Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Centos de persoas agardan en Ourense por intervencións que precisan dun TAC intraoperatorio que está estropeado. Deixou de funcionar hai 5 meses, pero non foi ata finais de abril cando o Sergas decidiu adquirir un novo dispositivo. Aínda non hai prazos pra súa posta en marcha, pra desesperación dos doentes afectados, que en moitos casos precisan intervencións urxentes.

En SAntiago, un congreso analiza os novos tratamentos pra tratar o cancro entre os máis cativos. Un encontro paroveitado polos profesionais pra reivindicar a necesidade de reforzos no sistema público.

A comisión que investiga os accidentes marítimos rectifica e conduce o buque encargado de buscar os restos do Pitanxo, primeiro a Sana Xoan de Terranova par recoller outros dous peritos: un designado polo xulgado que dirixe a investigación e outro que representa ás familias que agora sí se mostran satisfeitas

Deportes. A falta de dúas xornadas para que remate a Liga, o Celta queda a dous puntos do descenso. En baloncesto triunfo do Breogán que o achega a Europa.

O xuiz que leva o caso do naufraxio do villa de pitanxo confirma que o barco que inspecionará o pecio afundido e que partiu de Vigo o 17 de maio hacia canadá, recollerá mañá xoves a dous peritos máis, un xudicial e o outro da parte das familias. Ponse así fin a controversia sobre a legalidade da sua partida.