Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

De mañá en dúas semanas constituense as corporacións municipais saídas das eleccións do pasado domingo... queda moito tempo....pero a situción que deixaron as urnas non permite atisbar cal pode ser a solución final. Semella que ademáis deberán estar na mesma ecuación o concello da capital e a Deputación, con Jácome e Baltar como factores clave. Agora recollemos as últimas manifestacións dos protagonistas.

De novo, Manuel Baltar garda silencio. Deixoulle portavoz do PP na Deputación as explicacións sobre os audios nos que o seu irmán recoñece o cobro de comisións con diversas empresas constructutoras contratadas pola institución provincial. Plácio Álvarez atribúe as gravacións a unha campaña de desprestixio.
O presidente Alfonso Rueda tamén rexeita esas acusacións pero non aclara se Baltar volverá a se-lo candidato do PP á presidencia da Deputación. Iso si responsabiliza ó PSOE e ó BNG da imposibilidade de avanzar nun acordo para apartar a Gonzalo Pérez Jácome da alcaldía e é que os candidatos destas dúas formacións rexeitaron acudir a unha reunión esta tarde con aspirante do PP, Manuel Cabezas.

Este venres agárdase esclarecer se a auga de Betanzos é o problema que está causando o gromo de gastroenterite. Representantes do concello teñen previsto reunirse ó longo desta mañá con sanidade pra coñecer as últimas análises realizadas.

-En Santiago, hoxe cita do BNG con con compostela aberta de cara á formación dun goberno tripartito. é a segunda das reunións tras reunirse este xoves co PSOE.

-Preocupación na Costa da Morte pola praga de verme gris que está acabando coa colleita de millo destinada a forraxe pro gando.


- Sentenza favorable contra a construcción dun parque eólico ubicado entre Coristanco e Santa Comba. O alto tribunal galego estima o recurso de ADEGA e a plataforma 'pra defensa da cordillera cantabrica contra o acordo do consello da xunta que concedera a autorización

A dirección do PSdeG acepta abrir negociacións co Bloque pra establecer un pacto naqueles concellos on de suman maioría. Contactos que xa se puxeron en marcha en Santiago. Caso aparte é o de Ourense...alí o candidato do PP quere negociar cos aspirantes do PSdeG e do Bloque unha alternativa ó actual alcalde, pero tanto Luis Seara como Francisco Rodríguez remíteno ás direccións galegas.

E, noticias desde Terranova...localizada a estructura dun baraco... falta or saber se corresponde ó Pintnxo

Xornada de negociacións e planificación nos partidos politicos galegos a piques de se cumprir unha semana das eleccións municipáis.

Algunhas cidades, coma Ourense e Santiago, ultiman detalles e pactos pra cogobernar, mentres que as cúpulas autonómicas dan as súas directrices. Esta tarde foi a do PSDG quen reuniunu a executiva autonómica en Santiago pra esta fin.

A pouco máis de dúas semanas pra a constitución das novas corporacións e a elección dos alcaldes saidos das eleccións do domingo. Os partidos políticos comezan a definir a súa política de pactos. Esta tarde será a dirección do PSdeG a que explicará a súa posición.
Hai un caso aparte... Ourense, secadra máis enrevesado agora que no anterior mandato. E é que o acordo tería que ser a tres bandas PP, PSOE e BNG e non comparten os mesmos intereses.... Porque pra o PP o problema é Jácome... para o resto tamén Baltar.
Hoxe falou por primeira vez desde as votacións do domingo o candidato do PP á alcaldía de Ourense, Manuel Cabezas.

Continúan aumentando os casos de gastroenterite en Betanzos e polo de agora, descoñécese a orixe . O concello xa puso en marcha un dispositivo de cisternas pra abastecer a poboación con auga potable.

-O BNG de Santiago arranca hoxe co PSOE as negociacións de cara á formación do futuro goberno local.

-Na Coruña, esta tarde, reunirase a executiva local do PSdeG pra analizar os resultados das municipais e prepararse de cara as eleccións xerais.

- As enfermeiras do hospital da Coruña rexeitan a proposta do Sergas sobre o plus anual que propuxo a condición de realizar 105 horas de xornada complementaria dende xullo a xaneiro