
A xuiza de Tui que investiga a morte de Déborah Fernández de chamar a declarar ó forense Aitor Curiel. Foi o que elaborou o informe pericial no que sinala que a morte da moza foi provocada.
Estabilizado o incendio que se declarou onte á tarde con tres focos distintos. O lume queimou unhas 100 hectáreas e aínda que se achegou a algunhas casas non houbo que facer ningún desaloxo.
As catro da tarde, comeza a veda do polvo. Estará en vigor ata o día 3 de xullo. Na campaña que remata subiron as capturas pero baixaron algo os prezos.
Avogados de oficio das catro provincias galegas concentráronse este mediodía fronte ó Parlamento. Cifran en menos do 10 por cento a retribución que reciben en comparación ós compañeiros que exercen de forma privada.
O tempo continúa seco e hoxe con algunhas nubes máis ó norte onde as temperaturas son lgo máis baixas por influencia do vento.
- .A ministra de transportes falou este xoves en Ferrol do transporte ferroviario. Neste eido, suliñou que as obras das comunicacións do porto exterior da cidade rematarán no vindeiro ano para estar en funcionamento no 2025.
-. Pendentes do estado da saúde dun menor de idade tras ser apuñalado nunha perna durante a celebración das festas da Ascensión, en santiago
- .- .A cidade da Coruña será o epicentro pra celebración da vixésimo terceira edición do encontro nacional de familias con sindrome de Down.
- .A ministra de transportes falou este xoves en Ferrol do transporte ferroviario. Neste eido, suliñou que as obras das comunicacións do porto exterior da cidade rematarán no vindeiro ano para estar en funcionamento no 2025.
-. Pendentes do estado da saúde dun menor de idade tras ser apuñalado nunha perna durante a celebración das festas da Ascensión, en santiago
- .- .A cidade da Coruña será o epicentro pra celebración da vixésimo terceira edición do encontro nacional de familias con sindrome de Down.
Meses agardando ese momento e horas despois que o Ártabro, -o barco que inspeccionará o Vila de Pitanxo afundido en Terranova- zarpase, as vítimas piden que volte polas circunstancias nas que empredeu a viaxe. Deseguida lles explicamos qué ocorre.
E cruce de acusacións entre a Plataforma Galega en defensa da Sanidade pública e o Conselleiro Julio García Comesaña. A plataforma leva o pulso, e anuncia unha batería de accións.
- .Os problemas pra atopar vivenda nas cidades de Santiago e A coruña, continuan. Así o ratifica a asociación galega de inmobiliarias que incide en que non se está a cubrir toda a demanda que existe pra alugar pisos.
-. Sete concellos da provincia dependerán do futuro xulgado específico de Santiago pra asuntos de violencia de xénero. Algo que non convence ós letrados do partido xudicial nin ó colexio provincial de avogados.
- .O colectivo LGTBI + da Coruña mobilizouse este mércores pra pedir máis políticas que velen pola súa seguridad